A escasas horas de comezar a campaña reanudo as miñas obrigas epistolares neste blog que, confeso, teño algo abandonado. Non se dá feito todo e estes meses me dediquei a patear o PaÃs, e a estar con moitÃsima xente, xente que en xeral o está a pasar mal cunha crise que os de abaixo non provocaron pero que son os de abaixo os que a sofren.
Esta campaña vai de concellos, pero vai tamén de todo o demais. Os concellos non son entes abstractos. Están nun contexto. E o contexto hoxe é un contexto estremamente difÃcil para miles dos nosos compatriotas, a comezar por eses cases 250 mil que están no paro, un triste récord que anotar no debe do Goberno do Estado e tamén ao Goberno da Xunta (se o presidente Feijóo non se dá por inteirado que lle pergunte ao candidato Feijóo que este último prometeu resolver o asunto este en 45 dÃas).
Imos facer campaña con entusiasmo e con toda enerxÃa, unha campaña limpa, de propostas, construtiva, a anos luz do lixo vai, lixo vén, co que nos castigan o bipartidismo estatal.
Unha campaña que modestamente vai demostrar, coido, que somos a Alternativa galega de esquerdas que os concellos precisan para deixar atrás as polÃticas fracasadas do PP (Xunta) e do PSOE (Estado).
Alá imos e, desde logo, queremos contar contigo na viaxe!