Petición de transparencia nas contratacións

Na resolución de Alcaldía 387/20 e como asunto de “Substitución laboral”, resólvese “realizar unha oferta ao servizo público de emprego para a sustitución dunha traballadora.”

De igual maneira acéptanse os currículums recibidos e se designa Comisión Avaliadora “para que establezcan os criterios que consideren oportunos e que avalen a selección d@ candidato ao posto a substituir”.

Logo cítanse aos candidatos para avaliar a súa aptitude ao posto solicitado. Pois ben, dende o BNG levamos máis de dez anos poñendo sobre da mesa a cuestión de contratación de persoal no Concello de Ares, toda vez que sabemos das numerosas
irregularidades que se teñen realizado, reflectidas algunhas delas por informes do Secretario-Interventor.

O acceso a un emprego no sector público ten que garantir a publicidade, mérito e capacidade e tamén a igualdade de oportunidade para poder acceder ao mesmo, cuestión que non se cumple nesta circunstancia, como noutras.

Descoñecemos cal é a “oferta pública” e os requisitos que o Concello de Ares fai chegar ao Servizo Público de Emprego, pois nunca tivemos acceso aos mesmo. En todo caso, resulta unha práctica nada transparente e propoñemos mudar este sistema por un de listas de sustitucións.

Por todo iso Solicitamos:
1.- Acceso a todas as peticións que se foron realizando ante o Servizo Público de Emprego, para cotexar as características que se enviaron de cada perfil de contratación.
2.- A creación de listas de substitucións, a través dunha convocatoria pública e non excluínte, para diferentes postos de traballo no Concello de Ares.
3.- Transparencia no seguimento de todo o proceso, así como actualización de ditas listaxes e publicación na web municipal, como acontece noutras administracións.

Share Button