Baralla precisa un Centro de Día

Sen clasificar Non hai comentarios

Xa lle pedimos na convocatoria do ano pasado que dedicase parte do diñeiro do Fondo Estatal do Goberno do Estado á primeira fase do Cnetro de Día de Baralla. Pero para este alcalde, para o Sr. Capón ese servizo non é prioritario. E nin o ano pasado nin este. O BNG pensa que Baralla precisa un Centro de Día, non só para os nosos maiores, senón tamén para permitir compatibilizar a súa atención co traballo das súas familias durante a xornada laboral. Se queremos apostar por ese servizo, Baralla debe apostar por un alcalde do BNG. Os veciños elixen.

O PP pecha a oficina de extensión agraria até “novo aviso”

Sen clasificar Non hai comentarios

Polo visto o noso alcalde vai permitir que se peche a Oficina de Extensión Agraria de Baralla. Mentres o BNG xestionou a Consellería de Medio Rural a oficina permaneceu aberta e aínda ben non volveu o PP xa a quere pechar.
Na porta da Oficina de Extensión Agraria leva varias semanas un cartel que advirte que vai permanecer “pechada ata novo aviso”, pero pasan os días, o “novo aviso non chega” e a oficina segue pechada. E son o alcalde e o PP, malia os anuncios de prensa, os responsábeis de que se peche a oficina. Esta é unha boa proba do futuro que queren para o noso concello.

Becerra Pardo reclama a reapertura da oficina de Extensión Agraria de Baralla, cerrada pola Xunta

SDC10203

O terzo envelenado

Sen clasificar Non hai comentarios

Nunca nas últimas décadas, padecemos un ataque tan visceral e calculado contra a nosa lingua. O PP colocou o galego na diana do exterminio. Véndenos ese malfadado trilingüismo como a panacea. Que curioso que non optasen por esa alternativa outros idiomas máis normalizados, seica para potencialos. Que curioso que en Alemaña non opten por introducir un 33 % de clases en inglés relegando o alemán a outro terzo. Que curioso que eses experimentos só os queiran facer co galego. Non, non é curioso. Está ben calculado. Se perdemos a nosa lingua, perdemos a nosa identidade. E iso sábeo ben o PP.

Portapapeles01

Anuncios…promesas….

Sen clasificar Non hai comentarios

Anuncios…promesas… Desde hai case catro anos, levamos reclamándolle ao alcalde que lle dese un servizo á antiga Casa do Médico. Que se fixese nela o Centro de Día ou puxese en marcha a galescola de Baralla. O BNG no Goberno xa a tiña prevista e Capón non moveu un dedo para poñela en marcha. Todo o contrario.Que se non había nenos, que se o Concello non ía poñer os cartos, que se o edificio non valía. Agora anuncia con López Abella e Raquel Árias que van construír a escola infantil. O PP que vai pechar a Oficina do Consorcio de Servizos Sociais de Baralla, o PP que mantén pechada a Oficina de Extensión Agraria,… ese PP, este alcalde, van poñer en marcha a Escola Infantil? Promesas.

Estragar un espazo

Grupo Municipal, Sen clasificar Non hai comentarios

meta name=”google” value=”notranslate”>A este alcalde é mellor non poñerlle cousas nas mans. Non hai máis que ver a solución “que lle está dando ao Campo da Feira de Sobrado. Polo visto, ao que se dedica é a malcopiar modelos alleos. Deulle por “rodear castiñeiros” de flores. Un espazo que o único que precisaba eran atencións pequenas. Ou é que se quere eliminar a feira que se celebra cada sete de cada mes?

Pechar servizos públicos:matar o futuro do concello

Sen clasificar Non hai comentarios

A diferenza está en crer e querer mellor futuro para os veciños e veciñas do concello, ou pensar atender antes outros intereses. O alcalde e o PP de Baralla votaron en contra de que siga aberra a Oficina de Igualdade e Benestar que se abriu no antigo comercio de Pedro de Airexe, co BNG no Goberno da Xunta. O alcalde e o PP son cómplices de que se vaia pechar este servizo público. Como xa o foron hai anos de que marchasen as urxencias médicas do Centro de Saúde. O dia do pleno, o alcalde falaba de bos e malos. Nesa tesitura, parece que hai algo ben claro: os bos son os que abren servizos públicos no rural. Os malos, os que os pechan.

Becerra criticó la pasividad por la pérdida de un servicio en Baralla

Lois Diéguez

Sen clasificar Non hai comentarios

Mañá pola tarde, os que dalgún xeito convivimos con el, queremos facer público e compartido o noso recoñecemento.
Non son eu dos que me gusta falar de homenaxes, e si máis de recoñecementos. Recoñecemento por traballo e dedicación, por amor e paixón, por compromiso e lealdade, por amizade e orgullo, por dignidade e firmeza, por alegría e por diálogo … Todo iso é Lois Diéguez. Éo para min, e cada quen, afortunadamente, decide a quen quere e con quen convive.

Contra o pechamento da oficina de Igualdade e Benestar

Sen clasificar Non hai comentarios

Esta visto que queren destruír todos os servizos sociais. O PP anuncia, deixa caer, que vai pechar as oficinas de I+B que o BNG puxo en marcha desde as súas responsabilidades de goberno. Unha desas oficinas está en Baralla. Durante anos e anos, Baralla foi perdendo servizos públicos. E foi coa chegada do BNG ao goberno da Xunta, cando despois de moitos anos, abría en Baralla unha oficina dunha consellaría da Xunta de Galicia, un servizo público. O alcalde, e os seus altavoces, xa se encargaron desde un principio, de desacreditala. E agora van intentar dar un paso máis. Pero como fixemos coa oficina de Extensión Agraria, o BNG vai defender ese servizo público. Os veciños de Baralla xóganse moito nesa batalla.

Os que eliminan as pensións

Sen clasificar Non hai comentarios

Pode parecer unha frase moi dura, pero o peor de todo é que é certa. O PP de Feijoo, o mesmo PP que nongoberna Baralla, acaba de anunciar que vai ELIMINAR, que lle vai sacar o complemento de 200 € para as pensións non contributivas que puxera en marcha o BNG desde o goberno da Xunta. É o mellor exemplo de cal é a política do PP. E xustamente nunha pensión que afecta maioritariamente ao rural de Lugo e ás mulleres.

Ver vídeo da TVG1

Ver vídeo da TVG2

Ver vídeo da TVG3

Ver noticia Voz de Galicia


Sentidiño común

Sen clasificar Non hai comentarios

Xa se sabe que ás veces é o menos común dos sentidos e que certas decisións, poden ser, cando menos discutíbeis. Pero tamén é certo que as decisións deben estar motivadas pola busca de solucións. Todo isto vén a conto da prohición de circulación que o alcalde estableceu no acceso a rúa do Centro de Saúde desde A Estrada de Aranza. Un servizo público como o sanitario debe ser prioritario á hora de deseñar un distibución da circulación viaria na vila, máxime cando parece evidente que para Baralla, polo índice de circulación, non sería necesaria esa prohibición. O outro día no pleno, preguntamos por esta decisión. Para o BNG é un erro. Ou é que no se podía manter a circulación nos dous sentidos con zona de aparcadoiro incluída? E ademais, que non se poida virar a esquerda, vai agravar a situacion no acceso dos escolares ao CPI.

Pica para ampliar as fotos

vacacións 09 068vacacións 09 062

« Entradas anteriores