Débeda viva do Concello de Ares

Estes días publicouse o informe do “Ministerio de Economía e Facenda” sobre a “Débeda viva das Entidades Locais a 31 de Decembro de 2010”.

É necesario comezar polo que de verdade nos interesa:

Como está a economía municipal?

Para non escandalizar, temos que dicir que a economía municipal está mal. Non é necesario buscar responsables máis aló da costa de Franza. O Concello de Ares ten unha débeda viva de 1,994 millóns de euros, o cal representa unha cifra demasiado importante como para non aplicar medidas correctoras.

É a nosa obriga explicar o por que desta situación e defender –como viñamos facendo nestes anos- unha política distinta, unha auténtica política de austeridade centrada nas inversións que non no (mal)gasto. A política que provocou esta situación ten, como todos sabemos, nome e apelidos, a saber: o goberno municipal do PSOE co seu Alcalde á cabeza.

Alcalde que, nun debate radiofónico en plena campaña electoral, no que eu viña dicir o que agora dí -con cifras concretas- o Ministerio de Economía e Facenda, saíume con aquela noticia publicada por un medio de comunicación (intoxicación), no que dicía que a economía municipal era pouco menos que “la pana…”.

É “vox populi” a frase de moda no Concello de “no hai un duro”… certo!, pero sexamos realistas; NUNCA houbo un duro para malgastar, o diñeiro está para destinalo a fins produtivos e non para facer políticas de corte popul@res, partidistas e personalistas, xa que a rendabilidade “do público” debe recaer sempre no interés xeral.

Non temos a mellor xestión económica posible, nin moitísimo menos!. O que temos, é un lastre que vai condicionar o presente e futuro próximo das políticas municipais en todo-los ámbitos. Non toca apretarse o cinturón… É moito máis grave. Toca facer máis buratos no coiro porque xa non chega abrocharse no último que quedaba.

A nosa acción política irá no sentido de rachar con tendencias que acumulan gastos e débedas, iso implica dar un xiro totalmente oposto ao que se vén facendo por parte do goberno local. Toca priorizar investimentos e deixarse de malgastar o diñeiro en “compromisos persoais” que non resolven os intereses xerais.

Documentos:

http://www.meh.es/Documentacion/Publico/DGCFEL/DeudaViva/InformeDeuda2010.pdf

Share Button