O Alcalde incumpre as reglas do debate, novamente

Hoxe presentamos unha moción a pleno ao respecto da “Tarifa eléctrica”, onde solicitabamos:

1- Trasladar ao Goberno central o rexeitamento por parte do Concello de Ares da súa política enerxética por contribuír ao incremento da factura eléctrica dunha parte importante das e dos consumidores domésticos e de sectores vulnerábeis, singularmente os cambios aplicados a partir do 1 de xuño de 2021.

2- Instar ao Goberno do Estado a abrir un novo proceso para unha regulación da tarifa eléctrica baixo as seguintes premisas:

a) Reducir os impostos que gravan o consumo de enerxía eléctrica, singularmente a eliminación do imposto especial da electricidade e a redución do tipo aplicado no imposto de valor engadido até o 4%.

b) Beneficiar aos territorios de produción de enerxía eléctrica compensando o forte impacto ambiental e social derivado da súa produción a través dun abaratamento dos prezos.

c) Modificar a Lei 24/2013, do sector eléctrico, de maneira que o prezo da electricidade se estipule en función dos custos de xeración de cada tecnoloxía.

O Alcalde, na súa quenda de intervencións, mostrou o seu desacordo coa frase incluída no pt. 2b) “a través dun abaratamento dos prezos” e pedía a retirada da mesma para que o grupo de goberno a apoiase.

Dende o BNG apostamos porque as medidas beneficien directamente a usuarios e usuarias e non accedemos á petición. Logo dun “toma e daca” e manténdonos na nosa postura de apoio a usuarios e usuarias, o Alcalde presenta a súa proposta como enmenda e ordena a súa votación, incumplindo a lexislación e os regulamentos ao respecto das votacións e -o peor de todo- tendo coñecemento de causa e animándome á presentación dun contencioso. Con esta medida desvirtúa a nosa proposta e vampiriza para o seu aproveitamento, unha versión interesada da mesma que non beneficia a usuarios e usuarias.

O Regulamento dí claramente, e así acontece en todas as cámaras, que é o propoñente quen pecha o debate, aceptando ou non as enmendas presentadas.

O acontecido hoxe supón un ataque directo á democracia, á participación e ás regras de xogo no exercicio do debate plenario, ademáis de resultar improcedente e impresentable para quen ten a responsabilidade de velar, como presidente do pleno, polo cumplimento das normas. É a dictadura, vestida de democracia.

Como medida de protesta e logo de pedir que constanse en acta a nosa queixa e o incumprimento, abandonamos a sesión.

ANEXOS:

Art. 94 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales.:

1. Si se promueve debate, las intervenciones serán ordenadas por el Alcalde o Presidente conforme a las siguientes reglas:

(…)

e) Si lo solicitara algún grupo, se procederá a un segundo turno. Consumido éste, el Alcalde o Presidente puede dar por terminada la discusión que se cerrará con una intervención del ponente en la que brevemente ratificará o modificará su propuesta.

  • Regulamento Orgánico Municipal Concello de Ares

Artigo 24.–Regras xerais sobre os debates.

1. Os asuntos da orde do día principiarán coa lectura do dictame da comisión informativa ou, se non o houber, coa lectura da proposición ou da moción. A seguir, o alcalde ofrecerálle-la palabra ós voceiros dos grupos políticos. Se ninguén a pide, o asunto someterase directamente a votación.

2. De se promover debate, o alcalde ordenará as intervencións consonte as seguintes regras:

(…)

Rematada esta, o alcalde poderá concluí-lo debate, que pechará o relator para ratificar ou modifica-la súa posición.

  • Regulamento do Parlamento de Galiza (DOG de 7 Xaneiro 1984, núm. 4.)

TITULO XI. De las proposiciones no de ley

Artigo 162

1.- A proposición non de lei será obxecto de debate, no que poderá intervir, tras o grupo parlamentario autor daquela, un representante de cada un dos grupos parlamentarios que presentasen emendas e, a seguir, daqueles que non o fixesen. Unha vez concluídas estas intervencións, a proposición, coas emendas aceptadas polo propoñente daquela, será sometida a votación.

  • REGLAMENTO DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS

TÍTULO X De las proposiciones no de ley.

Artículo 195

1.La proposición no de ley será objeto de debate, en el que podrá intervenir, tras el Grupo Parlamentario autor de aquélla, un representante de cada uno de los Grupos Parlamentarios que hubieren presentado enmiendas y, a continuación, de aquellos que no lo hubieran hecho. Una vez concluidas estas intervenciones, la proposición, con las enmiendas aceptadas por el proponente de aquélla, será sometida a votación.

·       Regulamento Orgánico da Excma Deputación Provincial de A Coruña

Artigo 68

1. Se se promove o debate, as intervencións serán ordenadas polo presidente conforme ás seguintes regras:

(…)

e) Se o solicitase algún grupo, procederase a unha segunda quenda. Consumida esta, o presidente pode dar por rematada a discusión que se cerrará cunha intervención do relator na que brevemente ratificará ou modificará a súa proposta.

Share Button