Apoiar a sustentabilidade do sector do marisqueo

O grupo do BNG no Parlamento Galego vén de presentar unha Proposición non de lei, para o debate na comisión correspondente. Trátase de instar ao goberno galego para que destine a totalidade do importe máximo (5.214.413,48 €) establecidos na orde 4 de Agosto 2020 a axudas para apoiar a sustentabilidade do sertor do marisqueo a pé durante o ano 2020.

O tema do marisqueo en Ares é un tema recurrente nas nosas propostas, non podemos comprender como aínda a día de hoxe non hai elaborado un plan de marisqueo para Ares. Entendemos que é unha perda de oportunidade, agravada todavía máis coa situación económica e laboral que estamos a padecer.

Non aceptamos que Ares permaneza impasible ao feito de deixar pasar unha oportunidade para abrir un nicho de mercado que posibilitaría o emprego á veciñanza. É por iso, que emprazaremos unha vez máis, á Confraría de Pescadores de Ares e ao Concello para que activen dunha vez a posibilidade de contar cunha zona para o marisqueo en Ares.

O produto está nos nosos areais e no noso mar, a que hai que esperar?

Share Button