Aparcadoiros para discapacitados

Acesos e pistas, Grupo Municipal Non hai comentarios

Estes días, o Concello está pintando as zonas de aparcamento reservado para discapacitados. E foron eleixir para unha delas, un punto ben pouco axeitado. Todos e todas coñecemos as dificultades de paso pola rúa denominada Irmáns Diaz Moreno, a que baixa (e sobe) desde a N-VI até Fabeiro, entre a Casa do Concello e a antiga docería. No seu día, o propio Concello incluso instalou bolardos de metal para impedir que se estacionase nese punto e agora sitúano como aparcamento para discapacitados. É máis, dada a estreitura da beirarrúa, un discapacitado, nin sequera podería utilizar unha cadeira de rodas. E a iso hai que engadirlle a perigosidade do cruzamento. E por suposto, séguense botando en falta a mellora de accesos ás beirarrúas.

A sinalización da N-VI

Acesos e pistas, Grupo Municipal Non hai comentarios

Coa chegada da auga e do inverno, faise necesaria a axilización dos traballos de reposición da sinalización viaria na N-VI, nos tramos nos que se realizaron traballos de conservación, para mellorar a seguridade deste tramo. E é preciso que se habiliten accesos seguros aos núcleos que atravesa a N-VI, como é caso de Constantín, Ferreiros, A Calvela, A Mocha, A Valiña, Ansareo, Pacios ou Sobrado de Picato, para permitir que os usuarios destas aldeas poidan contar con incorporacións seguras ao vial. Os de Constantín hai anos que veñen reclamando unha solución sen que o alcalde lles fixese caso ningún. Nin sequera o bus escolar pode acceder a recoller os alumnos e que tivo que ser o BNG quen denunciara no Concello esta situación. E foron os propios veciños os que a denunciaron publicamente, para destapar o que se pode cualificar de “pasotismo do alcalde”.

O BNG pide que se repoña a sinalización da N-VI


A estrada Baralla-O Cádavo

Acesos e pistas, Grupo Municipal, Área fluvial Non hai comentarios

  • Clica para ver partidas nos orzamentos

Nos orzamentos da Xunta para o ano 2009, xa aparece a primeira partida para a mellora da estrada Baralla-O Cádavo, neste caso para o proxecto e as expropiacións necesarias. Imos estar tamén atentos para informar os veciños e para que o proxecto respecte o máis posíble o valor ambiental e turístico da zona. Nese sentido, no seu día, xa levamos a pleno unha iniciativa para solicitarlle a Política Territorial incluíse a construción dun paseo fluvial-peonil na marxe esquerda dirección Baleira, entre Baralla e Neira de Rei. A zona méreceo.

A máis de dous “pedáneos” por parroquia

Acesos e pistas, Grupo Municipal, Área fluvial Non hai comentarios

Contaba hai uns días o xantar particular que organizou o alcalde polo San Vitorio. Ese que pagamos todos. Este venres pregunteille por el no Pleno, polo número de persoas que asistiron, polo custo e polos criterios do convite. O subsconciente xa o levou a respondernos que “lo voy a pagar yo”. Si, vostede vai asinar o pago, pero cos cartos de todos. Como sospeitaba o gasto supera os 3000 euros.Tamén me dixo que foran 153 persoas, despois de sumar empregados do Concello, parte da Corporación (nós non asistimos), Garda Civil, Xuíz de Paz e pedáneos (cos seus respectivos acompañantes). Pero claro non saen as contas. Porque gardas civís sabemos todos cantos hai e parroquias temos 30. Polo visto, ten máis de dous “pedáneos” por parroquia.

O abandono dos accesos … (máis…)

Acesos e pistas, Grupo Municipal Non hai comentarios

Máis unha vez temos que volver sobre o tema. Este alcalde ten abandonados os accesos aos núcleos. Un mes detrás doutro, temos que denunciar esta situación. Nin se actúa sobre os que xa están deteriorados, nin se actúa sobre os que empezan a estragarse, para evitar que se danen máis. xa falamos dos casos de Lebruxo, de Laxes, de Penouta, de Vilar de Francos, Ribadeneira, … e agora Recesende. Ou é que os 300 millóns das antigas pesetas de orzamento do Concello non dan para amañar as nosas pistas?

O Bloque de Baralla reclama a reparación de accesos a núcleos