Programa 2007
Os compromisos do BNG cos veciños e veciñas do Concello de Baralla
UN PROGRAMA PARA GOBERNAR
Comprométese a desenvolver o PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
Un plan xeral de ordenación municipal, para ordenar e permitir a construción dentro da vila e nos distintos núcleos do concello.
O cabeza de lista e candidato á alcaldía, Xosé Manuel Becerra Pardo, asume a URBANIZACIÓN DO SOLO INDUSTRIAL DA MOCHA nos seis primeiros meses do seu mandato para poñelo a disposición dos interesados
Asume o compromiso de iniciar a urbanización dos terreos do Solo Industrial da Mocha nos seis primeiros meses do seu mandato, para que os nosos mozos e mozas poidan atopar traballo no noso concello.
Comprométese a completar no primeiro ano do seu mandato o ALUMEADO PÚBLICO EN TODOS OS NÚCLEOS do concello que aínda están sen el
Vai poñer en marcha un PLAN DE PROMOCIÓN TURÍSTICA do concello.
Habilitaranse Rutas De Sendeirismo E De Patrimonio:
Ruta do Neira
Ruta dos Muíños
Ruta das Igrexas
Ruta dos Pazos
Ruta da Calzada Romana
Posta en valor e sinalización da derivación do CAMIÑO FRANCÉS a Compostela por Baralla

Sinalización e promoción da CALZADA ROMANA ao seu paso por Baralla
Recuperación do Patrimonio Histórico
Comprométese a recuperar o RÍO NEIRA como elemento identificador do concello.
- limpeza e recuperación do seu potencial e fama como río de pesca.
- recuperación da FESTA DA TROITA, en colaboración coa hostalería de Baralla.
- celebración dun CAMPIONATO GALEGO DE PESCA SEN MORTE.
O BNG vai solucionar os problemas de ABASTECEMENTO E TRAÍDA DE AUGA aínda pendentes (cortes en baralla, abastecemento de Acivido, Sudrio, Teixeira, Vilasantán, Camporredondo, A Condomiña, Mazaille….)
Comprométese a mellorar o SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO coa instalación ordenada e rigorosa de colectores de recollida e aumentando e mellorando o servizo
- aumento da Recollida de Plásticos Agrícolas.
- selaremos o vertedoiro de lixo do río Neira
Poñeremos en marcha un PLAN DE CONSERVACIÓN DAS PISTAS E ACESOS de actuación mensual. 
 

Prioridade para as EMPRESAS DE BARALLA NAS OBRAS PÚBLICAS DO CONCELLO
REDUCIÓN DO IMPOSTO DE CIRCULACIÓN PARA CAMIÓNS NUN 10 % e nun 5 % para o resto de vehículos
Habilitación dunha ZONA PÚBLICA DE ESTACIONAMENTO PARA CAMIÓNS
CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO DE APOIO E AXUDA PARA AS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS e de apoio e asesoramento aos empresarios do sector da madeira
Para a realización de obras e proxectos de mellora, tramitación de documentación, catastro, cambios e unificación de parcelas, banco de terras, asesoramento en forestación do monte, etc.

Estudo de programas de traballadores agrarios para substitución dos titulares das explotacións por vacacións.
Asesoramento e axudas aos empresarios locais da madeira. Contratación das empresas de Baralla para labores de limpeza e protección de núcleos
Poñeremos en marcha en colaboración cos restaurantes e bares do concello un PROGRAMA DE ACTIVIDADES E PROMOCIÓN e unha liña de axudas para melloras e ampliación
O BNG propón a realización dunha campaña publicitaria e un programa de actividades para revitalizar o sector dos restaurantes e bares, tanto da vila como do rural. Comprométese, en colaboración co Consellería de Industria, á edición dun folleto publicitario dos locais e ao financiamento dunha páxina web dos locais do concello. Promoción do turismo rural.
Remataremos a REDE DE SANEAMENTO DA VILA e iniciar un programa alternativo de SANEAMENTO NAS ALDEAS
O candidato á alcaldía, Xosé Manuel Becerra, comprométese a realizar a AREA FLUVIAL DE BARALLA nos seis primeiros meses do seu mandato
Comprométese a poñer en marcha a GALESCOLA DE BARALLA no seu primeiro ano de mandato
Comprométese a que Baralla conte cun CENTRO DE DÍA PARA MAIORES en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta de Galiza. Aproveitamento da antiga casa do médico
Construción en colaboración coa Consellería de Vivenda e Solo de VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA
AXUDAS ECONÓMICAS A MOZOS/AS para a compra e rehabilitación de vivendas
Reorganización e reorientación dos servizos sociais
Aumentaremos o SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO para maiores cubrindo toda a demanda.
- contratación de máis persoal para cubrir o 100 % das necesidades
- fomento e asesoramento para a creación de cooperativas de traballo (comida a domicilio) ou calquera outra iniciativa de emprego
Promoveremos a extensión de INTERNET NO RURAL e da TDT

AMAÑO DAS ESCOLAS RURAIS do Concello: A Condomiña e San Martiño, Sixirei, Vale, Piñeira, Guimarei, Constantín, Mátela, Sobrado, Recesende, Vilasantán, Camporredondo, estudo da Recuperación da Escola da Pena, …
Mellora da situación e das condicións do POLIDEPORTIVO MUNICIPAL (limpeza quincenal) e a fomentar e apoiar o deporte escolar e xuvenil
-colocación de INFRAESTRUTURAS DE XOGOS E DEPORTE NAS ALDEAS
- apoio a calquera actividade deportiva e lúdica
- colaboración coa Asociación Amigos do Cabalo:
Festa do cabalo
Sinalización de rutas
Poñeremos en marcha un sistema de limpeza regular do pavillón polideportivo que evite os problemas de po existentes. Comprométese a fomentar e apoiar o deporte e á instalación de pequenas infraestruturas deportivas nas aldeas para o baloncesto, o fútbol, etc.
Dedicaremos o 5 % (100.000 €) DO ORZAMENTO MUNICIPAL A ACTIVIDADES CULTURAIS e de lecer para todas as idades
Apoio expreso ás asociacións culturais e de veciños existentes
PROGRAMA DE ACTIVIDADES MENSUAL: cine, teatro, conferencias, cursos, etc. Aproveitamento do centro socio-cultural.
Fomento e potenciación en colaboración con Airiños do Neira e os Malugreiros, na vila e nas aldeas, do entroido, os reis, o festival de música tradicional, recuperación da festa do maios.
Fomento do uso da lingua galega: execución do Plan de Normalización Lingüística aprobado no Parlamento galego.
Posta en marcha, en convenio cos taxistas de Baralla, un SERVIZO DE TRANSPORTE AO PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA DO CORGO en festivos e domingos para os pacientes de enfermería.
Demanda do Servizo de Pediatría no centro de saúde de Baralla
Melloras do servizo do centro médico: ampliación de persoal e de medios
Colocación de PASOS DE PEÓNS na travesía de Baralla
Amaño da ESTRADA N-VI ao seu paso polo concello de Baralla
Colocación de REEMISORES DE TELEVISIÓN e de radio pendentes
Sinalización do PATRIMONIO E DOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN
Urbanización das rúas do CASCO URBANO de Baralla

Desenvolvemento URBANÍSTICO DE FABEIRO E SEXTELO: modificación
urxente das Normas Subsidiarias para permitir a construción nesa zona
BECAS DE AXUDA AO ESTUDO para alumnos de familias con poucos recursos
Recuperación e fomento da FESTA DE SAN VITORIO
Subvencións as FESTAS PATRONAIS dos núcleos
ELECTRIFICACIÓN RURAL: Vilarpunteiro, Castrolanzán e outras zonas pendentes
Mellora do tendido de Lamas e Pacios
Adecentamento do CAMPO DA FEIRA DE SOBRADO
Adecentamento dos ESPAZOS PÚBLICOS DA CALVELA
Amaño e adecentamento de todas as FONTES PÚBLICAS: Matela, Pacios, Fonte de Val (Ponte de Neira), …
AMPLIACIÓN DO HORARIO da biblioteca pública
OBRAS INMEDIATAS DE MEDIO RURAL E DE AMAÑO URXENTE DE PISTAS:
|
Val-Cernadas-Fonte dos Poios
|
Traspena-Acivido-Santo André
|
|
Acesos a Sanamede
|
Baralla-Constantín-Gundián
|
|
Acesos a Sudrio
|
Pista Lamas-Mazaille
|
|
Pista Basille-Santa Xusto-Áspora
|
Acesos en Vilachambre
|
|
Espiña-Lamas
|
Teixeira de Arriba-Biduedo
|
|
San Martiño-Riosubil
|
Guimarei-Quintela
|
|
Accesos na Calvela
|
Accesos en Pol
|
A candidatura do BNG ao concello de Baralla co Conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco

|