Nunca será suficiente todo o que fagamos as galegas e os galegos de hoxe para honrarmos a memoria de Castelao. Pero a memoria non petrificada, ollo, senón a memoria para a acción. O mellor do legado de Castelao é que conserva toda a súa vixencia e é dunha modernidade abraiante. A Castelao outros intentan momificalo desde a deturpación, para que, peza de museu, non sexa de ningunha utilidade práctica para Galiza aquà e agora. Nós, non, nós querémolo como é, porque o seu pensamento está hoxe máis vivo que nunca. Por certo, o Sempre en Galiza é un tesouro inesgotábel. Parece escrito onte mesmo. Nel desde logo están moitas das chaves para avanzarmos como pobo e como maiorÃa social. Por iso lin varios fragmentos desta magna obra no acto que o BNG organizou onte no Panteón de Galegos Ilustres en homenaxe ao Irmán Daniel polo 125 aniversario do seu nacemento. PercibÃn unha enorme emoción -habÃa moitÃsima xente- e moita determinación por continuar a incorporar máis pobo á loita por unha Galiza máis xusta e máis dona de si mesma. Sempre en Galiza. Sempre Castelao.
Unha ofensiva antigalega que hai que parar
A verdade é que veñen por terra, mar e ar. Foron a polos nosos dereitos laborais (abaratando o despedimento) e agora van a polas nosas pensións e a pola caixa galega (ou sexa, polos aforros das galegas e dos galegos).
É unha ofensiva antisocial e antigalega sen precedentes e que hai que parar porque, do contrario, o futuro pinta moi negro para Galiza.
Brincadeiras as mÃnimas cando o que está en xogo é nen máis nen menos que conquistas históricas -a palabra xa o indica: foron conquistadas contra a oposición dos reaccionarios do pasado- que foron permitindo ao pobo mellorar as súas condicións de vida.
Como é posÃbel que unha crise que desencadearon os poderes financeiros se salde cunha esmagadora vitoria deses mesmos poderes financeiros e cun retroceso histórico das clases populares, que se poden retrotraer aos nÃveis de vida dos anos 60 do pasado século?
É posÃbel porque non só está en crise a economÃa. Estao tamén a Democracia, secuestrada polos privatizadores que entregan a mans cheas o patrimonio público aos poderes financeiros: aeroportos, sistema público de pensións, a construción de infraestruturas, a xestión de servizos hospitalarios e agora as caixas.
HAI QUE RESGATAR A DEMOCRACIA
Hai que resgatar a Democracia. Hai que parar esta ofensiva, que é especialmente encarnizada contra Galiza. Lembremos: temos os salarios e as pensións máis baixas e precisamos moito máis que outros de ferramentas propias de financiamento para engraxar a marcha da economÃa produtiva (do contrario será imposÃbel deixar atrás o estancamento e a caÃda demográfica).
E hai que facelo da man dos sectores sociais que neste PaÃs se moven, desa Galiza da que me sinto orgulloso, desa Galiza que se rebela contra a resignación e que se apresta a liderar a contestación social contra o pensionazo.
Ese bloque social é o que chama á folga o 27 de Xaneiro, contra o pensionazo, contra a polÃtica de retallamentos, contra o secuestro da Democracia.
Con ese bloque social estaremos sempre as e os nacionalistas galegos. Porque ese bloque social é o futuro de Galiza.
Ou nós ou os amos do universo
Estes dÃas teño utilizado a expresión «os amos do universo», alcuñada no seu dÃa polo escritor norteamericano Tom Wolfe na súa novela A Fogueira das Vaidades, para referirme aos poderosos que gobernan o mundo. É ben mellor chamarlles asà que chamarlles «os mercados». «Os mercados» é unha expresión abstracta e trampulleira, unha cortina de fume. Falemos claro: detrás dos chamados «mercados» están os sectores sociais de élite que controlan a economÃa mundial. Sectores sociais de élite que podemos identificar basicamente co capital financeiro, isto é, coa grande banca e cos fundos privados de capital. Eles son os que através de determinadas institucións de carácter supraestatal (o FMI, o Banco Mundial, a Comisión Europea) impoñen as polÃticas de axuste duro, neoliberal, aos gobernos e aos parlamentos.
Os Amos do Universo van a por todas. No Estado español van a polas caixas de aforro e a polo sistema público de pensións. Unha ofensiva antisocial sen precedentes. E ante iso só hai dúas opcións: ou a resignación ou a loita por transformar as cousas. Desde logo, as compañeiras e os compañeiros do BNG témolo ben claro. Eliximos a opción da loita, de non ficarmos de brazos cruzados. Por iso apoiamos a folga xeral convocada pola CIG para o 27 de Xaneiro. Porque non queremos ser cúmplices dun retroceso histórico nas condicións de vida da imensa maiorÃa social. Xa está ben. Non hai ningunha xustificación para continuar metendo puñaladas nas costas aos sectores máis débiles da nosa sociedade. Non pode ser que a cobiza polo lucro desmedido duns poucos deteriore as condicións de vida da inmensa maiorÃa da xente.
E o que non pode ser de ningún modo é que os Amos do Universo manden sobre os gobernos e sobre os parlamentos. O que está en crise non é só a economÃa, é a propia Democracia. Iso é o que está en xogo. Por iso o 27 de Xaneiro temos que movernos e proclamarmos que aquà ten que mandar a inmensa maiorÃa -cada dÃa máis empobrecida- e non unha minorÃa de privilexiados -cada dÃa máis acaudalados.
Eu si que creo que lle podemos dar unha volta a isto. Polo BNG desde logo non vai a quedar.