Unha estación de servizo nunha estrada que non se fará

A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, coa súa -aínda- non entrada en vigor, deixa datos curiosos como é o da Estación de Servizo que se está a realizar nas Balsas, no límite dos concellos de Ares e Mugardos.

A historia da finca onde irá ubicada, así como o histórico das súas trasmisións, daría para un relato onde todo foi planificado.

Xa sabemos que a estrada marcada no PXOM e que “xantaría” -literalmente- os surtidores de gasolina, non se vai facer nunca tal e como recoñeceu o Alcalde á nosa pregunta.

Pero hai unha cuestión que non é menor; se a estrada non se vai facer, para que se planifica?, e si se planifica; por que se deixa facer a estación de servizo?, ou non sabemos que as fincas colindantes vanse ver afectadas e limitadas por unha estrada validada sobre papel e invalidada na práctica?

Son as consecuencias dun Plan Xeral que adoeceu de participación e de atención ás alegacións e que por riba de todo, chega con moitos anos de atraso. Claro que xa sabemos que outros andas máis rápidos, sobre todo se contan co combustible preciso e a planificación necesaria.

Share Button