2496 items (2404 unread) in 20 feeds
Cando empeza un novo ano é o momento de deterse un anaco e marcarse obxectivos. Temos por diante doce meses que dan para moito e este ano, aínda máis, porque o 2008 trae un día de agasallo. A nivel persoal cada un de nós facemos unha lista de bos propósitos e establecemos as nosas prioridades. Cando se teñen responsabilidades de goberno é obrigado tamén facelo así para asegurar unha boa xestión e rachar coa improvisación.
Deixamos atrás seis meses de goberno no que desde as nosas áreas, ademais de iniciar xa algúns proxectos, adicámonos a planificar a acción de goberno que imos desenvolver dagora en diante. Na campaña insistín moito na necesidade de que esta cidade precisaba rematar coa política de parcheo e tiña que deixar de moverse por impulsos. Foi por iso que quixemos aproveitar este tempo para definir o camiño que imos percorrer nos vindeiros anos. Ese traballo xa está feito e chega o momento de empezar esa andaina con paso firme.
O 2008 ten que ser o ano no que a nosa cidade fixe ou seu rumbo; ten que ser o ano no que se faga realidade o impulso definitivo que Vigo precisa para competir en pé de igualdade coas principais cidades do mundo; ten que ser o ano no que se avance de xeito decidido nas políticas de igualdade; ten que ser o ano de progresar na mellora do benestar dos vigueses e as viguesas; ten que ser o ano no que Vigo conte cunha programación cultural municipal de calidade e para todos os públicos; ten que ser o ano no que sexamos quen de achegar a práctica deportiva a toda a cidadanía e a nosa candidatura á Universiada triunfe; ten que ser o ano no que se empece a facer realidade, por fin, a recuperación do Casco Vello; ten que ser o ano no que os mozos e mozas atopen na súa cidade máis e mellores oportunidades. Ten que ser, en definitiva, o ano dun Vigo imparable.
Abro novamente esta fiestra e asómome a ela agardando atoparvos ao outro lado. Quero abrila pedíndovos desculpas polo tempo que estivo pechada, moito máis do que eu desexaba. Quixemos mellorala e darlle unha nova imaxe e o que pensamos que ía ser un proceso sinxelo, complicouse máis do desexado e fixo que durante estes últimos meses este canle de comunicación que manteño con vós permanecera inactivo.
A ausencia destes meses non fixo máis que reafirmarme na necesidade de contar cun foro, como este, a través do que poder trasmitirvos as miñas opinións e inquedanzas e recoller as vosas suxestións e tamén, por suposto, as vosas críticas. Tras os primeiros meses de toma de contacto coas responsabilidades de goberno, agora estamos xa metidos de cheo na xestión e posta en marcha de novos proxectos. É por iso, que quero escoitarvos, quero coñecer o que pensades e quero saber cal é a vosa visión do que estamos a facer.
Comprometinme durante a campaña a manter un contacto permanente cos veciños e veciñas e penso que este é un bo xeito de facelo. Agardo que, tras este reencontro, recuperemos o diálogo que mantivemos cando inicie este blog. Ao igual que entón continuarei respostando a todos os vosos comentarios. O único que vos pido é un pouquiño de paciencia se tardo en contestarvos. Irei atendendo ás voas opinións e suxestións dependendo do tempo de que dispoña, que uns días será máis e outros menos, pero podedes ter a certeza de que ningún quedará sin atender.
Dagora en diante aquí me podedes atopar, disposto a escoitar…
Recibimos en Padrón a visita de Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que nos axudou a repartir propaganda electoral no mercado dominical, ademais de falar cos viandantes e vendedores, aos que animou a votar a Xoán Santaló nas próximas eleccións.
A Candidata do BNG a Alcaldía de Culleredo, RaquelJabares, creará unha oficina municipal de rahabiliación.
O BNG de Culleredo ten feito xa dende a oposición numerosas iniciativas nas que a vivenda e a mobilidade eran protagonistas. No programa de goberno son tamén temas de vital importancia con un plantexamento transversal e unha visión sustentable. A candidata do BNG a Alcaldía de Culleredo,Raquel Jabares comprométese a materializar dende o goberno municipal as seguintes propostas :
- Por a disposición da Consellaría de Vivenda os terreos precisos para a Construcción de Vivendas de Aluguer para a Mocidade.
- Creación da Oficina Municipal de Rehabilitación, tanto para os edificios da zona urbana como para as vivendas da zona rural, apostando por convertelas en vivendas máis eficientes enerxéticamente.
- Plan Municipal de eliminación barreiras arquitectónicas.
- Garantir un servizo real e constante de transporte adaptado para os veciños e veciñas dependentes.
- Plan de beirarrúas: que teñan destino, que se poida pasar por elas, eliminar obstáculos, adaptalas para persoas con mobilidade reducida
- Proxecto “Culleredo vive a Ría” que garante a mobilidade entre Vilaboa, Corveira, Cordeda, Almeiras e o Burgo co Paseo Marítimo da Ria do Burgo.
Os infantiles do Olímpico de Rutis ascenderon hoxe á liga galega. No partido que disputaron este sábado no seu propio campo contra o Villestro os rapaces do Olímpico empataron a dous. Parabéns campións!!!!
O vindeiro sábado as 18:00h a categoría infantil do Olímpico de Rutis xoga un partido decisivo para ascender á liga Galega. O resultado do partido do pasado domingo en Villestro(Santiago) foi 2-1 a favor dos rapaces do Olímpico.
Agardamos celebrar o sábado o ascenso a liga Galega. Todos co Olímpico!!!
Hoxe a Xunta Electoral da Coruña resolveu a denuncia que presentou onte o BNG pola difusión que o PSOE de Culleredo estaba a facer de propaganda electoral na que figura a imaxe do Concello. A Xunta electoral resolveu que é completamente irregular utlizar a imaxe institucional do Concello de xeito partidista e que estas prácticas poden confundir á cidadanía.
Este mesmo organismo ordenou a retirada da publicidade electoral do PSOE na que figure a imaxe oficial do Concello de Culleredo e advertiu que de non executarse esta orde veríanse na obriga de abrir un novo expedente.
Este mércores día 16 ás 21 horas:
Mitin co delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, no Instituto Camilo José Cela de Padrón.
Interveñen:
Non é a primeira vez que unha campaña electoral tínguese coa cor da malversación en Culleredo. Xa en anteriores comicios o PSOE enviou cartas en papel oficial do Concello e mesmo pagando o franqueo das mesmas para facer convocatorias a actos elctorais. O BNG ven denunciando estas prácticas irregulares e reiterandas ante a Xunta Electoral garantindo así o bo fin do diñeiro municipal e evitando un uso partidista da imaxe do Concello.
Estes días estamos a asistir abraiados ao reparto que o PSOE con Julio Sacristán á cabeza fai de propaganda onde figura a imaxe do PSOE o lema “Vota Julio” e debaixo a imaxe corporativa do Concello de Culleredo. Novamente o BNG denunciou esta práctica irregular ante a xunta electoral ademáis de solicitar formalmente no rexistro municipal unha copia do Convenio de Colaboración entre o Concello de Culleredo e o PSOE, pagado con diñeiro municipal.
Este venres día 11 no recinto feiral de Herbón, ás 21:00 horas, falamos da Lei de Conservación da Superficie Agraria Útil e do Banco de Terras de Galiza con Xosé Carballido Presas, Director Xeral de Estructuras e Infraestructuras Agrarias da Consellaría de Medio Rural.
Intervirán tamén:
O xoves 10 estará en Padrón Luís Barcia, Delegado da Consellería de Industria e Innovación da Xunta de Galicia e Director Xeral de Xestur. A visita comerazá ás 19:00 horas no polígono de Pazos e ás 20:30 horas reunirase cos empresarios de Padrón no local da asociación de empresarios.
No mesmo día, ás 24:00 horas temos pegada de cartaces para dar comezo de xeito oficial á campaña eleitoral.
Este venres 4 de maio presentase a candidatura do BNG de Padrón no restaurante Gaucho Rois, ás 21:00 horas.
O acto contará coa intervención de:
Logo do acto, haberá unha cea para todos e todas os/as que queirades asistir (militantes, simpatizantes, amig@s…)