“Temos que aproveitar as nosas potencialidades”

Hai tempo que vimos falando de aproveitar os nosos recursos naturais -a nosa realidade- para crear postos de traballo. Levamos tempo poñendo sobre da mesa, a oportunidade que nos dá unha ría que xera produtos no sector marisqueiro e no da pesca. Os gobernos municipais teñen que traballar para abrir oportunidades. Coa moción que presentamos tratamos de abrir un abano para potenciar todo o que ten que ver co sector do mar.

Por todo isto imos debater, no seguinte pleno ordinario, unha moción na que solicitamos:

1.- Que o Concello de Ares inicie os contactos e trámites coa Confraría de Pescadores de Ares, coa intención de elaborar un “Plan de Marisqueo” que sexa xestionado pola mesma, coa finalidade de crear emprego, poñer en valor os nosos recursos naturais e ofrecer unha garantía ao consumidor.

Share Button