-
Posted: June 28, 2017, 4:24pm CEST by BNG
Un ano máis, desde Galiza Nova e o BNG queremos amosar o noso recoñecemento ás persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). O 28 de xuño é unha xornada de reivindicación para nós e debe selo para todos/as. Día de loita porque hoxe aínda non se acadou unha normalización social de respecto á liberdade e diversidade sexual das persoas e […]
-
Posted: June 27, 2017, 9:22pm CEST by BNG
Resumo do pleno do 26 de xuño de 2017 - Proposta do BNG para trasladar de localización o aliviadoiro do tanque de tormenta de Areeiros: O Concello de Ribeira vén de pór en funcionamento o sistema de depuración de augas residuais, tras pasar décadas carentes de depuración dos residuos urbanos. Esta importante obra de máis […]
-
Posted: June 27, 2017, 10:35am CEST by BNG
O concelleiro nacionalista Antón Parada estivo en Corrubedo para atender as demandas dos mariñeiros de Corrubedo en relación ás deficiencias que presenta instalación portuaria. Os mariñeiros de Corrubedo trasladáronlle ao representante do BNG a falta de chabolas para poderen traballar baixo cuberto e non baixo as inclemencias do tempo. Reiteraron as demandas, que o BNG […]
-
Posted: June 21, 2017, 1:23am CEST by BNG
O grupo municipal do BNG mantivo dúas xuntanzas coa veciñanza de Palmeira ante a grande inquedanza que xurdiu na parroquia polo emprazamento dunha antena de telefonía que se pretende instalar preto do campo de fútbol e das vivendas. Na mencionada zona xa existe outra antena, mais a que se pretende instalar agora vai ser moito […]
-
Posted: June 17, 2017, 1:29am CEST by BNG
O Concello de Ribeira vén de pór en funcionamento o sistema de depuración de augas residuais, tras pasar décadas carentes de depuración dos residuos urbanos. Esta importante obra de máis de 16 millóns de euros, está producindo molestias á veciñanza de varias zonas do municipio como poden ser a dos lugares do Touro, Castiñeiras e […]
-
Posted: June 13, 2017, 8:01pm CEST by BNG
O Concello de Ribeira fixo un importante investimento, a través de fondos europeos, para realizar un paseo fluvial polo río Artes. Esta senda é moi transitada por parte da veciñanza, sobre todo polas fins de semana. O estado de conservación e mantemento que ten a día de hoxe non é o axeitado posto que a […]
-
Posted: June 6, 2017, 12:01pm CEST by BNG
O BNG sumouse onte á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente nunha xornada de festexo mais tamén de reivindicación. Os concelleiros e concelleiras do BNG xunto coa deputada de Servizos Sociais da Deputación da Coruña a nacionalista Ánxela Franco, estivemos presentes na celebración do 25 aniversario da declaración do parque natural de Corrubedo e […]
-
Posted: June 2, 2017, 10:00am CEST by BNG
A deputada nacionalista Montse Prado, acompañada do responsábel comarcal do BNG e o grupo municipal do BNG ribeirense, realizou unha visita á nova lonxa de Ribeira para coñecer o seu funcionamento e ver cal vai ser o sistema de traballo. Tamén tivo ocasión de se reunir co novo colectivo creado ante as inquedanzas de parte […]