25 de Abril, o Miño como ponte.

Hoxe é 25 Abril e Portugal celebra a revolución dos cravos.
A diferenza entre España e Portugal neste aspecto é doada de entender; Portugal venceu á ditadura, mentres que en España o ditador -que non a ditadura- morreu na cama.
 
Reparando nesta circunstancia, enténdese o nível político dos referidos estados e -polo tanto- a súa situación política, administrativa, económica, social ou cultural da actualidade.
 
Portugal celebra a efeméride da derrota do fascismo e, en consecuencia, a chegada da democracia.
 
España celebra a efeméride do Referéndum da Constitución, pero non pode celebrar a derrota da ditadura, porque tal feito non aconteceu, para pena dos que gostaron do “café para todos” e para desgraza das xeracións que viñeron logo e -por extensión- das propias instuticións do estado.
Son neto de galego e de portugués, cecáis por iso vexo o Miño como esa sorte de “elemento” que favorece a unidade e a comunicación, un río como oportunidade para edificar pontes. Unha unidade que nunca deixará de ser, por moitas decisións (erradas) que se tomen.
Saúde e fraternidade tamén para os Faria, que desde o lugar de Torre, freguesía de San Román de Ucha (Concelho de Barcelos) cruzaron a raia e deixaron semente.
25 de Abril, sempre!
Obrigado Portugal.
Share Button