Programa 2007

 

 Candidatura 

Os compromisos do BNG cos veciños e veciñas do Concello de Baralla

 

UN PROGRAMA PARA GOBERNAR

 

Comprométese a desenvolver o PLAN XERALfoto-plan-xeral-2.jpg DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

Un plan xeral de ordenación municipal, para ordenar e permitir a construción dentro da vila e nos distintos núcleos do concello.

 

 

 

 

O cabeza de lista e candidato á alcaldía, Xosé Manuel Becerra Pardo, asume a URBANIZACIÓN DO mocha.JPGSOLO INDUSTRIAL DA MOCHA nos seis primeiros meses do seu mandato para poñelo a disposición dos interesados

 

 

 

 

 

 

 

Asume o compromiso de iniciar a urbanización dos terreos do Solo Industrial da Mocha nos seis primeiros meses do seu mandato, para que os nosos mozos e mozas poidan atopar traballo no noso concello.

 

Comprométese a completar no primeiro ano do seu mandato o ALUMEADO PÚBLICO EN TODOS OS NÚCLEOS do concello que aínda están sen el

Vai poñer en marcha un PLAN DE PROMOCIÓN TURÍSTICA do concello.

Habilitaranse Rutas De Sendeirismo E De Patrimonio:ruta-do-patrimonio-2.jpg

Ruta do Neira

Ruta dos Muíños

Ruta das Igrexas

Ruta dos Pazos

Ruta da Calzada Romana

 

Posta en valor e sinalización da derivación do CAMIÑO FRANCÉS a Compostela por Baralla

ruta-do-camino-de-santiago-por-baralla-2.jpg

Sinalización e promoción da CALZADA ROMANA ao seu paso por Baralla

Recuperación do Patrimonio Histórico

 

Comprométese a recuperar o RÍO NEIRA como elemento identificador do concello.

- limpeza e recuperación do seu potencial e fama como río de pesca.ruta-rio-neira-2.jpg

- recuperación da FESTA DA TROITA, en colaboración coa hostalería de Baralla.

- celebración dun CAMPIONATO GALEGO DE PESCA SEN MORTE.

 

O BNG vai solucionar os problemas de ABASTECEMENTO E TRAÍDA DE AUGA aínda pendentes (cortes en baralla, abastecemento de Acivido, Sudrio, Teixeira, Vilasantán, Camporredondo, A Condomiña, Mazaille….)

 

lixo-estrado-2.jpgComprométese a mellorar o SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO coa instalación ordenada e rigorosa de colectores de recollida e aumentando e mellorando o servizovertedoiro-ardendo-2.jpg

 

 

– aumento da Recollida de Plásticos Agrícolas.

– selaremos o vertedoiro de lixo do río Neira

 

 

Poñeremos en marcha un PLAN DE CONSERVACIÓN DAS PISTAS E ACESOS de actuación mensual.estadio-das-pistas-2.jpgestado-das-pistas-2-peq.jpg

estado-das-pistas-peq.jpgestado-das-pistas-3-peq.jpg

estado-das-pistas4-peq.jpg

 

 

Prioridade para as EMPRESAS DE BARALLA NAS OBRAS PÚBLICAS DO CONCELLO

REDUCIÓN DO IMPOSTO DE CIRCULACIÓN PARA CAMIÓNS NUN 10 % e nun 5 % para o resto de vehículos

Habilitación dunha ZONA PÚBLICA DE ESTACIONAMENTO PARA CAMIÓNS

CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO DE APOIO E AXUDA PARA AS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS e de apoio e asesoramento aos empresarios do sector da madeira

Para a realización de obras e proxectos de mellora, tramitación de documentación, catastro, cambios e unificación de parcelas, banco de terras, asesoramento en forestación do monte, etc.

perda-de-empresas-2.jpg

Estudo de programas de traballadores agrarios para substitución dos titulares das explotacións por vacacións.

Asesoramento e axudas aos empresarios locais da madeira. Contratación das empresas de Baralla para labores de limpeza e protección de núcleos

Poñeremos en marcha en colaboración cos restaurantes e bares do concello un PROGRAMA DE ACTIVIDADES E PROMOCIÓN e unha liña de axudas para melloras e ampliaciónbaralla-vila-2.jpg

O BNG propón a realización dunha campaña publicitaria e un programa de actividades para revitalizar o sector dos restaurantes e bares, tanto da vila como do rural. Comprométese, en colaboración co Consellería de Industria, á edición dun folleto publicitario dos locais e ao financiamento dunha páxina web dos locais do concello. Promoción do turismo rural.

Remataremos a REDE DE SANEAMENTO DA VILA e iniciar un programa alternativo de SANEAMENTO NAS ALDEAS

O candidato á alcaldía, Xosé Manuel Becerra, comprométese a realizar a AREA FLUVIAL DE BARALLA nos seis primeiros meses do seu mandatozona-area-fluvial-2.jpg

Comprométese a poñer en marcha a GALESCOLA DE BARALLA no seu primeiro ano de mandato

Comprométese a que Baralla conte cun CENTRO DE DÍA PARA MAIOREScasa-do-medico-centro-de-dia-2.jpg en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta de Galiza. Aproveitamento da antiga casa do médico

Construción en colaboración coa Consellería de Vivenda e Solo de VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA

AXUDAS ECONÓMICAS A MOZOS/AS para a compra e rehabilitación de vivendas

Reorganización e reorientación dos servizos sociais

Aumentaremos o SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO para maiores cubrindo toda a demanda.

- contratación de máis persoal para cubrir o 100 % das necesidades

- fomento e asesoramento para a creación de cooperativas de traballo (comida a domicilio) ou calquera outra iniciativa de emprego

Promoveremos a extensión de INTERNET NO RURAL e da TDT

foto-concello.JPG

AMAÑO DAS ESCOLAS RURAIS do Concello: A Condomiña e San Martiño, Sixirei, Vale, Piñeira, Guimarei, Constantín, Mátela, Sobrado, Recesende, Vilasantán, Camporredondo, estudo da Recuperación da Escola da Pena, …

Mellora da situación e das condicións do POLIDEPORTIVO MUNICIPAL (limpeza quincenal) e a fomentar e apoiar o deporte escolar e xuvenil

-colocación de INFRAESTRUTURAS DE XOGOS E DEPORTE NAS ALDEAS

- apoio a calquera actividade deportiva e lúdica

- colaboración coa Asociación Amigos do Cabalo:

Festa do cabalo

Sinalización de rutas

Poñeremos en marcha un sistema de limpeza regular do pavillón polideportivo que evite os problemas de po existentes. Comprométese a fomentar e apoiar o deporte e á instalación de pequenas infraestruturas deportivas nas aldeas para o baloncesto, o fútbol, etc.

Dedicaremos o 5 % (100.000 €) DO ORZAMENTO MUNICIPAL A ACTIVIDADES CULTURAIS e de lecer para todas as idades

Apoio expreso ás asociacións culturais e de veciños existentes

PROGRAMA DE ACTIVIDADES MENSUAL: cine, teatro, conferencias, cursos, etc. Aproveitamento do centro socio-cultural.

Fomento e potenciación en colaboración con Airiños do Neira e os Malugreiros, na vila e nas aldeas, do entroido, os reis, o festival de música tradicional, recuperación da festa do maios.

Fomento do uso da lingua galega: execución do Plan de Normalización Lingüística aprobado no Parlamento galego.

Posta en marcha, en convenio cos taxistas de Baralla, un SERVIZO DE TRANSPORTE AO PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA DO CORGO en festivos e domingos para os pacientes de enfermería.

Demanda do Servizo de Pediatría no centro de saúde de Baralla

Melloras do servizo do centro médico: ampliación de persoal e de medios

Colocación de PASOS DE PEÓNS na travesía de Baralla

 

nacional-vi-2.jpgAmaño da ESTRADA N-VI ao seu paso polo concello de Baralla

 

 

 

 

Colocación de REEMISORES DE TELEVISIÓN e de radio pendentes

Sinalización do PATRIMONIO E DOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN

Urbanización das rúas do CASCO URBANO de Baralla

ruas-de-baralla-2.jpg

Desenvolvemento URBANÍSTICO DE FABEIRO E SEXTELO: modificación

urxente das Normas Subsidiarias para permitir a construción nesa zona

BECAS DE AXUDA AO ESTUDO para alumnos de familias con poucos recursos

Recuperación e fomento da FESTA DE SAN VITORIO

Subvencións as FESTAS PATRONAIS dos núcleos

ELECTRIFICACIÓN RURAL: Vilarpunteiro, Castrolanzán e outras zonas pendentes

Mellora do tendido de Lamas e Pacios

Adecentamento do CAMPO DA FEIRA DE SOBRADO

Adecentamento dos ESPAZOS PÚBLICOS DA CALVELA

Amaño e adecentamento de todas as FONTES PÚBLICAS: Matela, Pacios, Fonte de Val (Ponte de Neira), …

AMPLIACIÓN DO HORARIO da biblioteca pública

OBRAS INMEDIATAS DE MEDIO RURAL E DE AMAÑO URXENTE DE PISTAS:

Val-Cernadas-Fonte dos Poios

Traspena-Acivido-Santo André

Acesos a Sanamede

Baralla-Constantín-Gundián

Acesos a Sudrio

Pista Lamas-Mazaille

Pista Basille-Santa Xusto-Áspora

Acesos en Vilachambre

Espiña-Lamas

Teixeira de Arriba-Biduedo

San Martiño-Riosubil

Guimarei-Quintela

Accesos na Calvela

Accesos en Pol

 

A candidatura do BNG ao concello de Baralla co Conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco

candidatura2.jpg



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.