Solicitude de comparecencia en Comisión, ao respecto do anuncio da adquisición dun dron no Concello de Ares

No día de hoxe vimos de rexistrar un escrito solicitando a comparecencia do Concelleiro-Delegado de Obras, Servizos e Seguridade e do Xefe da Policía Local de Ares para que se nos informe sobre a noticia aparecida recentemente nun medio de comunicación, ao respecto da adquisición dun “dron” por parte do Concello de Ares.

Petición de comparecencia en Comisión de Obras, Servizos Municipais e Seguridade, do Xefe da Policía Local de Ares e do Concelleiro delegado en Seguridade.

O GM do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ares, ao abeiro da lexislación vixente e como mellor proceda,

Expón que:

O pasado venres día 5 do presente mes, saía publicado nun medio de comunicación a noticia de que “Mugardos y Ares adquirirán drones para vigilar el tráfico y otros usos por parte de la Policía Local”. Unha proposta similar realizouse o ano pasado na comisión COVID-19, a instancias do Xefe da Policía Local de Ares, cuxo argumento era a axuda ás labores de vixiancia dos aparcamentos.

Ante esta proposta e a pesar de que o BNG viña mantendo a necesaria colaboración e responsabilidade institucional polo momento histórico no cal estamos a vivir, mostramos o noso máis enérxico rexeitamento xa que non consideramos, para nada, a súa xustificación e menos aínda cando -coa excusa do auxilio ás obrigas de control e vixiancia – abríase a porta a outros cometidos relacionados coas denuncias urbanísticas e outros métodos de control.

Ao noso ver, a situación non mudou ao respecto do debatido anteriormente e polo tanto mantemos o noso rexeitamento até que se nos aclaren pormenorizadamente as repercusións, finalidades e cometidos de dita decisión de investimento.

Por todo isto Solicitamos:

1.-Comparecencia do Concelleiro reponsable da área de Obras, Servizos e Seguridade e do Xefe da Policía Local de Ares para dar conta do tema aludido e resposta ás seguintes cuestións:

3.-É certa a noticia que trasladou o medio de comunicación e de non ser o caso, reclamouse ao citado medio a correción da nova?

4.-Cal é a valoración política do Goberno Municipal ao respecto da adquisición e uso dun dron?

5.-Cales son as motivacións e necesidades técnicas e políticas para a utilización dun dron no Concello de Ares?

6.- A canto ascende o gasto de todo o relacionado coa compra do aparato e cales son as características técnicas do mesmo?

7.-Dispón o persoal da Policia Local ou algún outro traballador municipal, do necesario permiso ou licencia por parte das autoridades competentes para pilotar un dron e de non ser así, vai sufragar o gasto o Concello de Ares para a obtención da licencia ou permiso?

8.-Como afectan as restricións en materia de servidumes aeronáuticas recollidas no PXOM, así como a aplicación das normativas vixentes e a súa afectación no noso Concello?

Share Button