Adicación Exclusiva da Alcaldía a Pleno

“O pleno respalda, con maioría, a proposta do BNG de consensuar unha partida económica para as adicacións exclusivas e o persoal de confianza”

Con esta medida cúmprese a demanda da cidadanía, que reclama transparencia e austeridade no gasto público

Ver video da Comparecencia

No pleno do pasado 26 de Agosto, non se chegou a votar a proposta do Alcalde ao respecto de asignarlle unha adicación exclusiva ao seu cargo xa que saíu adiante -con maioría- unha enmenda do BNG. Na intervención do BNG, o seu voceiro, xustificou a pretensión do  grupo nacionalista de “computar dentro do mesmo apartado no orzamento anual”, as partidas económicas destinadas ás adicacións exclusivas e parcial e tamén aquelas partidas que van dirixidas a pagar aos cargos de confianza e outros cargos de elección directa da Alcaldía.

Tamén valorou, o voceiro do BNG, o momento no que chegaba esta proposta da Alcaldía, cuns orzamentos prorrogados do ano 2010 que pecharon en negativo e no último cuatrimestre do ano.

Aínda asi, o BNG segue coa idea de que “a asignación debe ser ao cargo de Alcalde, e non pensando na persoa que nese momento ocupa dito cargo e na compensación dos seus ingresos fóra da política”. A enmenda redireciona o tema a unha comisión informativa de facenda ou a unha comisión de voceiros, onde se debatirá a parte do presuposto que se adica a este capítulo “o importante non é o número de adicacións exclusivas e o número de cargos de confianza, o importante é o custe real que supón na economía municipal tendo como referente as necesidades e posibilidades do concello, tanto económicas como de recursos humáns”.

Share Button