Entra en vigor o Plan Xeral

Coa publicación no BOP do día de hoxe, do Plan Xeral de Ordenación Municipal, dá por rematada a longa travesía dun documento que presenta moitas eivas e nas que as nosas principais reivindicacións de transparencia e debate social non foron atendidas, como tampouco as alegacións presentadas.

Mañá entrará en vigor un plan que xa precisa de modificacións puntuais, consecuencia dunha elaboración “moi polo aire” e sen un claro proxecto de modelo urbanístico e municipal en chave aresá.

Agora tócanos revisar a maneira na que se variou o último documento do cal tiñamos coñecemento e até onde van afectar os cambios á veciñanza.

Aínda así, xa hai cousas urxente que atender, xa non caben desculpas para urbanizar e poñer a disposición da Xunta, a parcela onde debe ir a ampliación do CPI “As Mirandas”. Un compromiso que tomou o Alcalde tras a nosa enésima proposta de hai un par de meses.

As palas deben estar mañá a primeira hora no cole e non para asistir a clase, senón para reparar unha decisión do goberno municipal errónea que se remonta a máis de dez anos.

A obra debe comezar.

Share Button