-
Mudei de sitio. Agora atoparédesme en
[retrincosemanal.wordpress.com]
-
Neste mundo tan moderno, global e cosmopolita, a colonización cultural e lingüística está á orde do día. Naturalmente presupón unha indisimulada opresión e discriminación económica. A aparente caída de fronteiras, no caso de espazos rexionais globais, como a UE, ou a masiva emigración, desde a periferia, aos centros do capitalismo, crea a ilusión dun multiculturalismo [...]
-
Posted: August 24, 2011, 11:53pm CEST by seran45
Corrían os anos corenta, plena euforia da España nacional-católica. O afán por demostrar a íntima simbiose de relixión e política na súa historia, a tradicional alianza de altar e poder, non tiña descanso. A verdadeira tradición era aquela que se ancoraba en feitos milagrosos, aínda alento para vivificar o presente. As orixes míticas de España, [...]
-
Posted: July 24, 2011, 12:44am CEST by seran45
Resulta sorprendente comprobar como se pode ilusionar un sector da poboación con propostas estereotipadas, inxenuas e contraditorias, se o envoltorio e as formas aparecen como novas e inmaculadas. Tan abraiante como constatar a fe nunha mudanza colectiva a base de subliñar o individualismo, o ego e a suposta capacidade das novas tecnoloxías -as redes sociais- [...]
-
Posted: July 10, 2011, 1:00pm CEST by seran45
A existencia do Códice Calixtino, como todo o patrimonio histórico-cultural, material ou inmaterial, de Galiza, foi descoñecido, ignorado ou menosprezado pola inmensa maioría dos galegos e galegas. Así adoita pasar en toda colonia que o é sen recoñecelo. O seu recente e estrafalario roubo veu impactar mediaticamente na sociedade galega, como unha sorpresa de pasmo [...]
-
Posted: June 24, 2011, 10:38am CEST by seran45
Un artigo de Moisés Naín, «EEUU: tres puntos ciegos» (El País, 29, maio, 2011), referíase a problemas que non afloran na conversa dos estadounidenses por vergoña, dor ou por non vérenlles solución: o fraudulento gasto militar, o debilitante xigantismo de Walt Street e a sorpresa hispana. É algo así como os medos que aboian do [...]
-
Posted: April 25, 2011, 8:07am CEST by seran45
Con certa estupefacción, malia ser previsíbel, comprobei como, nos últimos anos, algunhas asociacións de veciños de Ferrol organizaban Ferias de Abril, con impostura imitativa, á maneira sevillana. Souben, máis tarde, que tamén nos seus locais se impartían clases de sevillanas, sempre empregando fondos públicos. A do barrio no que vivo non ficou atrás. Vén de [...]
-
Posted: March 24, 2011, 11:18pm CET by seran45
A mediática imperante cretiniza. Resulta abafante e esmagador o seu discurso único, tendencioso, manipulador, acorde cos ditados da gobernanza global. Tómanos por parvos e opta por aumentar a nosa parvicie sen consideración ou rubor. O resultado desexado é o cretinismo social. Descóbrennos de súpeto o seu sentimento humanitario perante os sufrimentos que infrinxe ao seu [...]
-
Na Galiza están confluíndo, arestora, os efectos dunha crise económica capitalista cos derivados de decisións, agresións, políticas, marcadamente discriminatorias e negativas para a nosa economía e a nosa sociedade. Así, de forma explosiva, mestúranse as consecuencias decorrentes da maneira como se afronta oficialmente a crise do capitalismo, e a incidencia de medidas gobernativas contrarias aos [...]
-
Vén de resucitar unha imaxe que tiña sepultada no meu cerebro. Lembrei a foto do brazo incorrupto de Santa Teresa en percorrido, durante a España franquista, polo territorio do Imperio. Esta evocación visual, que me remite a algún xornal de entón, resultoume irónica e ao mesmo tempo unha miga repulsiva. Lévame, inevitabelmente, a imaxinar o [...]
-
Este filme de Jorge Coira é todo un síntoma. Positivo por canto vén reafirmar a capacidade para facer un cinema nacional galego por parte de algúns directores con pouco orzamento, sendo o resultado digno artisticamente, interesante semanticamente e capaz de prender nun público maioritario. É unha aproximación sintética á sociedade galega actual nunha cidade como [...]
-
Estamos nun momento de especial virulencia no debate ideolóxico. O descaro prepotente caracteriza o discurso oficial, hexemónico, dominante, A falta de disimulo obedece á certeza de que o pobo está confundido, indefenso, resignado, derrotado. É a ocasión para reducir, aminorar ou ignorar os seus dereitos. Unha oportunidade única para reorganizar e mudar o modelo social [...]
-
Hai uns días Mario Soares despachábase nun xornal madrileño facendo unha chamada aos gobernos español e portugués a plantárense na Unión Europea. Para o ex primeiro ministro e expresidente de Portugal o que está a acontecer é a imposición dunha política económica, ditada pola Comisión e o Banco Central Europeo, ao servizo de Alemaña e [...]
-
Resulta rechamante a insistencia dalgún analista e dalgunha institución privada, autodenominada galeguista, en descualificar e caricaturizar o discurso, e logo a práctica decorrente, do nacionalismo galego en materia de defensa do noso idioma, en circunstancias de tanta hostilidade a agresividade por parte da Xunta. Esta descualificación caricaturesca ocorre xustamente cando un amplo sector da sociedade [...]
-
Cada día que pasa faise máis notorio o empeño en anular toda información sobre a nosa historia, en desprezar o coñecemento e valoración do noso patrimonio artístico, en ignorar a tradición e o esforzo colectivo, en todas as actividades, que nos identifican como pobo. O empeño gobernativo, tan descarado, é acompañado e reforzado, case [...]
-
Posted: October 26, 2010, 10:13am CEST by seran45
Aínda sendo Galiza unha nación próspera, sen problemas económicos graves e con máis conciencia de seu, se non gozase de soberanía para decidir, eu sería igualmente nacionalista. Sendo como é, un país dependente e espoliado, sometido a unha dialéctica política, económica e cultural de negación, con fráxil conciencia de si mesmo, vexo o nacionalismo tamén [...]
-
É o nacionalismo. Así de rotundo expresouse Vargas Llosa, nunha entrevista en El País (29, agosto, 2010), co gallo da aparición da súa novela, El sueño del celta, inspirada na vida de Roger Casement, un irlandés, diplomático británico, convertido ao nacionalismo, após comprobar os horrores do colonialismo en África e defender os dereitos humanos contra [...]
-
Posted: August 24, 2010, 12:37am CEST by seran45
Comeza a resultar un chisco abusiva a insistencia con que algúns comentaristas deslizan críticas caprichosas contra o BNG ou o cargan de responsabilidades que non ten, no que atinxe á situación e evolución da Galiza. Esta reincidencia resulta máis paradoxal cando non se ten a mesma obsesión respecto da alternativa política á que [...]
-
Posted: July 24, 2010, 1:01am CEST by seran45
A Lucía Carreira, tan eficaz
A Pilar García Negro, tan oportuna
Caía un orballo impenitente ao saírmos de Bonaval. Bulimos cara a estación dos camiños de ferro, após participarmos no acto reivindicativo do 15 de xullo, convocado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, de volta para casa. Ao baixarmos as escaleiras desde o Hórreo, escoitei [...]
-
Posted: July 14, 2010, 11:02am CEST by seran45
Rosalía é un pozo sen fondo. Un día, tamén con entusiasmo, Manuel Rivas díxome que nela estaba todo. Este fervor rosaliano non é consecuencia dun prexuízo patriótico, disposto a achar relevante ou superior calquera produto cultural do país. É a constatación dunha revelación continua que, emotiva e racionalmente, nos pasma e asombra. Mágoa que o [...]
-
Posted: June 12, 2010, 12:59am CEST by seran45
Como algo intranscendente pasou a nova de que o Panteón de Galegos Ilustres estará cerrado ao público indefinidamente. Máis silandeiro foi aínda o cambio de titularidade de San Domingos de Bonaval, pasando de ser un ben inmóbel municipal, desde hai xa máis de século e medio, a selo da Igrexa Católica, após un proceso xudicial [...]
-
Posted: March 3, 2010, 4:02pm CET by seran45
Celebro a indignación de moitos compatriotas, sobre todo mocidade, contra Rosa Díez por usar despectivamente o xentilicio “galego”. Supoño que estarán aínda máis alporizados polas reveladoras xustificacións exculpatorias dadas pola central madrileña do seu partido…A galegofobia da Sra. Díez, que presume de demócrata, española e universalista, exprésase con tal naturalidade que unha reacción digna dos [...]
-
Provoca mágoa e cabreo observar como, en momentos críticos, algunhas institucións recorren ao narcótico localista para confundir e desorientar as masas (así consideran o pobo). De forma premeditada encamíñanas por vieiros suicidas, despistándoas sobre as verdadeiras causas dos problemas e a respeito das alternativas para elas beneficiosas. Fano en nome dos intereses da cidade, [...]
-
O sentimento de españolidade, trasunto da subordinación, que se vive como dependencia necesaria e desexada, cústanos moi caro aos galegos. Non é casual que a chamada á recuperación da nosa condición de galegos e galegas, por enriba de outra impostada, se expresase na contundente aseveración rosaliana “Galicia, non debes chamarte nunca española…” ( “A [...]
-
Corren tempos de confusión. Non é menor a que aferrolla a moitos ideoloxistas que din renegar do sistema capitalista. Unha das máis pertinaces características da esquizofrenia existente é a do altermundista que non asume unha política real anti-globalizadora. Podemos darlle as voltas que queiramos, pero a rectificación do proceso globalizador pasa pola asunción da política [...]
-
Posted: January 8, 2010, 4:58pm CET by seran45
Non debe existir ningún caso de peregrinaxe, sexa de intención relixiosa ou turístico-cultural, que contribúa tanto a anular o país receptor como a celebración xacobea. Non temos dúbida, porén, de que, con outra orientación no poder político gobernante, sería unha oportunidade especial para proxectar cara a nós mesmos e aos de fóra unha realidade histórica, [...]
-
O ingreso de Manuel Rivas na Real Academia Galega é unha boa nova. Galiza, nestes tempos que corren, está necesitada de escritores que non deserten dos compromisos básicos: a defensa de Galiza como pobo, como nación; o dereito á existencia da nosa lingua e a súa identificación como propia; o respeito por quen, de formas [...]
-
Até hai pouco vivimos, no tocante ao futuro das nosas Caixas de Aforros, unha auténtica comedia de enredo. Agás o BNG, cunha opción clara desde o inicio do actual proceso, os demais permanecían nunha indefinición calculada. Parecían contentarse con que o paso do tempo fixese irreversíbel unha opción deseñada fóra, en Madrid, ao gosto [...]
-
Malia estar pre-xubilado como profesor, sigo a ter a sorte de manter contacto co alunado de ensino secundario. Grazas á petición dalgúns profesores, nomeadamente de Lingua e Literatura Galegas, doulle conferencias sobre temas relacionados coa materia de cando en vez. Nos últimos tempos, a política lingüística acapara a preocupación e o interese de profesores [...]
-
Din que a liberdade. Resulta revelador que, após 20 anos, festexen pomposamente o que chaman a caída do muro. Por unha parte, unha hipérbole material para se referiren á fronteira entre as dúas Alemañas, consecuencia da guerra fría e da inimiga entre a OTAN e o Pacto de Varsovia. Pola outra, unha metáfora para aporlle [...]
-
Estes días sentín un forte arroallo, unha disposición anímica a recuperar algo dun pasado tanxíbel. Unha cabaza, modelada en caveira polas miñas torpes mans, asentou no balcón do primeiro andar na miña casa. Nunca desapareceu, ao longo dos sesenta e tres anos da miña vida, a imaxe dos nenos a roubar cabazas e cabaciñas, nunha [...]
-
Novo éxito de público para Amenábar, polo menos no Estado español. O seu filme “Ágora”, versión orixinal en lingua inglesa, con actores e técnicos de diversas nacionalidades, nomeadamente anglosaxóns, aposta por tratar un tema de actualidade: o fanatismo relixioso. Faino retrocedendo a fins do século IV e comezos do V após o nacemento de Cristo, [...]
-
Resulta todo un síntoma os reiterados intentos do españolismo por restaurar, a efectos de usos oficiais, o topónimo “La Coruña”. A legalidade nesta materia fundamentouse, con bo criterio, no feito evidente de que a toponimia na Galiza fora sometida a un proceso de deformación desde o século XIV ao século XX por parte da [...]
-
Canta alegría provoca constatar a potencialidade do noso pobo!!!. Foron clases populares conscientes, coa súa diversidade, as súas convicións e as súas expectativas, as que encheron, até o colapso, as rúas de Compostela o domingo 18 de outubro, seguindo o chamado da plataforma “Queremos galego”. Simbolizan unha representación senlleira da sociedade galega que acredita na [...]
-
Son asiduo da Biblioteca Universitaria do Patín, un fermoso edificio do século XVIII reabilitado para tal fin, sito no campus de Esteiro (Ferrol). Alí pasei revista a grande parte dos libros que posúen onde puider achar referencias á historia medieval galega. É unha bibliografía case sempre en español e de orientación españolista, anuladora de [...]
-
Posted: October 5, 2009, 12:44pm CEST by seran45
A Real Academia Española acabou por entrometerse na cuestión para lles dar un balón de osíxeno a todos os que non soportan que unha cidade galega se denomine pola forma orixinaria, como o resto dos topónimos do país, sometidos secularmente a unha deformación esperpéntica (Vivero, Mellid, Sanjenjo, Puenteareas, Lage, Rianjo…). Non é unha cuestión de [...]
-
Reavívase a obsesión do PP e tamén de grande parte do PSOE por reuperaren para a oficialidade institucional o acastrapado “La Coruña”. A fartura, o cansanzo perante este conflito, que dura xa máis de 25 anos, parece ter asulagado a boa parte da sociedade coruñesa e provocado algunha indiferencia pasotil nalgúns sectores ben intencionados que [...]
-
O sábado, día 19, deste mes de setembro, no Teatro Principal de Pontevedra, estivemos a analisar colectivamente a situación lingüística do noso país. Cavilamos sobre cal era a mellor maneira de combater os intentos de exterminio da nosa lingua por parte do PP. Aproveitamos a ocasión para, ao meiodía, visitar as salas dedicadas [...]
-
Mentres fun portavoz do BNG no Congreso dos Deputados empeñeime en levar iniciativas sobre moitos temas de interese xeral para Galiza, de especial incidencia nesta comarca (afectados de asbestose, traballadores de empresas auxiliares, depuración de augas residuais, infraestruturas ferroviarias…). Nestas, como noutras moitas cuestións, a problemática galega non existía nos debates e resolucións parlamentares do [...]
-
Sempre lamentei que institucións como a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega non tivesen unha actitude máis combativa e comprometida na defensa da lingua e da cultura de Galiza. Nunha palabra, que non estivesen máis impregnadas de dinamismo social e máis preocupadas por impulsar a normalización dunha lingua e dunha cultura marxinadas [...]
-
Como portavoz do BNG no Congreso entón expresei o apoio do nacionalismo galego ao Estatut saído do Parlament catalán na sesión plenaria que o admitiu a trámite. Esa data, xuntamente coa do día en que Ibarretxe actuou como defensor do Estatuto de Nación para Euskadi, que tamén apoiamos, pero que infelizmente non foi aceitado [...]
-
Posted: August 21, 2009, 12:58am CEST by seran45
É curiosa a tendencia dos nosos círculos intelectuais ao silencio cando se producen actuacións chamativas por negativas, protagonizadas pola Xunta coa cumpricidade e conivencia dalgún sector do stablihsment cultural. Este ano, precisamente, divagouse algo sobre o que era o piñeirismo, as súas pegadas e secuelas. Vimos, xustamente hai dous días, de comprobar na prática no [...]
-
Posted: July 29, 2009, 12:06am CEST by seran45
Existe, en todos os sectores sociais favorábeis á lingua galega, coincidencia en que a política lingüística do PP é estratéxica e pretende a súa acelerada eliminación. Estamos, pois, perante unha conxuntura preocupante, que merece a máis ampla, perseverante e articulada resposta social e política. Moita xente está a descubrir, a maiores, que esta actitude [...]
-
Posted: July 20, 2009, 10:36am CEST by seran45
A censura e deformación que opacan, desfiguran ou minimizan persoas ou sucesos da nosa historia cultural e política abrangue o presente e o pasado. Só temos que decatármonos de como se filtra hoxe a realidade do país, con que óptica e criterios, ao servizo de que intereses, para sospeitar de como se foi construíndo a [...]
-
Posted: July 12, 2009, 2:54pm CEST by seran45
Por motivos persoais estiven en Alcalá de Henares hai uns días. Mentres estaba sentado ás sete da tarde nun banquiño baixo árbores a carón da estación dos camiños de ferro, tres mociñas entre 16 e 19 anos parolaban, sentadas noutro, perto de min, sobre as súas vidas familiares. Observeinas, desenvoltas, locuaces, produto de [...]
-
Posted: July 3, 2009, 6:40pm CEST by seran45
Teño pouco aprezo pola traxectoria da Real Academia Galega durante o actual réxime democrático. Apenas dou algunha resposta pública positiva perante as hostilidades ou agresións padecidas pola nosa lingua e cultura nacionais. Envisa nas intrigas propias dun elitismo mesquiño, dependente ou reverencial, recoñézase ou non, do poder político español, en versión autonómica, expresa [...]
-
Posted: June 28, 2009, 12:15am CEST by seran45
Nunca como hoxe resultou a información máis enganosa e máis manipulada. Parece que, a maior bombardeo mediático, máis incapacidade para o contraste e a aproximación á verdade. Os tópicos e as mentiras non deben nunca descubrirse. É máis, cómpre que vivamos nelas cunha contumacia que indica canto interese existe en que se manteñan. Un destes [...]
-
Posted: June 21, 2009, 6:28pm CEST by seran45
Resúltame consolador achegarme, de cando en vez, a Portugal, concretamente ás terras do Miño, aquelas que constituíron, con nós, a Galiza histórica. Con todas as limitacións e cautelas que se quixer, reconforta vivir nunha sociedade coa súa lingua normalizada. Como esta lingua tamén é a nosa, malia todas os estrañamentos que moitos poidan sentiren, a [...]
-
Posted: June 14, 2009, 10:30am CEST by seran45
O galego aínda continúa a ser unha lingua discriminada e desprezada. A actual democracia só aceitou a realidade plurilingüe no Estado español desde unha visión restritiva, paternalista e subordinada para o galego, o catalán e o vasco. Dunha forma premonitoria, antes da transición, sociolingüistas como Rafael LLuis Ninyoles (Idioma e poder social) advertíronos da [...]
-
Posted: June 7, 2009, 9:34am CEST by seran45
O novo ministro de Fomento, José Blanco, estreouse afirmando que todos sabiamos que a conexión por alta velocidade con Madrid, concretamente o tramo Ourense-Lubián, non podía estar en funcionamento en 2012. O que sabemos é que o BNG sempre foi vangarda na esixencia da modernización da infraestrutura ferroviaria interior de Galiza e as súas [...]
-
Posted: May 31, 2009, 12:01am CEST by seran45
Hai desinterese e confusión en moitos demócratas de vocación cosmopolita ou universalista polos resultados práticos da Unión Europea. Malia a súa propensión a aceitaren procesos de suposta modernización a calquera prezo, agora o desencanto abáfaos porque a unidade tiránica do mercado único é o dominante. Mesmo pesan máis a involución e a desigualdade política e [...]
-
Posted: May 24, 2009, 10:00am CEST by seran45
As palabras non poden ser correctamente interpretadas se non é no seu contexto discursivo e socio-cultural. No campo das ideas, do debate intelectual e político, da información, cómpre que o vocabulario abstracto sexa o máis preciso posíbel sen dar pé a malinterpretacións ou a confusións. O uso polisémico dun termo político é unha fonte de [...]
-
Posted: May 17, 2009, 7:01pm CEST by seran45
Pensemos con serenidade e subliñemos a evidencia de especial confusión e crise. Ninguén máis necesitado de facelo que as sociedades, os pobos, en condicións de marxinalidade ou de anormalidade. No seu seo, os colectivos que se esforzan por rectificar a historia para lograren que o seu país teña unha existencia normal. Que outra cousa é [...]
-
Posted: May 10, 2009, 10:00am CEST by seran45
Nesta fase epigonal do capitalismo, a esfera política, especialmente nos chanzos superiores, está abafada pola mestura do público co privado. Non é por casualidade. Forma parte da súa conversión en espectáculo que debe ser acaidamente consumido polas masas. O discurso e a práctica non teñen nada relevante e construtivo que propornos. A idea subxacente é [...]
-
Posted: May 3, 2009, 11:35am CEST by seran45
A rebelde conciencia da nosa Rosalía de Castro reparou na transcendencia para o país dalgúns comportamentos sociais. En 1866, por exemplo, publicaba no Almanaque de Soto Freire (Lugo) o retrato dun tipo frecuente, “O Cadiceño”, o emigrante que retorna desfigurado cultural e lingüisticamente. Supostamente enriquecido, provoca admiración e hipnotismo mimético nos seus compatriotas: desprezo polo [...]
-
Posted: April 26, 2009, 3:29pm CEST by seran45
Lembraba Murguía nun seu artigo xornalístico do 23 de abril de 1885 como vivira, sendo neno, os ecos en Compostela da batalla librada nos seus arredores entre bandos militares ese mesmo día de 1846. A posterior ocupación da cidade, coas escaramuzas e as descargas consecuentes, sofrimento e horror da guerra, soldados caídos entre xemidos, [...]
-
Posted: April 20, 2009, 8:41am CEST by seran45
Máis unha vez acompañei uns amigos, nestes caso portugueses, aproveitando a súa estadía en Ferrol, nun percorrido polos seus arredores. Sempre teño a certeza de que os meus acompañantes van entender con esta visión os problemas que temos como sociedade e como pobo. Mesmo resulta unha oportunidade para resumirlles, de forma sintética, a nosa evolución [...]
-
Posted: April 12, 2009, 11:31pm CEST by seran45
Levamos un período de 32 anos cun réxime de monarquía parlamentar no Estado español. Foi produto dunha transición pactada co réxime franquista. O sucesor de Franco na xefatura do Estado, o príncipe Juan Carlos, convertido máis tarde en rei constitucional, foino por vontade do ditador. A lexitimidade democrática do actual réxime resultou así devida, non [...]
-
Posted: April 5, 2009, 1:05pm CEST by seran45
Tres representantes das forzas políticas presentes no Parlamento Galego, exdeputados da Cámara, acoden recentemente a un programa de debate nunha televisión local de Compostela. Na conversa previa, sesión de maquillaxe, coinciden en que o impacto da actividade do parlamento autonómico na sociedade galega é excesivamente cativo. Para entendermos a dinámica da institución galega de representación [...]
-
Posted: March 29, 2009, 10:11am CEST by seran45
Pasei unha grande parte da miña vida adicado á docencia no ensino secundario, en contacto con alumnado de 11 a 18 anos. Comecei a traballar no tardo franquismo, 1967. Intentei desenvolver o meu labor con dignidade, con coñecemento sobre o que falaba, con afán de convencer. Houbo, en toda esta traxectoria, un elo condutor: unha [...]
-
Posted: March 22, 2009, 2:26pm CET by seran45
Vendo este filme a un fícalle máis claro aínda canto se podía facer para que as persoas pensasen, cavilasen, a través do cinema, sen deixaren por iso de entretérense emocionándose. Non é frecuente esta combinatoria, especialmente no caso dos produtos USA. Tamén resulta estraño que, nos tempos actuais, se nos sitúe perante un ambiente católico [...]
-
Posted: March 16, 2009, 1:15pm CET by seran45
Ás veces cómpre revisar ou simplesmente lembrar o pasado para comprender mellor o presente. O nacionalismo galego prestoulle sempre grande importancia ao noso idioma, como un elemento substancial da nación. Entre 1916 (nacemento das Irmandades da Fala) e 1936 (alzamento militar fascista), un período significativo do proceso de conformación e actuación do movemento nacionalista galego, [...]
-
Posted: March 8, 2009, 10:09am CET by seran45
Para o nacionalismo galego os resultados das recén celebradas eleccións autonómicas foron negativos. Ao revés do que se dicía, a maior participación (a máis grande en todos os procesos desta caste) posibilitou un cambio a favor do Partido Popular. Había varios factores potenciais para provocar unha onda de fondo social para o cambio de Goberno [...]
-
Posted: March 1, 2009, 9:38am CET by seran45
Eduardo Blanco Amor, após anos na emigración americana (1919-1964), comezou a preparar o seu regreso definitivo a Galiza, desde 1956, cando menos. Nesta preparación cumpriu unha función catártica, do ponto de vista persoal, e expresou a súa disposición a contribuír de novo ao fortalecemento e modernización da literatura nacional galega desde dentro, A esmorga. Este [...]
-
Unha das eivas máis graves que padece a sociedade galega é a de non contar cunha información suficiente e axeitada sobre o seu devalar histórico. É posíbel que se trate da nación europea que padece a maior ocultación, anulación e manipulación sobre o seu pasado, especial e significativamente o medieval. Sen dúbida a operación consistiu [...]
-
Vivimos un momento de grande trascendencia política. Nesta conxuntura, mesmo dentro das dificultades xerais, vai ser, está xa a ser, crucial a capacidade de decisión que se expresa a través de instrumentos políticos. O grao de independencia política, de autonomía integral ou relativa con que conte cada pobo para reaxir vai ser determinante para enfrontar [...]
-
A actual fase de globalización, que no Estado español significa máis españolización, impulsa os ataques contra os procesos de normalización de usos de idiomas nacionais como o galego, o catalán e o eusquera. Estamos perante un dos aspectos sintomáticos do conflito entre recentralización económica, política e cultural e democratización. O renovado discurso hostilizador agacha cinicamente [...]
-
Non abonda con facermos análises rigorosas sobre o que está a pasar na economía. Non é conduta axeitada manterse no quietismo á espera do que outros fagan, esperando o impacto da súa forza de arrastre. Tampouco é recomendábel explodir de forma irregular, desordenada e desorientada, con protestas que aproveitan o desacougo subxectivo, pero non o [...]
-
Informacións e comentarios puxeron o acento onde máis lle conviña ao medio respectivo. Todos se moveron dentro dun ton reverencial e admirativo. O cambio na Casa Branca sen dúbida abre unha nova fase interna en Estados Unidos, con algunhas consecuencias para o exterior. Máis difícil de aceitar é que abra unha Nova Era. Son precisamente [...]
-
A AS-PG, contando coa cooperación do Departamento de Cultura da Deputación de Lugo, está desenvolvendo unhas xornadas sobre as Irmandades da Fala e o Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo de 1918. A palestra celebrada o día 15 deste mes versou sobre o réxime económico que defendían os nacionalistas para Galiza naquel documento, verdadeiro salto [...]
-
Este mes é o do nacemento e a morte de Castelao. No 2009 cúmprense 25 anos da traída dos seus restos mortais desde Buenos Aires para depositalos en San Domingos de Bonaval. Foi unha traída patrocinada e controlada polos que nunca acreditaron na súa obra nen so seu pensamento. Realizouse nun contexto de severas limitacións [...]
-
Posted: January 4, 2009, 9:54pm CET by seran45
A teimosía e radicalidade inquisitorial coa que o Vaticano rexeita e condena a homosexualidade, a condición homosexual, resulta inquietante. É verdade que esta actitude continúa unha tradición ideolóxica, socio-política e médica que a considerou unha patoloxía, desde a metade do XIX até ben pouco. Unha perversión da natureza que podía considerarse vicio e atentado contra [...]
-
A esta altura podemos afirmar que unha das amezas máis perigosas para procurar solucións á situación económica provén dunha atmosfera social alimentada por unha analítica e unha propaganda oficiais, cualificábel como louvanza do inextricábel. Esta forma de proceder incita á parálise na actuación colectiva. Hai que manterse na inseguridade e no medo. Efectivamente, manténsenos no [...]
-
Hai homes carismáticos que enuncian discursos sintomáticos en momentos cruciais. Algúns considéranos, con razón, pezas de oratoria soberbas. Malia os seus eufemismo e o seu enlevo idealista, enguedellante, dan para detectar algunhas intencións preocupantes. O discurso de Obama en Grant Park (Chicago), perante milleiros de simpatizantes, a madrugada do 5 de novembro, xa gañador dos [...]
-
Os esforzos individuais e colectivos do pobo galego, en diversos ámbitos da actividade humana, deixaron un ronsel de pegada e influencia histórica. Cada ano podemos evocar figuras ou acontecementos de grande transcendencia polo seu significado, desde unha perspectiva galega. Esta perspectiva é a que nos permite avaliar os esforzos en función da súa contribución [...]
-
Rubio Llorente, un dos letrados que asesorou aos poñentes que elaboraron a Constitución Española, amosouse partidario nun recente artigo en El País (02-12-2008) de abrir o debate sobre a reforma constitucional. Advirte de que hai sectores sociais que teñen un exceso de veneración por ela, como se for un “texto sagrado recibido de arriba, no [...]
-
A Constitución Española é un híbrido de pouso franquista con adobío democrático para aplicar a unha realidade socio-política, económica e lingüística-cultural complexa. Plasma, de forma elocuente, quen controlou a “Transición”, cal foi a correlación de forzas. Obviamente expresa os medos e a negativa a enfrontar o problema da estrutura institucional do Estado conforme á súa [...]
-
O día 18 deste mes cumpríronse 90 anos do “Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo”. Significou un salto cualitativo no terreo ideolóxico e na vontade de incidencia social do movemento defensor de Galiza, existente desde mediados do século XIX. Os autores do “Manifesto”, pertencentes ás Irmandades da Fala, fundadas en 1916, pasaron a nomeárense nazonalistas, [...]
-
Posted: October 20, 2008, 11:21am CEST by seran45
Cando se nega oficialmente a verdade, adoitan producirse fenómenos, máis ou menos extramuros, que a reclaman. Defenderon filólogos e estudosos, durante séculos, que galego e portugués eran o mesmo idioma. Este criterio fundamentábase en sólidos razoamentos e comprobacións históricas, lingüísticas e xenéticas. Non se deixaron perturbar polo feito de ser Portugal un estado independente [...]
-
Posted: October 13, 2008, 11:18am CEST by seran45
Cómpre non deixarse arrastrar por unha atmosfera de confusión e apatía mesturada con medo e inseguridade. Malia pode parecer o contrario, a actual crise económica non caeu do ceo; é produto de formas de proceder e actuar dos que teñen o control do poder financeiro. Non é algo inextricábel. Non imos dar unha receita que [...]
-
Desde 1995 existe un traballo serio, constante e útil do BNG a prol do obxectivo de conseguir a modernización dos camiños de ferro entre Ferrol e A Coruña. O cativo resultado obtido até agora e só un síntoma de canto custa mover algo nesta cuestión. Hoxe a liña está operativa en condicións de seguridade, e [...]
-
Moitos economistas da oficialidade académica fan o panexírico da dependencia e da minusvaloración de Galiza cando se fala dos resultados do sistema de financiamento das comunidades autónomas. O compoñente ideolóxico desprezativo e ignorante da nosa capacidade fiscal acubíllase baixo o manto da “solidariedade de España con Galiza”. A axitación social con fins de afondar nas [...]
-
O panorama intelectual, hexemónico na denominada cultura occidental, rende moitas veces tributo ás aparencias. Chegan a recoñecerse como grandes filósofos personaxes, con posición afamada en institucións universitarias elitistas e constante presenza en revistas e xornais anglosaxóns, cuxo pensamento non deixa de ser unha oportuna mestura de ocorrencias, máis ou menos inxeniosas, afán de escandalizar con [...]
-
A esta altura non pode haber ninguén tan inxenuo como para pensar que os ataques contra a cooficialidade do galego, o catalán e o vasco non están dirixidas orgánica e politicamente. O sarillo tece unha madeixa expansiva que parte do centro madrileño para intimidar dentro das nacións con lingua propia. En principio móveno grupos mediáticos [...]
-
Posted: July 21, 2008, 11:08am CEST by seran45
Vivimos nunha continua ficción. Xa advertivos que, após da campaña sobre o sistema de financiamento, viría a das Balanzas Fiscais para nos convencer, máis unha vez, da grande solidariedade que emprega o Estado Español con Galiza. Foi ilustrativo que, só desde o nacionalismo galego, se desvendase e subliñase, respeito do sistema de financiamento, que unha [...]
-
Posted: July 21, 2008, 11:06am CEST by seran45
“Ego Adefonsus Deus gratia rex Legionis et Gallecie”. Esta é a denominación que domina os documentos do rei que pasou a ser coñecido como Alfonso IX na historiografía española. Nesta etapa histórica rematouse o Pórtico da Gloria. Impulsáronse todos os núcleos urbanos da nosa costa, non só A Coruña, como consecuencia dunha grande actividade económica [...]
-
Posted: July 16, 2008, 11:04am CEST by seran45
A exposición sobre “Alfonso IX e A Coruña”, organizada pola Alcaldía desta cidade, co gallo dos 800 anos da concesión do foro, considéraa ubicada no reino de León. O comisario da exposición, Señor López Alsina, fala de Fernando II e de Afonso IX como reis de León exclusivamente, embora teña que recoñecer que o afán [...]
-
Posted: June 30, 2008, 11:02am CEST by seran45
Hai moitas oportunidades para distinguir o que é o nacionalismo das expresións xenófobas, excluíntes, prepotentes, propias do imperialismo. Desde algunhas perspectivas, inténtase, concretamente no caso do Estado Español, catalogar como nacionalistas moitas manifestacións ideolóxicas que están na súa antítese, de falarmos con rigor. Unha parte da denominada intelectualidade española, unha vez máis, en escalada [...]