Subvencións a dedo ás entidades

Durante anos vimos denunciando a práctica de repartir as “subvencións a entidades” de maneira opaca e a dedo mediante a fórmula das subvencións nominativas e sin aterse ao “Regulamento para a concesión de subvencións municipais a entidades se ánimo de lucro do Concello de Ares”, publicado no BOP Nº 238 de 15-10-2008.

Priorízase desta maneira o interesés partidista por parte do goberno municipal, en contra do interés xeral. Detúrpase a fórmula de “Subvencións a Entidades”, que teñen que ceñirse ao Regulamento antes citado para atender de maneira clara e transparente ao cumplimento das circunstancias do interés xeral.

Da mesma maneira, detúrpase tamén a fórmula de “Subvencións Nominativas”, xa que non conleva unha xustificación na concesión, mediante convenio entre Concello e entidades subvencionadas. Entendemos que o reparto de subvencións ou fondos destinado ás entidades, deben ser tratados “con equidade e transparencia” atendendo ás súas necesidades e en base a “criterios obxectivos”.

O Alcalde reparte unha parte do diñeiro público para subvencionar intereses particulares, a dedo e sin outro criterio que o do interés partidista do momento, mentres as entidades e o resto da veciñanza aresá descoñecen “canto, como e o por que” do reparto, nun claro exercicio que vai en contra da transparencia e da participación.

Desde o BNG seguimos a esixir o cumplimento do Regulamento para a concesión de subvencións a entidades, así como a equidade, transparencia e criterios obxectivos na aplicación das subvencións nominativas.

O reparto das Subvenciones nominativas ORZAMENTO 2020 foi o seguinte:

  • Clube naútico : 2.400 €.
  • Numancia : 2.200 €.
  • Bimares: 600 €.
  • Tenis de Redes: 500 €.
  • Club Marítimo de Redes: 400 €.
  • Xabre : 1.000 €.
  • AMPA-Galiña Azul : 200,00 €.
  • AMPA-CPI As Mirandas : 200,00 €.
  • Moteiros da terra meiga : 600 €.
  • C. Outeiro : 1.000 €.
  • Alfombras Florais : 2.500 €.
  • Ampa Ramón Pimentel : 200 €.
  • Asociación Instructiva de Caamouco : 900 €.
  • Asociación Mulleres Concepción Arenal : 200 €.
  • Casino Aresano : 1.200 €.
  • Cofradía Jesús Nazareno : 900 €.
  • Asociación Amas de Casa : 200 €.
  • Asociación Amigos de Mosteiro Sta. Catalina : 800 €.
  • CIRS de Cervás : 1.000 €.
  • Grupo de Gaitas Aresán : 300 €.
  • Banda gaitas Ría de Ares+Tarabeliñas canteiras : 450 €.
  • Banda gaitas Trouleada : 300 €.
  • Asociación Cultura Cova do Trasno : 350 €.
  • Asociación veciñal de Chanteiro : 250 €.
  • Asociación Cultural Xábrega : 600 €.
  • Rondalla Trovadores : 2.200 €.
  • Comisión de festas do Rosario de Lubre : 1.800 €.
  • Comisión de festas San Roque de Ares : 2.200 €.
  • Comisión de festas San Pedro de Cervás : 800 €.
  • Comisión de festas San Xose de Ares : 700 €.
  • Comisión de festas da Merced de Chanteiro : 800 €.
  • Comisión de festas do Carme de Redes : 800 €.
  • Comisión festas Carmen Ares : 2.200 €.
  • Sociedade Cultural O Tilo : 600,00 €.
Share Button