23 Abril, 2010
Sen clasificar
Non hai comentarios
Desde xa hai tempo, viñemos demandando do alcalde que se interesase pola situación que se ía producir como consecuencia do apagamento analóxico e o paso á TDT. A realidade é que pouco ou nada se fixo e nestes momentos, semanas despois do cambio, segue a haber núcleos e parroquias con problemas. E o alcalde ten que darlles solución.

22 Abril, 2010
Sen clasificar
Non hai comentarios
O PP quere pechar o Centro de Especialidades da praza do Ferrol. Ese centro debe seguir cumprindo a súa función de atención aos pacientes, tendo en conta as características do persoal sanitario que traballa alí. Non cola que nos queiran vender unha mellora co seu traslado ao novo hospital. Pechar un servizo non é mellorar.

19 Abril, 2010
Sen clasificar
Non hai comentarios
Semanas despois do apagamento do sinal analóxio da televisión, seguimos con moitos probelmas de recepción da TDT. Aos responsábeis da Xunta e do PP enchéuselles a boca de falar das marabillosas porcentaxes de cobertura, pero a realidade do rural de Baralla é outra. Quedan zonas nas que non se recibe a TDT e en boa parte do concello non entran as canles vinculadas á televisión pública estatal: a 1, a 2, 24 H, Clan TV… En repetidas ocasións pedímoslle ao alcalde que adiantase actuacións para que non se dese esta situación, para que todos os veciños e veciñas tivesen acceso á TDT. Pero xa se sabe que o seu non é traballar. E así nos vai. Tamén no asunto da tele.
8 Abril, 2010
Sen clasificar
Non hai comentarios
Onte foi o Consello Escolar de Galiza -tamén- o que pediu a retirada do decretazo contra o galego. E o día 17 temos que participar no festival de Pontevedra. O noso idioma ben merece ese esforzo.
Para mercar as entradas QUEREMOS-GALEGO/FESTIVAL
9 Febreiro, 2010
Sen clasificar
Non hai comentarios
Xa lle pedimos na convocatoria do ano pasado que dedicase parte do diñeiro do Fondo Estatal do Goberno do Estado á primeira fase do Cnetro de Día de Baralla. Pero para este alcalde, para o Sr. Capón ese servizo non é prioritario. E nin o ano pasado nin este. O BNG pensa que Baralla precisa un Centro de Día, non só para os nosos maiores, senón tamén para permitir compatibilizar a súa atención co traballo das súas familias durante a xornada laboral. Se queremos apostar por ese servizo, Baralla debe apostar por un alcalde do BNG. Os veciños elixen.
19 Xaneiro, 2010
Sen clasificar
Non hai comentarios
Polo visto o noso alcalde vai permitir que se peche a Oficina de Extensión Agraria de Baralla. Mentres o BNG xestionou a Consellería de Medio Rural a oficina permaneceu aberta e aínda ben non volveu o PP xa a quere pechar.
Na porta da Oficina de Extensión Agraria leva varias semanas un cartel que advirte que vai permanecer “pechada ata novo aviso”, pero pasan os días, o “novo aviso non chega” e a oficina segue pechada. E son o alcalde e o PP, malia os anuncios de prensa, os responsábeis de que se peche a oficina. Esta é unha boa proba do futuro que queren para o noso concello.

14 Xaneiro, 2010
Sen clasificar
Non hai comentarios
Nunca nas últimas décadas, padecemos un ataque tan visceral e calculado contra a nosa lingua. O PP colocou o galego na diana do exterminio. Véndenos ese malfadado trilingüismo como a panacea. Que curioso que non optasen por esa alternativa outros idiomas máis normalizados, seica para potencialos. Que curioso que en Alemaña non opten por introducir un 33 % de clases en inglés relegando o alemán a outro terzo. Que curioso que eses experimentos só os queiran facer co galego. Non, non é curioso. Está ben calculado. Se perdemos a nosa lingua, perdemos a nosa identidade. E iso sábeo ben o PP.

18 Decembro, 2009
Sen clasificar
Non hai comentarios
Anuncios…promesas… Desde hai case catro anos, levamos reclamándolle ao alcalde que lle dese un servizo á antiga Casa do Médico. Que se fixese nela o Centro de Día ou puxese en marcha a galescola de Baralla. O BNG no Goberno xa a tiña prevista e Capón non moveu un dedo para poñela en marcha. Todo o contrario.Que se non había nenos, que se o Concello non ía poñer os cartos, que se o edificio non valía. Agora anuncia con López Abella e Raquel Árias que van construír a escola infantil. O PP que vai pechar a Oficina do Consorcio de Servizos Sociais de Baralla, o PP que mantén pechada a Oficina de Extensión Agraria,… ese PP, este alcalde, van poñer en marcha a Escola Infantil? Promesas.
14 Decembro, 2009
Grupo Municipal, Sen clasificar
Non hai comentarios
meta name=”google” value=”notranslate”>A este alcalde é mellor non poñerlle cousas nas mans. Non hai máis que ver a solución “que lle está dando ao Campo da Feira de Sobrado. Polo visto, ao que se dedica é a malcopiar modelos alleos. Deulle por “rodear castiñeiros” de flores. Un espazo que o único que precisaba eran atencións pequenas. Ou é que se quere eliminar a feira que se celebra cada sete de cada mes?