A publicación definitiva do PXOM crea indefensión aos afectados polo cambio de solo nas parcelas

No DOGA do 14 de Febreiro, publicábase a ORDE do 5 de febreiro de 2020 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ares.

No seu título II:

II.2. Clasificación e determinacións do solo.

1. Solo urbano.

(…)

– Solo urbano consolidado de Redes:

Engádese parte dunha parcela baleira no límite sur, con fronte á rúa Nova, fóra da estrutura urbana existente, con ordenanza 2 Núcleo Antigo de Redes, que provocará a aparición de novas medianeiras. Deberá eliminarse esta parcela do solo urbano ou cualificarse coa ordenanza 6B edificación extensiva, como as edificacións do contorno.

(…)

2. Solo de núcleo rural.

Non se xustifican as parcelas baleiras na periferia en Maiobre e Besoxo; nin as novas parcelas baleiras engadidas en Curmá-Mazaido e Cervás.

Ao respecto disto, o Concello realizou os cambios no texto refundido, que foi enviado novamente á Consellería para a súa aprobación.

Os cambios producidos nas citadas parcelas, crean indefensión aos seus propietarios, xa que no prazo de “exposición pública” estaban calificadas como urbanas e agora cambian de tipo de solo coa correspondente perda de valor e sen a posibilidade de alegación.

No seguinte anexo pódense ver os cambios.

(*En marrón claro, solo edificable. En verde, non edificable).

Share Button