Todo o noso apoio, Aida

O acoso, as ameazas e as intimidacións son actos deplorables que non se poden permitir. Só quen padece destas accións sabe do alcance de sofrimento ao que se chega. É importante estar coas vítimas, denunciar e non permitir semellantes ataques á intimidade das persoas.

Un medio de comunicación publicaba hai uns días unha sentenza, pola cal se condenaba por delito de ameazas a un cidadán de Coruña contra dunha veciña de Ares.

Non lle podemos reparar o dano á nosa veciña e compañeira que sofríu desta violencia machista, nen a sentenza é quen de facelo en todo o alcance que debera, pero si a apoiamos e lle agradecemos que, a pesares do sofrimento que lle causou, dese o paso de denuncialo e compartilo.

Ela aportou valentía, determinación e firmeza ao poñer o caso en coñecemento da xustiza, non permitindo acoso, ameazas ou intimidacións. Non é tarefa sinxela responder así. As institucións teñen que ofrecer de igual xeito apoio, axuda e comprensión para quen o padece. Só desta maneira poderemos chegar a unha sociedade na que a intimidade das persoas sexa respectada.

A parte positiva é que grazas á súa acción de denucia, a xustiza vai corrixindo paseniñamente actitudes de violencia machista que teñen que ser erradicadas de raíz, ademáis de ser tamén un exemplo para outras persoas que se vexan nunha situación semellante.

Todo o noso apoio, Aida.

Share Button