PXOM e convenios
18 Xuño, 2008 Plan Xeral (PXOM) Non hai comentariosHai poucos días chegoume algunha información sobre un convenio urbanístico para edificar na parcela situada por detras do Centro Médico. De momento, nada hai de xeito oficial, que pasase pola Xunta de Goberno Local ou polo Pleno. Pero é curioso, cando menos, que xusto unhas semanas despois de se adxudicar a redacción do PXOM, “aparezan” convenios que poden limitar ou condicionar o deseño e o desenvolvemento do propio plan xeral de ordenación municipal. Estaremos atentos e xa veremos.
Ver anuncio BOP adxudicación PXOM

