A media lús

Pode soar a canción, pero máis ben é unha realidade. Nos últimos meses asistimos estupefactos a un deteriorado servizo de alumado público no Concello.

Na parroquia de Cervás é especialmente grave o asunto, os cortes de lús nas farolas causan unha falta de seguridade para a súa poboación. No caso da estrada de Ares a Chanteiro, a seguridade afecta ademáis ao tráfico rodado.

En Ares a situación é similar na zona que comprende a Porta do Sol e a Rúa dos Anxos.

Por este motivo, no pleno ordinario de hoxe esiximos solucións ao goberno municipal e que nos expliquen as causas, se son motivadas por un mal suministro eléctrico, por un mal mantemento da empresa contratada ou por unha eiva nas liñas e cableado.

En calquer caso, un concello no cal non se garantiza á poboación o abastecemento de auga en verán e que no inverno sofre de cortes de lús, debe pensar que hai cousas importantes que resolver, é por iso polo que puxemos o foco -nunca mellor dito- na necesaria atención aos servizos básicos.

Share Button