Abusos bancarios contra as persoas consumidoras

O Pleno do #ConcellodeAres aproba (coa abstención do PP) a moción presentada polo #bngdeares, ao respecto do incremento dos abusos bancarios contra as persoas consumidorase o deterioro dos servizos financieiros de Galiza e que

ACORDA:

1.- Instar ao goberno central a desenvolver as mudanzas oportunas no ámbito da regulación do sector bancario para poñer freo ás consecuencias do aumento da concentración bancaria, do incumprimento das normas de competencia e do agravamento da exclusión financeira, concretamente para dar resposta á escalada de abusos bancarios en materia de restricción de servizos, pacto de horarios para limitar os servizos de caixa, incremento de comisións e reducións drásticas de oficinas e persoal.

2.- Instar a Xunta de Galiza a desenvolver as súas competencias exclusivas en materia de consumo impulsando, ao abeiro do Instituto Galego de Consumo e da Competencias campañas colectivas de reclamacións bancarias, información ás persoas consumidoras e estudos propios sobre a vulneración dos seus dereitos.

3. Expresar o apoio da Corporación Municipal ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e do mantemento dos servizos financeiros básicos no territorio galego e dirixirse ás entidades bancarias do concello para demandar o mantemento dos servizos.

Share Button