Máis protagonismo para as persoas na mobilidade urbana

O COVID-19 non é so unha cuestión da que temos que sair e que debemos superar. Debe ser, ademáis, un punto de inflexión en hábitos de consumo, emprego, e tamén novas políticas ao respecto da mobilidade urbana.

É aí, onde as competencias municipais permítenos unha variedade de posibilidades. Nesta nova situación, a veciñanza precisa ser protagonista nas rúas, cunha mobilidade que permita o tránsito de maneira tranquila e espaciosa e que beneficie ao sector comercial e hostaleiro.

É tempo de planificar e organizar unha nova ordenación de rúas peonís e darlle solución ao tráfico e estacionamento de vehículos, mediante a localización de plazas en aparcamentos disuasorios, como están a facer -con bastante éxito- concellos que son referencia en humanizar vilas e cidades.

Esta é unha nova proposta que levamos ao Concello de Ares e da que esperamos un debate participativo e decidido.

Share Button