Ir a máis en Ares

As medidas estipuladas para un desconfinamento progresivo son, en moitos casos, pouco claras e incongruentes. Alén de valoralas ou discutilas, hai unha cousa clara; pasamos dunha decisión do goberno español con base sanitaria (confinarnos e limitar liberdades) a unha responsabilidade individual e colectiva na “apertura” de certa mobilidade.

Ares soporta unha presión de segunda residencia e de destino vacacional, que pode dificultar o regreso de certa normalidade.

É a nosa casuística.

Na comisión de seguimento Covid-19 que celebramos onte no Concello, coincidimos todos os grupos en que toca “ir a máis” na responsabilidade individual de cada quen, ante esta -e as que veñan- nova situación. Temos por diante moitas horas de estudo e planificación para abordar as dificiltades económicas, sociais e laborais da nosa veciñanza, dentro das nosas competencias.

Podo comprender, empatizar e agradecer, o traballo que cada persoa (no exercicio do seu cometido ou voluntariado) realiza nestas semanas.  É un momento importante na vida. Desexo que floreza a lús que todas e cada un de nós portamos.

A gran proba que nos fai esta pandemia pide ir a máis na responsabilidade, na comprensión e no agradecemento. Vaiamos.

Share Button