Como responsable comarcal do BNG estiven en Ribadavia no Consello Comarcal de hoxe venres. Rematamos a confección das listas nos 10 concellos do Ribeiro e na entidade local menor de Berán. Por primeira vez na historia da nosa organización, imos presentar listas en todo O Ribeiro. Saímos todos orgullosos e satisfeitos.
Como responsable comarcal do BNG Ribeiro, mantiven hoxe unha xuntanza cos representantes do Foro Socila Queremos Saber, que como o seu propio nome indica, nos piden información sobre o Parque Medioambiental de Galiza que ubicará en Carballeda de Avia.
Sobre ese asunto, o BNG do Ribeiro ten un posicionamente público que se pode consultar en www.bng-ribeiro.org [...]