Contra o pechamento da oficina de Igualdade e Benestar
2 Novembro, 2009 Sen clasificar Non hai comentariosEsta visto que queren destruír todos os servizos sociais. O PP anuncia, deixa caer, que vai pechar as oficinas de I+B que o BNG puxo en marcha desde as súas responsabilidades de goberno. Unha desas oficinas está en Baralla. Durante anos e anos, Baralla foi perdendo servizos públicos. E foi coa chegada do BNG ao goberno da Xunta, cando despois de moitos anos, abría en Baralla unha oficina dunha consellaría da Xunta de Galicia, un servizo público. O alcalde, e os seus altavoces, xa se encargaron desde un principio, de desacreditala. E agora van intentar dar un paso máis. Pero como fixemos coa oficina de Extensión Agraria, o BNG vai defender ese servizo público. Os veciños de Baralla xóganse moito nesa batalla.



