Case un cuarto de século co mesmo (des)alcalde
6 Maio, 2010 Sen clasificar Comments OffEste luns, o Progreso ofrecía unha entrevista do Sr. Capón. A verdade é que é difícil concentrar tanta demagoxia en tan pouco espazo. O alcalde responsábel de que baixemos xa dos 3000 habitantes, fala de que repunta a natalidade. Será pola posibilidades de traballo que teñen os nosos mozos e mozas? Quen durante 20 anos como alcalde e co PP no goberno da Deputación e da Xunta non foi capaz de poñer en marcha o polígono industrial, atrévese a botarlle a culpa aos outros. Quen deixou marchar as gardas médicas de Baralla, atrévese a falar de que a Oficina de Igualdade non vale para nada. Se fose así, que non o é, porque non lle reclama á Xunta do PP máis funcións como lle pedimos? O BNG logrou o que el non fixo neses 2o anos: que se abrise unha oficina da Xunta en Baralla. E para que seguir… Máis de 20 anos co mesmo (des)alcalde abondan. Baralla precisa máis ca nunca un cambio. E o BNG está aí.



