Por que Baralla non dispón de pediatra?
Novembro 10, 2009 8:25 am Grupo MunicipalPara poder vivir no rural necesitamos apostar polos servizos públicos. Entre eles os dedicados á infancia: atención pediátrica e gardaría infantil. Durante os últimos anos levamos varias iniciativas a Pleno para intentar que o alcalde se mollase para poñer en marcha a Galescola de Baralla (unha actuación que a Vicepresidencia xa lle asignara a Baralla). Pero ao sr. Capón non lle interesaba e por iso seguimos sen ela. Os do BNG tamén batallamos para que puideramos contar no Centro de Saúde de Baralla, cando menos algún día á semana, cun pediatra. Aí tampouco este alcalde se mollou. Ou é que en máis de 20 anos de alcaldía do PP non o puido conseguir? Nin sequera o intentou. O BNG volve insistir nese tema. Se queremos manter a poboación do concello, non nos queda outra. Máis servizos públicos, tamén para os cativos.



