Urximos revisar as condicións das “cesións” de Defensa ao Concello

*O CONCELLO ASUME O COIDADO E MANTEMENTO, MENTRAS DEFENSA MANTEN A TITULARIDADE, SEN FACER INVESTIMENTO ALGÚN

*O DEPUTADO NÉSTOR REGO PRESENTA DIVERSAS PREGUNTAS AO GOBERNO

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha batería de preguntas ao Goberno ao respecto das condicións nas “cesións” que o Ministerio de Defensa ten feito ao concello de Ares; nomeadamente na referente ao Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, mais tamén a outras instalacións e viais situados no noso concello.

No caso do Mosteiro de Santa Catalina –do que se cumpriron xá 21 anos do acto de “cesión”- o BNG denuncia que o último convenio asinado en 2017 “…contén as obrigas que corresponden ao concello de Ares –práticamente todas as referentes a mantemento e coidado das instalacións- pero en nengún momento fixa colaboración nen investimento por parte do Ministerio de Defensa –titular das instalacións- nen por parte do nengún outro organismo do Estado; estabelecendo mesmo a posibilidade de reversión das instalacións sen posibilidade algunha de indemnización ao concello polas obras realizadas”.

Ao respecto, o BNG lembra que nas instalacións do Mosteiro fixéronse –ademáis do mantemento por parte do concello- realizáronse obras a cargo da Xunta e están previstas outras por conta da Deputación; mais non hai investimento algún de ningún organismo do Estado, propietario das instalacion.

Desde o BNG lémbrase que no ámbito do término municipal de Ares as instalacións –edificios, viais, etc…- propiedade do Ministerio de Defensa ocupan aproximadamente un 25% do territorio municipal; o que indica “…a singuralidade da situación e, consecuentemente, a necesidade de abordar unha solución global para a posta en valor e uso público destas insfraestruturas, a comezar polo Mosteiro de Santa Catalina” .

Ao respecto, o BNG avoga por articular un plan de usos procurando fórmulas –consorcios ou modelos análogos- que impliquen coparticipación das diversas administracións; fixando proxectos para a rehabilitación e uso público das instalacións, concretando as achegas das diferentes administracións, a comezar pola dona das instalacións, a do Estado.

O BNG mostrase especialmente crítico co feito de que, en troques de revisar esta situación que impón condicións abusivas ao concello mentras que Defensa desenténdese; no pasado mes de novembro o mesmo ministerio fixera “entrega” ao concello de dez tramos de viais situados no término municipal que “..ademáis de incidir en que o concello asuma a conservación e mantemento, obrígao á regularización catastral e rexistral dos viais, xa que se asume que poidesen estar nunha situación catastral e rexistral irregular”.

Share Button