Nota de Prensa do BNG de Ares

  • O BNG ASEGURA QUE O ALCALDE DE ARES QUERE PASARLLE AGORA AO RESTO DOS GRUPOS, A DUBIDOSA XESTIÓN QUE SE ESTÁ A FACER CO “BLUE STAR”
  • NA PRIMEIRA REUNIÓN DE PORTAVOCES, PASADOS CINCO DÍAS DO ENCALLAMENTO, NEGOUSE A ASUMIR A NECESIDADE DE INFORMACIÒN E TRANSPARENCIA PREVIA SOBRE O ACCIDENTE

Canto tiñan pasados cinco días desde o encallamento do “Blue Star” na ría de Ares, o alcalde de Ares convocou unha reunión de portavoces, que se celebrou onte á noitiña. Logo dunha longa exposición -na que pouco máis aportou que o que xa dixera aos medios de comunicación- o BNG demandou maior claridade e transparencia sobre a situación; tanto para os membros da corporación como para o conxunto da cidadanía e, moi especialmente, para as xentes que viven do mar.

Lonxe de asumir as demandas -máis que lóxicas, por outra parte- feitas desde o BNG, o alcalde adicouse a insultar e denigrar ao portavoz municipal do BNG, sin deixar rematar a súa quenda expositiva para, a continuación, levantar a sesión sin que o portavoz do BNG rematese a súa intervención.

ó, ú:

1.- Resulta inexplicábel que a primeira autoridade municipal tardase 5 días en convocar á xunta de voceiros para explicar o acontecido, cando tiña información desde o primeiro día. Nese período de tempo asistimos, con certa estupefación, a reiteradas declaracións do alcalde nas que minimizaba a situación dicindo que non había perigo, xustificaba as actuacións levadas a cabo para, supostamente, remolcar o barco e sempre, curiosamente, facendo de altofalante dunhas autoridades responsábeis de salvamento marítimo que nunca apareceron por Ares para dar a cara.

2.- Sorprendentemente, cando xá é evidente que os traballos que se estaban a facer non deron resultado, o alcalde tenta cambiar o rexistro; pasando a falar de suposta desconsideración ao concello e mesmo tentando erixirse no adalide de reivindicacións. E aí é onde pretende agora que o resto dos grupos comulguemos con todo o acontecido cando nen fomos informados nen tampouco compartimos todo o que se leva feito neste proceso.

3.- Non nos sentimos representadas por un alcalde que, ademáis de demostrar mala educación e irresponsabilidade no seu cargo institucional, fica máis preocupado polo
seu nível de protagonismo que pola realidade do que estamos a vivir. Mágoa que logo do seu silenzo cómplice desque no 2014 se pubricase a Orde de Fomento que “oficializaba” a zona de libre fondeo na nosa ría – que representa un risco permanente- permaneza agora sorprendido polo acontecido.

En todo caso, sempre desde a responsabilidade, máis tamén desde a máxima transparencia, o á ó ó , í , á ó . .

CONSELLO LOCAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO. ARES

Share Button