A estrada Baralla-O Cádavo

Acesos e pistas, Grupo Municipal, Área fluvial Non hai comentarios

  • Clica para ver partidas nos orzamentos

Nos orzamentos da Xunta para o ano 2009, xa aparece a primeira partida para a mellora da estrada Baralla-O Cádavo, neste caso para o proxecto e as expropiacións necesarias. Imos estar tamén atentos para informar os veciños e para que o proxecto respecte o máis posíble o valor ambiental e turístico da zona. Nese sentido, no seu día, xa levamos a pleno unha iniciativa para solicitarlle a Política Territorial incluíse a construción dun paseo fluvial-peonil na marxe esquerda dirección Baleira, entre Baralla e Neira de Rei. A zona méreceo.

A máis de dous “pedáneos” por parroquia

Acesos e pistas, Grupo Municipal, Área fluvial Non hai comentarios

Contaba hai uns días o xantar particular que organizou o alcalde polo San Vitorio. Ese que pagamos todos. Este venres pregunteille por el no Pleno, polo número de persoas que asistiron, polo custo e polos criterios do convite. O subsconciente xa o levou a respondernos que “lo voy a pagar yo”. Si, vostede vai asinar o pago, pero cos cartos de todos. Como sospeitaba o gasto supera os 3000 euros.Tamén me dixo que foran 153 persoas, despois de sumar empregados do Concello, parte da Corporación (nós non asistimos), Garda Civil, Xuíz de Paz e pedáneos (cos seus respectivos acompañantes). Pero claro non saen as contas. Porque gardas civís sabemos todos cantos hai e parroquias temos 30. Polo visto, ten máis de dous “pedáneos” por parroquia.

E as subvencións?

Sen clasificar, Área fluvial Non hai comentarios

A pouco de rematar o ano, nada se sabe da convocatoria municipal de subvencións que estabelce a ordenanza en vigor. Nada se sabe das axudas que agradecerían as asociacións culturais, de mulleres, de veciños, os clubes deportivos que temos no concello. Nada se sabe, porque esa é a táctica deste alcalde.
Nós imos presentar unha iniciativa no próximo pleno para reclamar que abra esa convocatoria. Queremos transparencia e apoio ao traballo das asociacións e á vontade dos nosos deportistas.

Mocion BNG subvencións

Ordenanza reguladora de subvencións do Concello de Baralla

Unha área fluvial…?

Área fluvial Non hai comentarios

Cada día que pasa empeora a pinta das obras que o Concello está realizando ao lado do río. A “estrela” da actuación é a pista de tenis, algo que non ten razón de existir no que se pretendía que fose unha área fluvial. Por que se primou o cemento e non o adecentamento dunha zona de baño e a limpeza da zona, para contar ademais cun merendoiro e poder aproveitar os terreos para festas campestres? Pois a pregunta terá que respondela o alcalde, pero os resultados, desgraciadamente xa se ven.