Orzamentos 2020 Concello de Ares


Os Orzamentos de 2020 siguen na liña xeral dos anteriores. En canto aos investimentos inclúense unha das nosas propostas que vimos repetindo hai anos; acometer obras de reposición e novas liñas do abastecemento en Ares. Aínda así, non é a solución definitiva e consideramos que tiña que ser máis importante as partidas dirixidas a este tema.

Solicitamos novamente que se cubra a praza de Interventor/a debido aos graves problemas de fiscalización e descontrol, tanto na partida de gastos como de ingresos, da mesma maneira pedimos que se aumente a plantilla da Policía Local (que conta agora con dous membros) para ter o servizo atendido. En canto á plantilla de Persoal, coincide o Secretario no seu informe, en que está sobredimensionada e distintos servizos mínimamente atendidos, o cal repercute negativamente na organización administrativa.

Non se concretan os proxectos que se inclúen nos investimentos.

Adicacións exclusivas, parciais e asignación a grupos municipais 

Mostramos o noso rexeitamento ao aumento das partidas, colocando as adicacións exclusivas en 26.463,57 € -igual que o persoal de confianza- e a parcial en 16.400 €, así como a suba tamén na asignación a grupos que non foi participada nin consensuada coa oposición.

Baixa a débeda viva a costa da suba nos ingresos por impostos, froito da forte política fiscal que o goberno dirixe á veciñanza para facer fronte ao Plan de Axuste.

Siguen si atenderse as nosas peticións:

A política de Subvencións Nominativas ás entidades volveser “a dedo”, sin valorar o traballo e repercusión dos distintos colectivos resultando dun reparto inxusto.

Continúase cunha política insfraestrutural dirixida a aumentar o gasto de mantemento, con novos convenios en propiedades (Reitoral de Cervás, Chanteiro, etc…) sin finalidade concreta.

Non se contemplan os investimentos que vimos reclamando desde hai anos; Ampliación do CPI As Mirandas, Construción dun novo Clube de Remo, novos vestiarios para o Numancia no Campo de Prados Vellos, etc…

Non hai políticas de apoio ao emprendemento, de creación de emprego, de apoio ao Comercio Local, nin de aproveitamento dos recursos naturais, nomeadamente do sector pesqueiro marisqueiro e agoforestal.

O Orzamento de 6.512.396,68 non se axusta á realidade xa que contén unha importante partida de “Dereitos pendentes de cobro” que non é posible cobralos.

O Secretario-Interventor suliña no seu informe “a necesidade dunha forte disciplina fiscal, incrementando as medidas de contención/aforro do gasto corrente e a eficiencia no gasto, mediante unha xestión do gasto racional e controlada e actuacións relativas a reducir os gastos correntes”, advertencia que leva feito desde hai anos e que o goberno municipal négase a realizar.

O Alcalde négase ao debate e á explicación do Proxecto de Orzamento

No pleno de aprobación dos Orzamentos, o Grupo de Goberno negóuse a debatir o documento orzamentario e a respostar ás nosas posicións. Unha demostración de falta de respecto á institución e á veciñanza lexítimamente representada polos concelleiros da oposición.

Share Button