Concentración e recollida de sinaturas no Centro de Saúde

O mércores 28 de outubro, concentrámonos de maneira simbólica diante do noso centro de saúde para demandar da Xunta que se reactive a atención presencial e esixir máis investimento e persoal. Levamos meses coa sanidade confinada: só se atende por teléfono, hai menos profesionais e os que están traballan ao límite das súas posibilidades, incrementáronse as listas de espera e a todo isto hai que sumarlle os problemas estruturais que vén arrastrando a área sanitaria desde fai anos, que non fixeron máis que agravarse debido á actual situación. Precisamos unha sanidade pública da máxima calidade, agora e sempre!

Share Button