2
Mai
2007
Ribeiro.tv

Mentres actualizo a páxina podes seguir a miña actividade política na web comarcal do BNG-RIBEIRO. www.ribeiro.tv

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »
20
Abr
2007
Presentación da Candidatura
22 Abril 2007
5:00 pma7:00 pm

presenta castrelo 

O domingo 22 de Abril ás 5 da tarde no Colexio Público de Astariz, presentaremos a nosa Candidatura á Alcaldía de Castrelo de Miño.

Acompañaranos o Alcalde de Allariz, Paco García e a Vicepresidenta do Parlamento de Galiza, Tereixa Paz.

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »
20
Abr
2007
Reunión do Delegado de Innovación e Industria

Hoxe venres mantiven unha xuntanza en Ribadavia co Delegado de Innovación e Industria, sobre distintos proxectos que a Consellería pode desenvolver en Castrelo de Miño (Rede inalámbrica de banda larga de conexión a internet, xuntanzas nos vindeiros días con empresarios de Castrelo de Miño…)

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »
19
Abr
2007
Reunión coa Conselleira de Vivenda e Solo

Como lle prometeramos aos representantes das distintas asociacións da comarca, xestionamoslle unha xuntanza coa compañeira Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda da Xunta de Galiza, para aportar información sobre o Parque Medioambiental de Galiza en Carballeda de Avia. Asistiron membros do Foro Social, de Coto do Frade, de Ridimoas e de Amigos da Terra.

Foi unha xuntanza moi enriquecedora na que a Conselleira informou e escoitou as opinións manifestadas por todos os alí presentes. Comprometeuse e manter unha nova xuntanza con todos no vindeiro mes de Xuño, á que tamén invitará ao Conselleiro de Medio Ambiente.

Posteriormente, mantivemos un encontro sobre Castrelo de Miño, para incorporar ao noso programa de goberno.

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »
18
Abr
2007
Comisión Electoral Provincial

Como responsable comarcal do Ribeiro, asisto a reunión da comisión electoral da provincia de Ourense. Seguimos avanzando na coordenación da campaña electoral.

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »
16
Abr
2007
Envío de cartas aos nosos veciños da emigración

Xuntamonos hoxe luns para imprimir e ensobrar a carta que redactamos nestes derradeiros días na que nos diriximos aos nosos veciños emigrantes. Como xa dixen hai uns días, estamos convencidos de que teñen que ser partícipes deste cambio que se vai producir en Castrelo de Miño.

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »
13
Abr
2007
Consello Nacional do BNG

Vou até Santiago de Compostela ao Consello Nacional do BNG. Aprobamos por unanimidade todas as candidaturas de Galiza. Imos presentar listas en todos os Concellos do País.

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »
8
Abr
2007
A emigración é protagonista

Xuntámonos de novo este domingo 8 de abril. Acordamos redactar unha carta para facer chegarlle a nosa lista e o noso programa aos nosos veciños da emigración. Queremos facelos participes no cambio que se vai producir en Castrelo de Miño.

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »
7
Abr
2007
Consello Comarcal do BNG Ribeiro

Como responsable comarcal do BNG estiven en Ribadavia no Consello Comarcal de hoxe venres. Rematamos a confección das listas nos 10 concellos do Ribeiro e na entidade local menor de Berán. Por primeira vez na historia da nosa organización, imos presentar listas en todo O Ribeiro. Saímos todos orgullosos e satisfeitos.

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »
3
Abr
2007
Reunión co Foro Social

Como responsable comarcal do BNG Ribeiro, mantiven hoxe unha xuntanza cos representantes do Foro Socila Queremos Saber, que como o seu propio nome indica, nos piden información sobre o Parque Medioambiental de Galiza que ubicará en Carballeda de Avia.

Sobre ese asunto, o BNG do Ribeiro ten un posicionamente público que se pode consultar en www.bng-ribeiro.org .

Quedamos en xestionarlles neste mes unha xuntanza coa compañeira Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza.

Escrito por xurxo | Sen Comentarios »