-
O BNG de Oleiros presentou nestes días en rolda de prensa o Plano Estratéxico de Comercio de Oleiros (PECO), logo dun intenso traballo de campo e de contacto directo cos e coas comerciantes do concello. “O comercio de Oleiros tense que situar como prioridade da acción de goberno, e para isto presentamos este plano, serio [...]
-
Polo valor do seu contido publícase no caderno o vídeo sobre a historia do BNG en Oleiros que inclúe entrevistas con cada unha das persoas que foron portavoces do BNG en Oleiros e co candidato á alcaldía polo Bloque Nacionalista Galego para as eleccións de 22 de maio de 2011, Manuel Sarmiento.
Este vídeo foi proxectado [...]
-
Moción en defensa das persoas afectadas polas hipotecas.
Na moción presentada esta mañá o BNG reclama que as hipotecas poidan saldarse coa entrega da vivenda
O estoupido da crise económica e o incremento do desemprego abocaron a unha delicada situación a miles de persoas que accederon a unha vivenda en propiedade durante o período de bonanza económica [...]
-
Coral na localidade de Mera cantando en homenaxe á cantante galega Ana Kiro
O candidato á alcaldía do Concello de Oleiros, Manuel Sarmiento, e a portavoz do BNG no Concello de Oleiros, Fina Quintáns, fixeron acto de presenza na homenaxe á cantante galega Ana Kiro realizada onte na localidade de Mera, onde a propia cantante vivía [...]
-
O BNG de Oleiros denuncia que o goberno municipal continúa esquecendo os veciños e veciñas de Naval, pois para esta zona foi aprobado polo Pleno Municipal unha partida orzamentaria para asfaltar o camiño de Naval e o goberno da Alternativa segue sen facer nada ao respecto nin acometer ningunha mellora na zona.
Logo de diversas mobilizacións [...]
-
O BNG apresentou no Parlamento de Galiza unha pregunta parlamentar para a sua resposta oral en Comisión relativa á concesión de máis de 1 millón de euros en cursos de formación a entidades vinculadas co PP da Coruña
A iniciativa defendida no Parlamento de Galiza demanda da Xunta os motivos polos que se conceden 1.067.544,75€ en [...]
-
O BNG de Oleiros, através da súa concelleira-portavoz no Concello de Oleiros, Fina Quintáns, presentou na mañá de hoxe segunda feira 26 de xullo a moción que se reproduce a seguir para se pór en coñecemento público.
A/A SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE OLEIROS, D. ÁNGEL GARCÍA SEOANE
Oleiros, 26 de xullo de 2010.
MOCIÓN PARA A RETIRADA [...]
-
ACTO PÚBLICO DO BNG: O FUTURO DA SANIDADE PÚBLICA. Alternativas á privatización e ao copago.
Presenta o acto: FINA QUINTÁNS, portavoz do BNG no Concello de Oleiros.
Falarán: PABLO VAAMONDE, médico de familia de atención primaria e ex director de Asistencia Sanitaria da Xunta de Galiza, e SERVANDO LÓPEZ ÁLVAREZ, médico anestesista do Complexo Hospitalario Universitario A [...]
-
O BNG de Oleiros presentou na mañá de hoxe 31 de maio unha moción en defensa da lingua galega a través do Rexistro Municipal do Concello de Oleiros
A moción presentada hoxe polo BNG de Oleiros para a súa proposta ao Pleno Municipal do Concello está motivada por unha situación de deterioración da situación da nosa [...]
-
O BNG de Oleiros congratúlase de que finalmente se realizase o demandado paso a peóns na Avenida Rosalía de Castro
Froito dunha serie de demandas realizadas en repetidas ocasións polos veciñas e veciñas da zona da Avenida Rosalía de Castro e polo BNG de Oleiros a través da súa portavoz municipal Fina Quintáns e tamén [...]
-
O BNG de Oleiros solicitará mañá polo rexistro municipal que se aprobe unha normativa de uso para algunhas instalacións deportivas municipais, en concreto as polideportivas cubertas das parroquias e o campo de fútbol Eugenio Pardo Conchado “O Condús” de Oleiros.
O BNG de Oleiros rexistrará mañá un escrito en que solicita do goberno local a redacción [...]
-
Logo de se ter remodelado por case un millón e medio de euros o estadio do INEF de Bastiagueiro, o goberno bipartito comprometeuse a acometer neste 2010 a remodelación tamén da pista de lanzamentos situada na parte posterior do estadio. Esta pista encóntrase actualmente nun estado de abandono e precisa da súa remodelación e da [...]
-
O BNG de Oleiros quere chamar a atención sobre a falta dun plano local de turismo en Oleiros que defina as estratexias turísticas a curto, medio e longo prazo no noso concello.
A saída do BNG no pasado mandato deixou sobre a mesa e inacabada a aprobación dun plano local de turismo e a solicitude de [...]
-
Fina Quintáns con directivas da Asociación de Veciños “Os Rueiros” de Nós.
A portavoz do BNG de Oleiros, Fina Quintáns, na rolda de visitas ás entidades veciñais que está a realizar nos últimos días constatou cos veciños e veciñas de Nós problemas no uso da polideportiva cuberta da Praza da Liberdade.
Veciños e veciñas da parroquia de [...]
-
A iniciativa defendida no Parlamento de Galiza demanda da Xunta a construción de beirarrúas ou camiños peonís para garantir a seguranza das persoas que teñen que transitar pola estrada AC-173, no paso por Lourido Grande e Lourido Pequeno
Na iniciativa defendida na mañá de hoxe polo deputado Carlos Aymerich e as deputadas Ana Luísa Bouza e [...]
-
Reprodúcese aquí o artigo para o próximo número da publicación municipal “Vivir en Oleiros”.
BNG: un espazo aberto para toda a xente de Oleiros
O BNG pon a disposición de todos os veciños e veciñas o local da súa sede: Lar Espazo Aberto (rúa Dolores Ibárruri, 6 – Sta.Cruz) para animarvos á participación cidadá, a expordes e [...]
-
O BNG de Oleiros inaugurou onte martes o novo local social aberto e participativo denominado “Lar Espazo Aberto”, situado no número 6 da rúa Dolores Ibarruri de Santa Cruz de Liáns
Lar Espazo Aberto é o novo local que o BNG inaugurou onte para uso proprio e común con toda a cidadanía, asociacións culturais e deportivas, [...]
-
O BNG de Oleiros abrirá o novo local social aberto e participativo denominado “Lar Espazo Aberto” na terza feira, martes 23 do presente mes.
Lar Espazo Aberto é o novo local que o BNG disporá para uso proprio e común coa cidadanía en xeral, asociacións culturais e deportivas, institucións, militantes e simpatizantes. Este “espazo aberto” do [...]
-
A Xunta de Feijóo está a programar diversos concertos enmarcados no Xacobeo, entre eles o da MTV, e Oleiros segue sen aparecer como concello onde se programe un concerto do Xacobeo. Oleiros está, por tanto, excluído por parte da Xunta dos concertos do Xacobeo deste ano.
O BNG de Oleiros apresentou unha iniciativa no seu día [...]
-
Onte martes celebrouse unha Comisión Informativa en que se deu conta das conclusións do expediente de investigación do goberno local a respeito da Escola Municipal de Música de Oleiros. O BNG, na demanda de transparencia e do exercicio da legalidade por parte do concello e para que os intereses dos veciños e veciñas estean sempre [...]
-
O BNG de Oleiros alégrase de que o goberno local logo de 8 anos da proposta realizada polo BNG feita a través dunha iniciativa para a inclusión no Orzamento Municipal, como tamén en proposta fóra do referido orzamento, para a peonalización do centro histórico de Perillo, finalmente o goberno teña acometido esta peonalización do centro [...]
-
Diante da polémica suscitada polo oferecemento do alcalde de Oleiros á Consellaría de Educación duns terreos que non son propriedade do Concello o BNG quer aclarar o seguinte:
1) Os terreos de que fala o alcalde e que foron oferecidos á Consellaría seguen a ser a día de hoxe propriedade da Fundación Tenreiro.
2) A Consellaría non [...]
-
Martes 23 de febreiro ás 20:00 horas terá lugar un Acto Público do BNG na Casa Charry de Oleiros que versará sobre a Lei de Caixas, a fusión galega e o futuro da economía de Galiza. Neste acto, que será apresentado por Fina Quintáns, portavoz do BNG no Concello de Oleiros, contaremos coa intervención de [...]
-
O Partido Popular de Oleiros tenta tirar rédito electoral impedindo a aprobación definitiva do Plan Xeral
Resulta significativo ver como no último Pleno Municipal a maioría dos grupos políticos (Alternativa dos Veciños, PSOE e BNG) apoiaron as rectificacións do goberno para a aprobación definitiva despois de varios anos de Plan Xeral e o PP segue a [...]
-
O BNG, continuando co desenvolvemento da súa política responsábel expón ao goberno local unha serie de propostas en 21 puntos para a súa inclusión no Orzamento de 2010 e para o seu correspondente debate.
O goberno local debe facer un esforzo para que no Orzamento deste ano 2010 os investimentos que se realicen teñan relación coa [...]
-
Os usuarios e usuarias das piscinas municipais de Oleiros non son responsábeis das causas polas que as referidas piscinas se atoparon pechadas a consecuencia da folga, ou, no caso da Canteira, por causa tamén do temporal. Debido a estes peches é polo que o goberno local, en aplicación do convenio, debe exixir á empresa concesionaria [...]
-
Os cidadáns e cidadás soportan a incompetencia dos responsábeis políticos
Mentres o goberno local e o Partido Popular pelexan a respeito da cesión e asunción de gastos dos centros de saúde, quen sae prexudicada é a cidadanía de Oleiros, que non é responsábel en ningún caso da incompetencia dos responsábeis políticos. Mais os cidadáns e cidadás [...]
-
A localidade de Santa Cristina, na parroquia de Perillo, é unha das grandes esquecidas polos investimentos do Concello de Oleiros ao longo dos anos. A localidade de Santa Cristina concentra un grande número de locais de hostalaría que precisan, especialmente en momentos de crise, dun impulso orzamentario na zona para fomentar e promover de novo [...]
-
A pesar de que Ignacio Santos, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, visitou hai un mes Oleiros para impartir unha charla no Castelo de Santa Cruz, o responsábel desta sociedade anónima de xestión do Xacobeo desaproveita a oportunidade para anunciar a celebración dun grande concerto en Santa Cristina tale como [...]
-
O BNG de Oleiros inciará a vindeira semana unha campaña para exixir a xestion pública do novo Centro de Día das Galeras contruído polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que conta cunha capacidade para 80 usuarios/as, capacidade que é unha das máis altas de Galiza.
Diante da pretensión do goberno do Partido [...]
-
Podes facer click sobre a imaxe da capa do voceiro nº 7
do BNG de Oleiros para o descarregares.
O Nº7 do noso voceiro local “BLOQUE OLEIROS”, editado neste mes de decembro de 2009, será distribuído polo concello de Oleiros nesta segunda quincena do mes. O voceiro do BNG de Oleiros conta con 4 páxinas a cores [...]
-
O BNG de Oleiros mobilizarase en contra da privatización do novo Centro de Día que se está a construír na urbanización das Galeras.
A Consellaría de Traballo e Benestar pretende privatizar todos os centros de día construídos en terreo público doados polos concellos e construídos tamén con diñeiro público para dar negocio a empresas privadas a [...]
-
O BNG de Oleiros trasladou na mañá de hoxe a través da súa portavoz Fina Quintáns numerosas propostas ao Consello de Administración do Organismo Autónomo Municipal de Cultura entre as que destacan as seguintes:
-Aumentar a compra de novidades literarias nas bibliotecas públicas e amplialas a máis bibliotecas que a da Rialeda.
-Criar para as bibliotecas públicas [...]
-
O BNG de Oleiros xa propuxo hai 8 anos a instalación dun elevador na Casa Charry para facilitar o acceso ao primeiro andar deste edificio público onde está situada a Sala de Exposicións xuntamente co Salón de Plenos. O BNG xa realizou esta proposición hai 8 anos para que todas as persoas, independentemente das posíbeis [...]
-
A anterior Dirección Xeral de Deportes do bipartito comprometeuse coa remodelación do estadio do INEF que xa foi realizada e tamén comprometeu unha partida para a remodelación posta en funcionamento que se atopa na parte traseira do estadio dentro do parque metropolitano.
A remodelación desta pista inclúe os accesos e a mellora xeral da instalación para [...]
-
O goberno local incumpre as súas obrigas pois en vez de velar polos intereses de todos os veciños e veciñas do concello toma partido na defensa de ilegalidades por parte de empresas concesionarias de servizos públicos municipais, como a que xestiona a Escola Municipal de Música, a pesar dos moitos problemas laborais, educativos e de [...]
-
O BNG de Oleiros, através da súa concelleira-portavoz no Concello de Oleiros, Fina Quintáns, apresentou na mañá de hoxe venres 20 de novembro a moción que reproducimos a seguir, que poñemos en coñecemento público.
AO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE OLEIROS
AO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE OLEIROS
Josefina Quintáns Antelo, concelleira-portavoz do Grupo Municipal do BLOQUE [...]
-
A empresa concesionaria da Escola Municipal de Música de Oleiros ten un contrato nulo por non ter concedida nin solicitada a compatibilidade perante a Xunta
Confirmado que a empresa MUSICORUÑA S. L., concesionaria da Escola Municipal de Música de Oleiros nin ten concedida nin solicitada a compatibuilidade dos seus socios para exerceren estes como funcionarios no [...]
-
A estrada que vai desde a localidade de Mera até o faro do mesmo nome atópase nun grave estado de deterioro. Esta estrada, coñecida como Celso Emilio Ferreiro, ten solicitada a cesión por parte do Concello de Oleiros á Autoridade Portuaria, previa reparación.
Anteriormente, no ano 2002, o goberno local de Oleiros apuntou que xa tiña [...]
-
Fina Quintáns apresenta os documentos no Rexistro Xeral do Concello de Oleiros
Diante da irresponsabilidade do goberno local, ao eludir a súa obriga de facer cumprir a lei, os pregos e os contratos á empresa concesionaria da xestión da Escola Municipal de Música de Oleiros, o BNG apresentou este fin de semana, na mañá do sábado, [...]
-
O BNG apresentará mañá ás 12h00 no Rexistro Municipal do Concello os documentos acreditativos das denuncias realizadas polo grupo nacionalista. Estes documentos acreditativos serán apresentados a través da portavoz municipal do BNG no Concello de Oleiros, Fina Quintáns Antelo, o Responsábel Local, Antonio Ardá Suárez, e o membro do Concello Local do BNG de Oleiros [...]
-
Onte pola mañá participei con centos de veciños e veciñas na marcha pola defensa do saneamento da ría do Burgo. Alí atopeime con compañeiros e compañeiras do BNG de todas as corporacións municipais da comarca, tanto do goberno como da oposición, ademais de veciños e veciñas, mariscadores/as da ría e sindicalistas. Mais o salientábel non [...]
-
O delegado da Xunta na provincia da Coruña, Diego Calvo, acompañado por Pablo Cobián e varios concelleiros do PP, visitou onte unhas obras na estrada de Mera a Sada (AC-163) sen informar de tal visita política ao goberno local. A citada entrevista non tiña carácter técnico xa que non era unha inspección da calidade e [...]
-
Diante dos graves sucesos que están a producirse co despedimento de 5 traballadores da escola municipal de música e danza, o BNG de Oleiros exixirá ao Concello que revise as concesións das escolas de música e danza e se for preciso que se lles rescinda o contrato por incumprimento dos pregos.
O despedimento de 5 traballadores [...]
-
O BNG de Oleiros, por medio da portavoz municipal Fina Quintáns, xa levou en dúas ocasións a reclamación de pasos de peóns en Bastiagueiro ao pleno municipal instando o goberno local a reclamalos á Xunta. Agora, presentará unha iniciativa parlamentar reclamando eses pasos con iluminación.
A iniciativa irá nos seguintes termos:
En Oleiros, a Avenida Ché Guevara, [...]
-
O BNG de Oleiros propón que o Concello instale en todo o territorio municipal o acceso público á rede por wi-fi. Esta medida facilitaría o acceso universal a internet e poría o concello de Oleiros na vangarda das comunicacións, do estudo e do negocio dando á cidadanía un servizo do que carecen outros concellos.
Noutros concellos [...]
-
O BNG de Oleiros propón para o concello unha rede de aluguer de bicicletas, como noutros concellos do País, para fomentar a vida sá e ecolóxica ademais de aproveitar para ampliar os quilómetros de carril-bici existentes.
No período do BNG no goberno local este era un dos proxectos que se ían realizar, mais a expulsión do [...]
-
O BNG formulou hoxe no Parlamento de Galiza, a través do parlamentario Carlos Aymerich Cano e da parlamentaria Ana Luísa Bouza Santiago, varias cuestións referidas á problemática situación que os veciños e veciñas dos Tornos en Dorneda padecen por causa da construción da Vía Ártabra. Ademais dos baixos prezos pagados polas expropiacións, agora estas persoas [...]
-
Obras da Vía Ártabra nos Tornos
O BNG MOBILIZARÁ OS VECIÑOS E VECIÑAS DOS TORNOS SE O GOBERNO LOCAL NON ATENDE AS SÚAS XUSTAS DEMANDAS
Os veciños e veciñas dos Tornos, en Dorneda, Oleiros, non contan con auga potábel, nin rede de sumidoiros, nin beirarrúas e nunha das rúas máis transitadas, a situación empeora pola acepción [...]
-
O BNG de Oleiros exixe ao goberno local a reparación inmediata da rúa dos Pozos en Montrove dado o deterioro desta e a inminente chegada do inverno.
A reparación da rúa dos Pozos (ten placa municipal mais parece unha corredoira) foi demandada polos veciños e veciñas en numerosas ocasións coa contestación por parte do alcalde de [...]
-
Fina Quintáns reuniuse con Belén Taboada (á esquerda) e Julia Glez. Pose (á dereita), secretaria e tesoureira, respectivamente, da Asociación de Veciños “Os Rueiros” de Nós.
Continuando coas visitas que Fina Quintáns está a realizar polas diferentes parroquias do concello, a portavoz municipal do BNG mantivo encontros con veciños e veciñas de diferentes zonas [...]
-
O BNG exixe ao Concello de Oleiros que poña o terreo necesario á disposición da Xunta para a construción do novo colexio de Nós
O BNG de Oleiros tramitará a través do seu grupo parlamentar no Parlamento de Galiza varias emendas para os orzamentos da Xunta de 2010 no que atinxe ás partidas orzamentarias para a [...]
-
O BNG perguntará no Parlamento de Galiza se a Xunta organizará o grande concerto do Xacobeo 2010 en Santa Cristina do mesmo xeito que nos dous xacobeos precedentes.
Foi presentada onte publicamente a programación do Xacobeo 2010 por parte do goberno da Xunta, e o concello de oleiros e en concreto a praia de Santa Cristina [...]
-
A portavoz do BNG de Oleiros, Fina Quintáns, visitou as pozas do antigo acceso á ría do Burgo na urbanización do Seixo (Oleiros).
Estas pozas representan un perigo por estaren sen sinalizar, cunha altura de 3 metros aproximadamente e coa cimentación nun pésimo estado.
Estes buratos atópanse perto dos límites entre os concellos de Oleiros e Cambre [...]
-
O BNG de Oleiros levou hoxe ao Parlamento Galego unha iniciativa para que se reclame da Xunta de Galiza a creación dun paso de peóns na estrada AC-174 á altura da antiga escoliña das pedras, hoxe sede de protección civil de Oleiros. O BNG realizou a este respeito diversas preguntas parlamentares a través de Carlos [...]
-
O Concello deixa en mans da empresa concesionaria o cobro dos recibos ás familias, sendo “de facto” unha prestación privada “imposta” aos pais e nais, que non tiveron a oportunidade de contratar outro servizo, seguramente máis barato (subiu o custe un 300% a respeito do curso anterior).
O concurso foi sen publicidade e convidando tres empresas, [...]
-
A través dunha pergunta parlamentar o BNG reclamou onte á Xunta de Galiza a cubrición da pista polideportiva do IES Xosé Neira Vilas
Anunciabamos na mañá de onte que o BNG realizaría unha pergunta no Parlamento de Galiza a respeito da cubrición da pista polideportiva do IES Xosé Neira Vilas, e así foi. Onte mesmo o [...]
-
O BNG, a través dunha pregunta parlamentar, reclamará á Consellaría de Educación da Xunta de Galiza a cubrición da pista polideportiva do IES Xosé Neira Vilas de Perillo.
O IES Neira Vilas é o instituto máis antigo do concello de Oleiros e é o único centro de ensino dos 7 cos que conta o concello nas [...]
-
Os pavillóns polideportivos de Oleiros son numerosos e ao estaren instalados en recintos de ensino públicos cumpren unha dupla función sendo utilizados a diario quer para a función académica, quer para adestramentos de clubes e competicións das distintas especialidades deportivas.
Porén, existen pavillóns como o Arsenio Iglesias de Santa Cruz ou o da Rabadeira, que precisarían [...]
-
O BNG propón a creación dunha comisión para decidir o destino dos Fondos Estatais de Investimento Local en Oleiros, formada por todos os grupos políticos municipais.
O BNG propuxo no pasado Pleno Municipal do Concello de Oleiros a criación dunha comisión formada por unha representación de todos os grupos municipais para decidir o destino dos novos [...]
-
O BNG de Oleiros reclamará da Xunta de Galiza a construción dunha rotonda no cruce da Chasqueira, en Nós, no P.K.3,5 da AC-221, estrada de titularidade autonómica que une O Seixal (Oleiros) con Cecebre (Cambre). Neste cruce xúntase tamén a estrada que une Iñás (Oleiros) coa capital do concello de Cambre.
O cruce, que soporta un [...]
-
Nunha resposta escrita -que se pode consultar aquí- a unha pregunta realizada no Parlamento de Galiza polos parlamentares nacionalistas Carlos Aymerich e Ana Luísa Bouza sobre a construción dunha nova Galescola na parroquia oleirense de Nós (publicada no BOPG nº 23, do 27 de maio de 2009) a consellaría de Benestar e Traballo dirixida por [...]
-
A eliminación da gratuidade dos libros de texto, os problemas de transporte e no comedor do colexio Luís Seoane, e a non realización de obras de mellora comprometidas para os centros escolares son algúns dos problemas que hai en Oleiros a comezos do novo curso escolar, e o portavoz do PP e deputado no [...]
-
A Corredoira das Viñas, punto negro en seguridade viaria
A Corredoira das Viñas, que une a Avenida Che Guevara á altura de Santa Cristina coa rúa Xosé Neira Vilas na Canteira de Perillo, atópase sen beirarrúa e escasa iluminación, cunha calzada estreita que fai perigar a integridade dos peóns nun tramo altamente denso que soporta centos [...]
-
Artigo de Fina Quintáns para o voceiro municipal “Vivir en Oleiros”.
O BNG de Oleiros nun exercicio de responsabilidade política apoiou a primeira aprobación inicial do PXOM aínda sen compartir o documento plenamente. Logo das modificacións introducidas nesta lexislatura, reclamamos unha nova exposición pública con período de alegacións para preservarmos o dereito da cidadanía a se [...]
-
Óscar Carballo, compañeiro do BNG, asesor de deporte do Concello da Coruña e veciño de Oleiros, presentou onte a súa tese de doutoramento sobre a flexibilidade no campo da forza dos deportes de equipo obtendo un Sobresaliente Cum Laude por este traballo.
Óscar Carballo presentou onte a primeira tese en lingua galega na Facultade de Educación [...]
-
Un grupo de veciñas e veciños da N-VI, afectados pola expropriación da ampliación desta estrada, acudiron ao BNG para reclamaren do Concello de Oleiros celeridade na tramitación das licenzas das novas vivendas.
As persoas afectadas polo derrubamento das súas casas por causa da ampliación da N-VI están preocupadas pola lentitude do Concello de Oleiros na tramitación [...]
-
O BNG realizou no Parlamento galego unha pregunta a respeito da reforma e ampliación da Escola Infantil da Lagoa de Mera a través do parlamentario Carlos Aymerich e da parlamentaria Ana Luísa Bouza
O BNG realizou onte unha pregunta parlamentar relativa á reforma da escola infantil de Mera comprometida polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade [...]
-
Logo de 13 anos dun proceso de expropriación sen rematar, de máis de 300 sinaturas recollidas polo BNG entre os veciños e veciñas da zona, presentadas no rexistro municipal, ademais dunha manifestación celebrada o pasado ano para reclamar o acondicionamento e mellora dos accesos da praia de Naval, as promesas e os compromisos asumidos polo [...]
-
Unha militante do PP presentou unha denuncia en pasados días contra o histórico militante do BNG de Oleiros Antón Sánchez Cacheiro
O que fora unha simple discusión nunha mesa electoral na xornada das eleccións europeas que non tivo maior transcendencia no proceso electoral, tivo como resposta a denuncia na Garda Civil contra o noso compañeiro por [...]
-
O BNG presentou recentemente no Parlamento galego unha pregunta sobre a construción da futura escola infantil de Nós, comprometida polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Así mesmo, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asumiu tamén o compromiso de reforma e ampliación da Escoliña da Lagoa de Mera, reforma que [...]
-
O BNG trasladará ao goberno da Xunta a solicitude do grande concerto do Xacobeo 2010 na praia de Santa Cristina. O BNG ten demostrado a súa capacidade para organizar ese grande evento pois nos 2 xacobeos anteriores realizouse o grande concerto de Mike Oldfield, Luar na Lubre e The Corrs, e no seguinte o de [...]
-
O BNG de Oleiros denuncia que a 1ª medida urxente do novo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar sexa a criación do programa de acompañamentos das galescolas de Oleiros para beneficio da secretaria xeral de Benestar Cristina Ortiz.
O novo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, [...]
-
O BNG de Oleiros presentou esta mañá no Rexistro Municipal unha moción sobre o 17 de maio en defensa do idioma galego, asinada por Fina Quintáns, portavoz do BNG no Concello, para solicitar no Pleno do Concello a manifestación da vontade da Corporación municipal na defensa da nosa lingua e, especificamente, nos acordos unánimes adoptados [...]
-
Fina Quintáns comezou esta semana unha rolda de encontros cos representantes dos clubes de fútbol do concello de Oleiros. Na tarde de hoxe xoves a portavoz do BNG no Concello de Oleiros mantivo unha entrevista con Roberto Pintos, presidente do Hércules de San Pedro, e Manuel Tellado, vicepresidente tamén do mesmo equipo. O obxectivo desta [...]
-
O BNG de Oleiros amósase contrario á pegada sonora imposta por AENA no Concello de Oleiros e que afecta unha grande zona do concello de Oleiros desde Coruxo até a ría do Burgo pasando por Montrove.
O BNG de Oleiros valora negativamente que se teña afectado unha zona tan ampla téndomos en conta que o aeroporto [...]
-
Artigo de Fina Quintáns para o próximo número do voceiro municipal “Vivir en Oleiros”:
Cun novo goberno na Xunta de Galiza Oleiros non debe prescindir dos compromisos contraídos co anterior goberno. As 600 vivendas do Plan Sectorial, o Centro de Día, as dúas galescolas, o apoio ás redeiras de Lorbé, os prazos da Vía Ártabra, os [...]
-
O BNG celebra que se teña aprobado o Plan Xeral de Oleiros, aínda que advirte do risco de que algún veciño, prexudicado polos cambios producidos e sen dereito a alegar logo de ter excluído o Concello a exposición pública do documento, poida denunciar na Xustiza o Plan Xeral e que este sexa paralizado por ese [...]
-
mécores 25, ás 13:00 no salón de actos do INEF Galicia
Acto para profesorado e comunidade académica da Facultade de Ciencias do Deporte e a Actividade Física da UDC
Con Ana Pontón (Nº 2 pola Coruña) e Carlos Aymerich (Nº 3 pola Coruña)
Organiza: INEF Galicia.
-
SÁBADO 21 ÁS 12:00 NA SALA BAIXA DO HOTEL PORTOCOBO DE SANTA CRUZ DE LIÁNS.
Coa intervención de:
-Fina Quintáns, Portavoz Municipal do BNG en Oleiros.
-David Pena, Candidato Nº 15 pola provincia de A Coruña.
-Carlos Aymerich, Candidato Nº 3 pola provincia de A Coruña.
Ao remate serviranse uns petiscos para o público asistente ao acto.
-
-
Centro de Día de As GalerasO novo Centro de Día situarase na urbanización As Galeras en Bastiagueiro. Contará con 80 prazas e un cadro de persoal composto por 15 profesionais, e comezará a funcionar, previsiblemente, no primeiro trimestre do 2010. A licitación das obras publícase hoxe no DOG por un importe máximo de 1.114.529,88 euros.
Durante [...]
-
Logo das Galescolas
O candidato do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza terá un encontro esta sexta feira, venres 13 ás 11:30 horas no salón Rías Altas do Hotel Eurostar Palace de Matogrande na Coruña.
O Portavoz Nacional do BNG e candidato á Presidencia do Goberno galego manterá un encontro con pais, nais e familiares de [...]
-
Xa superamos o cento de inscritos para a laconada de campaña (e de entroido) do BNG de Oleiros que celebraremos o vindeiro día 15 na Casa do Pobo de Mera, polo que pecharemos o cupo de asistentes por falta de espazo, xa que non agardabamos tanta e tan boa acollida.
Á parte do lacón, orellas, filloas, [...]
-
Descarrega aquí o boletín nº 6 do BNG de Oleiros
O BNG de Oleiros distribuirá polas vivendas de Oleiros 12.000 boletíns informativos na presente campaña electoral.
O Nº6 do noso voceiro local “BLOQUE OLEIROS” será distribuído por todo o concello indiscriminadamente, e contará con 8 páxinas a cores e con información xeral sobre Anxo Quintana, o [...]
-
O BNG de Oleiros apresentará 12 propostas de inclusión de partidas orzamentarias para os orzamentos 2009 esta tarde nas comisións informativas que deben complementar ás aprobadas para os investimentos do Estado no concello e que detallamos abaixo:
1. Cubrición da pista polideportiva IESP Neira Vilas. Único instituto sen pista cuberta.
2. Criación de locais de ensaio [...]
-
Conferencia:
“Máis avances e máis futuro para Galiza”
de
Carlos Aymerich,
candidato nº 3 do BNG pola provincia da Coruña, membro da Executiva Nacional do BNG e deputado no Parlamento de Galiza
Coa presentación de:
Xurxo Dopico,
responsábel local do BNG de Oleiros.
Na Casa Charry de Oleiros
Luns 2 de febreiro
ás 20:00 horas
-
Xoves 29 ás 11h15, haberá unha recepción oficial no Concello de Oleiros do Vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana.
Ás 12h00 da mañá terá lugar o acto de entrega á Xunta de Galiza da Pista de Atletismo, o campo de herba natural e a Sala Multiusos Cuberta coa presenza do Vicepresidente Anxo Quintana, a Conselleira [...]
-
O remodelado estadio do INEF en Bastiagueiro que pasará a ser entregado á Xunta de Galiza, será o motivo do acto que terá lugar ás 12h00 da mañá deste xoves 29.
Ao acto, asistirán a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, o Reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, a Conselleira de Cultura e [...]
-
O Bloque Nacionalista Galego ten apostado desde as súas áreas no goberno da Xunta de Galiza polo concello de Oleiros con numerosas actuacións como non se tiña feito anteriormente por parte de ningún goberno.
Desde a Consellaría de Cultura e Deportes temos apoiado certames culturais como o de fotoxornalismo Revela!, o de audiovisual Nova Factory, a [...]
-
O ex portavoz do BNG de Oleiros no anterior goberno local, e actual responsábel institucional comarcal, Antón Tenreiro, está chamado a declarar o vindeiro martes 20 como imputado por unha denuncia realizada por veciños de Mera vinculados ao PP, respeito do procedemento de contrución de beirarrúas nesa localidade. O caso, que foi arquivado no seu [...]
-
Pouco ambiciosas e cunha proposta pechada a dez días de rematar o prazo de presentación dos proxectos, as propostas do concello teñen por obxecto que non se poidan facer contribucións por parte dos grupos politicos nin priorizar necesidades de execucións no concello de Oleiros.
Todas as propostas que fai o goberno local son necesidades, mais algunha [...]
-
Despois de máis de 10 anos agardando pola reforma dun estadio abandonado en Bastiagueiro, tivo que ser o BNG a través dunha promesa de Anxo Quintana nunha visita realizada ao INEF, e corroborada máis tarde pola conselleira Ánxela Bugallo, quen acometese a ansiada reforma dese importante equipamento deportivo. Nin Augusto César Lendoiro, nin Salvador González [...]
-
Os investimentos locais aprobados polo goberno do Estado están a xerar en Oleiros unha nova controversia. O goberno local pretende subsanar as súas carencias en diversas parroquias, que deberían ir con cargo aos orzamentos municipais, con este diñeiro do Estado. O PSOE pretende cambiar de sitio o auditorio de Bastiagueiro e construír un novo en [...]
-
O BNG de Oleiros solicitou hoxe polo rexistro municipal a convocatoria dun Pleno para tomar a decisión do destino dos fondos estatais que lle corresponden ao concello de Oleiros (máis de 5 millóns de €uros). A solicitude desta moción pode descarregarse aquí.
Este diñeiro, que non poderá destinarse para partidas dos orzamentos, deberá destinarse a novos [...]
-
A vindeira semana, o BNG de Oleiros solicitará polo rexistro municipal e a todos os grupos a convocatoria dun pleno municipal para tomar a decisión do destino dos fondos estatais que lle corresponden ao concello de Oleiros (máis de 5 millóns de €uros).
Estes cartos, que non poden ir para sufragar partidas aprobadas nos orzamentos, deben [...]
-
Despois de 4 meses de ter anunciado o alcalde de Oleiros o perigo de derrubamento do tellado do patio exterior da escola infantil da Canteira, este segue valado e sen poder ser utilizado polos nenos e nenas da escola, ademais de non se saber cando vai ser substituído nin de quen é a responsabilidade desta [...]
-
A realidade mudou nestes 3 últimos anos tanto na normativa urbanística como na propria situación económica do país. No momento de se someter a aprobación o documento inicial non existían aínda as normas do Hábitat, nin a exixencia do 40% de reserva do solo para vivenda protexida, nin a normativa de defensa do litoral; por [...]
-
En declaracións realizadas a medios de comunicación, o alcalde de Oleiros pregúntase porque os grupos da oposición non votan favorabelmente o Plan Xeral se -segundo el- cren que os únicos cambios adaptados no plan son os da adecuación á normativa vixente. Ao mesmo tempo que o alcalde se fai esta pregunta os proxectos do [...]
-
O BNG recibiu onte do goberno local o documento do Plan Xeral que o goberno pretende aprobar co apoio do PSOE. Desde a entrega do documento até a comisión informativa que se celebrará xoves 27 ás 18h30 hai escasamente 3 días para o estudo dun documento tan importante e que consta de centos de follas [...]