-
Cambre, 31 de maio de 2008.- Xa o comentei onte, á voz de : “levántase a sesión”, volta á normalidade. E tal cal, hoxe o Alcalde xoga ao Dominó nese trofeo montado por el e que pagamos todos e, a concelleira de Medioambiente aparece na prensa anunciando a semana “Ecocambre-08”. Por fin oposición está calada [...]
-
Cambre, 30 de maio de 2008.- Onte tivemos pleno, si, xa me refería a el na anterior entrada. Hoxe, diante do teclado, teño sensacións contraditorias. Que pasou realmente? Cales son as conclusións que poden tirar os asistentes? Realmente, de que serviu?
Unha nova demostración de debilidade e incapacidade dun goberno que non goberna. Unha vez máis, [...]
-
Cambre, 29 de maio de 2008.- É un día importante para o Concello. Temos Pleno Ordinario e, moitos son os asuntos que merecen reflexión e que debateremos á tardiña. Levo días traballando neles cos meus compañeiros do grupo municipal e, tiña pensado dedicarlles unhas notas. Pero algo me fixo cambiar de planes. Ademais, a información [...]
-
Cambre, 28 de maio de 2008.-Xa pasou un ano. Acabamos de cumprir un ano desde as eleccións municipais. Daquela, por estas datas aínda estabamos dándolle voltas ás explicacións necesarias. E que rápido pasou¡ Non sei se máis que do cambio climático que tanto se fala, non habería que centrarse no cambio cronolóxico, os anos de [...]
-
Cambre, 20 de maio de 2008.- O PP ten un problema en Cambre –como se non tivera poucos por todas partes¡- hai tempo que necesita un compás, non sabe onde vai. E claro, tenta camuflar a súa falla de orientación, facendo movementos en círculo, por certo, ben pequenos, para dar a sensación de que se [...]
-
Cambre, 16 de maio de 2008.- Había tempo que o quería intentar. A verdade é que buscar o momento supón, ás veces, unha misión imposíbel pero, desta, vai seguro. E aquí estou, para poñer en común reflexións e comentarios sobre as cousas que me preocupan, e me ocupan. Saúdo, pois, a navegantes.
Aínda que xa [...]