-
O pasado 7 de xaneiro celebramos en Rianxo, como todos os anos, o cabodano da morte do grande Alfondo Daniel Rodríguez Castelao. Alí estivemos acompañados polo alcalde da vila, o nacionalista Adolfo Muíños. Velaquí vos deixo a miña intervención nese fermoso acto no que lembramos a Castelao nunha luminosa mañá de sábado. Compañeiros, compañeiras, amigos, [...]
-
Como sabedes, o BNG está a desenvolver unha campaña para expor a nosa posición en contra da reforma da Constitución e en demanda dun referendo. Tivemos concentracións nas sete cidades galegas e o venres, día 2, estivemos na praza do Obradoiro dicindo «NON» a esta reforma da Constitución. Velaquí vos deixo a miña intervención nese [...]
-
Posted: July 26, 2011, 1:52pm CEST by guillerme
Achégovos aquí o discurso que pronunciei este Día da Patria Galega 2011. Como escribín no meu perfil persoal en Facebook, foi un día vercadeiramente emocionante, con miles de persoas a encheren as rúas de Compostela, con Galiza na cabeza e no corazón, e amosando dignidade e orgullo de sermos galeg@s. Un Día da Patria 2011 [...]
-
Posted: July 21, 2011, 2:13pm CEST by guillerme
O Bloque Nacionalista Galego convoca este Día da Patria Galega 2011 baixo un lema ben suxestivo: Estamos con Galiza, a favor do pobo. Soberanía, Democracia e Traballo. Estes días estamos a realizar unha intensa campaña con actos en vilas e cidades nas vésperas da grande manifestación nacional que como é tradición convocamos para o 25 [...]
-
Posted: June 29, 2011, 10:26am CEST by guillerme
O sábado, día 25 de xuño celebramos un fermoso acto en Santiago de Compostela para conmemorar os 75 anos do plebiscito do Estatuto do 36, infelizmente frustrado polos feitos que derivaron nunha guerra civil. Aquí vos achego o discurso que pronunciei na Alameda, diante do monumento a Rosalía de Castro. Amigos e amigas Hoxe os [...]
-
Posted: May 23, 2011, 11:08am CEST by guillerme
Boas, aquí estou no día após do tan ansiado 22 M. En primeiro lugar, quero darvos as grazas a todos os que confiástedes no BNG, a todas as que votástedes ao nacionalismo galego. Fixéstedes un traballo excelente compañeiras e compañeiros, candidatos e candidatas, militancia toda do BNG. Hai que sentir orgullo pola organización que temos [...]
-
Posted: May 20, 2011, 10:42am CEST by guillerme
Cando cheguéi a casa do mitin de Vigo, miréi a ver se a Xunta Electoral Central «dictara sentenza» sobre as movilizacións. Tardaron horas para concluir o que concluiron. Teño que dicer que non me parece ben a decisión de prohibir concentracións e movilizacións porque son a expresión dun dereito democrático que se está a obstaculizar. [...]
-
Posted: May 19, 2011, 10:43am CEST by guillerme
Xa non queda nada para rematar a campaña. Estamos na víspera do peche, mañá será o último acto antes das votacións do domingo 22 M. Un final marcado polas movilizacións da mocidade, dos indignados, cansados e fartos por tanto despropósito e falla de expectativas. É moi positivo movilizarse e rebelarse, máis parte desa ación é [...]
-
Posted: May 18, 2011, 12:37pm CEST by guillerme
Aquí estou de novo. Aí abaixo hai unha foto miña viaxando no coche. Pareceume moi oportuno inserila porque resume o que é unha campaña. Coche para un lado e para o outro a maior parte do tempo. Hai unha axenda que cumprir e tamén un pais que percorrer, o noso, Galiza. Así que a primeira [...]
-
Posted: May 17, 2011, 11:04am CEST by guillerme
Hoxe xa nen poño a data porque basicamente é o Día das Letras galegas. Unha xornada de homenaxes a Lois Pereiro e ao galego. Máis pídovos que fagades tamén un exercicio de reflexión pausado sobre o estado da nosa lingua. Sobre os ataques que o PP está a perpetrar desde a Xunta ao que é [...]
-
Posted: May 16, 2011, 10:48am CEST by guillerme
Vaia domingo que tiven! Movínme mais que os prezos. Ilustro a xornada cunhas fotiños: pola mañá en Vigo presentando o programa de medio ambiente. A mediodía estiven nun xantar con case 1.000 persoas. E pola tarde nun masivo mitin de Allariz. Máis a pesar do tute marchéi para a cama moi contente. Vin ambiente, vin [...]
-
Posted: May 15, 2011, 9:42am CEST by guillerme
Acabo de meterme no twitter para facer algunhas entradiñas. Pola mañá mentras almorzo á cando teño uns momentos de tranquilidade para twittear ou bloguear. Tamén aos mediodías pero hoxe hai mitin-xantar en Narón, co cal nada até a noite. Miréi a prensa, paréime nas enquisas e non está nada mal. Partindo da base de que [...]
-
Posted: May 14, 2011, 8:59am CEST by guillerme
Boas, aí van unha fotos do mitin de Ourense de onte á noite. Encántame o retrato no que se ven as bandeiras do BNG. Soe ser o momento final no que se erque a xente e sube a música. É emocionante. Logo podedes verme falando desde o atril, estou un pouco lonxe pero mellor así, [...]
-
Posted: May 13, 2011, 1:23pm CEST by guillerme
Hoxe reanudamos a campaña tras o día de loito de onte en memoria das vítimas e afectados polo terremoto de Lorca. Acabo de estar pola Praza de Santo Domingo en Lugo repartindo propaganda electoral do BNG. Que calor! Verdadeiramente abafante. Confeso que non levo moi ben estes calores imprevistos que máis ben parecen propios de [...]
-
Posted: May 12, 2011, 10:40am CEST by guillerme
Suspendemos os actos de campaña de hoxe xoves. É un día de loito, un día para amosar a nosa solidariedade cos habitantes de Lorca que nestes momentos sofren as terríbeis consecuencias do forte seísmo de onte pola tarde. Pensamos que é a mellor maneira de solidarizarnos coas familias das vítimas e con todas as persoas [...]
-
Posted: May 11, 2011, 1:17pm CEST by guillerme
Continúo viaxe no coche, sen lugar a dúbidas a miña primeira residencia neste tempo de campaña. Máis teño que dicer que hoxe me erguín na miña casiña de Pontevedra, alí durmín as poucas horas que me restaron desde que cheguéi da entrevista en Canal 24 que foi tarde, despois das 23 horas. Xa diredes que [...]
-
Posted: May 10, 2011, 4:29pm CEST by guillerme
Boas, xa levamos uns días de campaña percorrendo o pais. Conste que a min non me colle de novas, levo meses co coche para arriba e para abaixo vendo os problemas que ten Galiza. Precisamente esta mañá estiven con mariñeiros da confraría de Barallobre falando do estado da pesca. Malos tempos para a nosa frota [...]
-
Posted: May 5, 2011, 1:56pm CEST by guillerme
A escasas horas de comezar a campaña reanudo as miñas obrigas epistolares neste blog que, confeso, teño algo abandonado. Non se dá feito todo e estes meses me dediquei a patear o País, e a estar con moitísima xente, xente que en xeral o está a pasar mal cunha crise que os de abaixo non [...]
-
Posted: April 6, 2011, 5:34pm CEST by guillerme
O 26 de marzo reunímonos en Santiago de Compostela para celebrar a Convención Electoral Municipal do BNG. Alí demostramos a forza do BNG. Velaquí reproduzo a miña intervención neste foro. Compañeiros, compañeiras, boas tardes Moitas grazas a todos e todas por estar aquí, nesta Convención Nacional. Grazas polo voso compromiso e polo voso traballo. Non [...]
-
Posted: April 5, 2011, 4:56pm CEST by guillerme
Eis a declaración que lin, en nome do BNG, esta semana na praza do Obradoiro, en solidariedade co pobo xaponés e rexeitando a enerxía nuclear. O Bloque Nacionalista Galego quer reiterar hoxe a súa máis profunda solidariedade co pobo xaponés ante a enorme traxedia humana que o afecta desde o pasado 11 de marzo. A [...]
-
O nacionalismo sempre foi unha forma de ollar o mundo desde Galiza. Sempre tivemos posición sobre os temas que máis preocupan á Humanidade. Non podía ser doutro xeito: defender a propia Terra é a mellor forma de defender a Humanidade. Estes días a axenda política mundial está marcada por dous acontecimentos de extraordinaria envergadura: a [...]
-
Posted: March 7, 2011, 9:40am CET by guillerme
Comeza unha semana moi importante para as e os que defendemos un futuro distinto para o noso País. É a semana da manifestación do 13-M que convocamos conxuntamente BNG e CIG baixo o lema de Galiza ten Dereito, en defensa do Aforro, o Emprego e o País. Unha mobilización que ten como obxectivo pór en [...]
-
O BNG non naceu para aceptar mansamente as políticas que se nos impoñen desde fóra. O BNG naceu para transformar as cousas e para pormos o País no lugar que lle corresponde, no Estado, en Europa e no mundo. Crédeme que non exaxero si digo que Galiza atravesa unha situación de emerxencia. A intensidade dos [...]
-
Estamos en plena batalla política para salvar o aforro galego. Batalla política, si, porque isto vai de política, isto non ten nada que ver nin con cuestións técnicas nin con cuestións económicas. Aquí hai unha decisión política do Goberno do Estado que consiste, en primeiro termo, en dinamitar as competencias exclusivas de Galiza en materia [...]
-
De seguido podedes ler a miña intervención no acto en homenaxe a Castelao o 7 de xaneiro deste ano en Rianxo, data na que lle rendemos homenaxe polo seu cabodano. 7 Xaneiro 2011 Compañeiras/os Grazas por estar aquí, neste acto co que o BNG rende homenaxe a Castelao, do único xeito posíbel, reafirmando o noso [...]
-
Nunca será suficiente todo o que fagamos as galegas e os galegos de hoxe para honrarmos a memoria de Castelao. Pero a memoria non petrificada, ollo, senón a memoria para a acción. O mellor do legado de Castelao é que conserva toda a súa vixencia e é dunha modernidade abraiante. A Castelao outros intentan momificalo [...]
-
A verdade é que veñen por terra, mar e ar. Foron a polos nosos dereitos laborais (abaratando o despedimento) e agora van a polas nosas pensións e a pola caixa galega (ou sexa, polos aforros das galegas e dos galegos). É unha ofensiva antisocial e antigalega sen precedentes e que hai que parar porque, do [...]
-
Estes días teño utilizado a expresión «os amos do universo», alcuñada no seu día polo escritor norteamericano Tom Wolfe na súa novela A Fogueira das Vaidades, para referirme aos poderosos que gobernan o mundo. É ben mellor chamarlles así que chamarlles «os mercados». «Os mercados» é unha expresión abstracta e trampulleira, unha cortina de fume. [...]
-
Reprodúcese, a seguir, a conferencia que impartín na Arrupe Etxea de Bilbo baixo o título de “A crise da globalización. A visión do nacionalismo galego”. A charla foi apresentada por Patxi Zabaleta, o coordenador xeral de Aralar. O nacionalismo é sempre unha forma de ver o mundo desde a propia nación. É, polo tanto, unha [...]
-
Achégovos a íntegra do discurso que pronunciei o xoves 14 de Outubro na Coruña, na palestra do Forum Tribuna Europa: Comezarei cos agradecementos: ao Foro Nova Economía polo seu convite, a todas e a todos por estardes neste acto e a Xosé Manuel Carril pola súa amábel presentación. Vivimos tempos complexos. Tempos cambiantes, difíciles. Tamén [...]
-
Ola a todas e todos! O pasado sábado tiven a honra de clausurar as xornadas que a Fundación Galiza Sempre organizou en Santiago sob o títulod e A Crise e o futuro de Europa. A perspectiva dos pobos. Achégovos aquí o contido literal da miña intervención: Amigas e amigos É para min unha honra intervir [...]
-
Os medios pedíronme hoxe un prognóstico sobre o grao de seguimento da folga xeral. Díxenlles que non teño unha bola de cristal. Engado aquí que o que si vexo é moita receptividade social ás nosas propostas. E o que si podo afirmar é que claro que é posíbel unha folga exitosa. Xa as houbo no [...]
-
Posted: July 29, 2010, 6:01pm CEST by guillerme
A verdade é que o 25 de Xullo me deixou un moi bon sabor de boca. Foi unha nova demostración de que un importante sector do noso pobo non está disposto a comungar con rodas de muíño nen a escoitar os cantos de serea daqueles que, de os deixarmos, acabarían por levar o barco contra [...]
-
Posted: July 2, 2010, 10:29am CEST by guillerme
Uf, levo non sei cantos días sen escribir unhas letras neste caderno. Non sei que dicir no meu descargo. A verdade é que estes días non parei, de aquí para alí, fixen unha chea de cousas, moito activismo político e moito contacto coa sociedade, e iso non sempre che deixa marxe para porte a escribir. [...]
-
Posted: June 18, 2010, 12:00pm CEST by guillerme
Estes días pergúntame moita xente, e algúns xornalistas, se realmente hai alternativa ás políticas económicas que se ditan desde Alemaña e que se aplican sumisamente por parte dos gobernos de Madrid (PSOE) e Santiago (PP). E claro que a hai. Por dicilo dalgunha maneira, é que se pensásemos que non a hai, teríamos que concluír [...]
-
Posted: June 14, 2010, 8:29pm CEST by guillerme
Hoxe, na entrevista da TVE en Galiza, o xornalista Xabier Fortes perguntoume sobre a crecente desafección que senten os cidadáns a respecto da política. Paréceme un gran tema. Contesteille que estamos ante un certo intento dalgúns poderes por deslexitimar a propia democracia e mencioneille a miña inquietude porque desde determinados sectores se axite a idea [...]
-
Posted: June 12, 2010, 6:27pm CEST by guillerme
Onte estiven con produtores de leite. Cada vez fican menos. Son capaces de producir leite de calidade e a prezos moi competitivos. Gastaron o que non tiñan (ou sexa, que se endebedaron) para modernizar as explotacións e para as adaptar ás esixencias de Bruxelas ou Madrid. Por que van quedando menos? Porque non hai políticas [...]
-
Posted: June 11, 2010, 9:19am CEST by guillerme
Estes días veño utilizando un termo que considero non só útil, senón modernísimo, se por modernísimo entendemos o que é actual, o que lle convén ao momento que vivimos. O termo é Rebelión. E contrápoñoo a unha alternativa que por suposto non considero nen útil nen modernísima: a sumisión. Non é útil para as maiorías [...]
-
Posted: June 11, 2010, 9:09am CEST by guillerme
Déixovos aquí o meu primeiro discurso como Portavoz Nacional do BNG pronunciado na clausura da última Asemblea Nacional do mes de maio de 2009
-
Posted: June 11, 2010, 8:07am CEST by guillerme
Aquí estou. Acabo de saber que a isto, a este pequeno escrito, chámaselle post, palabra inglesa, of course. Pois aquí estamos, escribindo as primeiras palabras, o primeiro post, neste blog, ao tempo que tamén me estreo nas redes sociais, Facebook e Twitter. Por que o fago? No fondo, porque se un está en política está [...]