Moitas grazas, Cris

No pleno de hoxe fíxose efectiva a renuncia ao cargo de concelleira da compañeira de GM, Cristina Cadena.

Dende aquí e como compañeiro de bancada nos últimos 6 anos, quero agradecer o seu traballo, acompañamento e implicación política como representante do BNG de Ares.

Cris é unha muller cunha visión actual das cousas, con grandes ideas, emprendedora no ámbito socio-cultural do seu querido Caamouco e do concello de Ares en xeral e que dou mostras da súa alta capacidade e cualificación.

Persoalmente deséxoche moita sorte na vida, agradecendo, como nos podería ser doutra maneira, o teu acompañamento, confianza e amizade no político e no persoal nestes anos que partillamos. Sorte tamén -e sobre todo- no ámbito persoal e en todos e cada un dos proxectos que vaias emprender e que serán, sen dúbida, de éxito para ti e de aproveitamento para a veciñanza.

Obrigado. Moltes Gràcies, CRIS.

Share Button