“Mellor local, mellor galego”

Hoxe comezamos en Ares “Mellor local, mellor galego” unha campaña que levamos a cabo o conxunto do BNG en todos os concellos do país “porque o noso, noso é” e correspóndenos apoialo, fortalecelo e poñelo en valor.

A pandemia acentuou a importancia dos medianos e pequenos comercios, dos empresarios locais e dos emprendedores, que nos ofrecen -moitas das veces- servizos de calidade, confianza e cercanía.

Dende o BNG de Ares, temos realizado con anterioridade outras campañas de apoio ao comercio local, como tamén propostas e iniciativas para que o Concello de Ares fixe como obxectivo, a potenciación do sector comercial da localidade. Así o recordamos tamén no inicio da pandemia, con propostas concretas. Así mesmo, “o BNG presentará nas emendas aos Orzamentos da Xunta de Galiza 2021, un plan de impulso pero tamén de dixitalización do comercio local, para conseguir adaptar e competir o noso comercio fronte ás plataformas dixitais”

Se gana o comercio local, ganamos todos e todas, creamos e mantemos empregos e aumentamos os servizos a pé de rúa. Animámosvos a sumarvos á campaña de “Mellor local, mellor galego” no noso concello. É cousa de tod@s!.

Share Button