-
A Xunta de Galiza do señor Feijóo comezou a enviar aos colexios a enquisa que en teoría ten como propósito inquirir a pais e nais sobre en que lingua prefiren que lles sexa impartido o ensino aos seus fillos e fillas. Estamos perante unha auténtica consulta-trampa coa que o Goberno do señor Feijóo pretende dotarse [...]
-
Elexir aos representantes mediante o voto é un dos principais dereitos cidadáns. O próximo día 7 de xuño estaremos novamente diante dunha cita coas urnas para escoller, desta volta, aos representantes do pobo galego no Parlamento Europeo. Non son pois, estas eleccións, as primarias dunhas eleccións xerais nin un referendo sobre a política do Goberno [...]
-
Volveu o alcalde de Lugo dunha viaxe dunha semana a Washington, imitando aos grandes mandatarios mundiais que asisten a grandes cumios internacionais tipo G-20. Chama cando menos a atención aos lugueses e luguesas esta nova excursión diplomática do alcalde de Lugo, que nos últimos anos afeccionouse sobre maneira a ampliar fronteiras do seu negociado fóra [...]
-
Esta véspera do 1 de maio é unha das máis duras que lle toca vivir a miles de familias ás que a recesión económica está castigando de forma cruel. A capacidade de destruír empregos da nosa economía fai que esta crise non sexa comparable con ningunha outra que teñamos vivido.
A escombreira na que se convertiron [...]
-
Hoxe será investido novo presidente da Xunta o señor Feijóo. Volve pois a dereita a gobernar este país e máis alá de que isto supoña, ao meu xuizo, ver truncado o camiño de transformación e modernización do país iniciado polo BNG no anterior Goberno, con medidas verdadeiramente valentes e positivas en moitos eidos, como o [...]
-
Estamos ás portas da Semana Santa e é este sempre un bo momento para reflexionar sobre o papel outorgado á relixión na nosa sociedade e sobre os privilexios dos que desfruta a Igrexa Católica no Estado español. E penso que é ademais oportuno facelo despois do acontecido nas últimas semanas en cuestións como o aborto, [...]
-
Hai unha guerra aberta neste momento entre o Partido Popular e o Goberno de Orozco a conta do conflito da Policía Local. Esta guerra política non aporta nada positivo nin resolve o problema da Policía Local. Por iso o BNG quixo manterse á marxe en todo este tempo, mais a nosa postura é ben clara:
1.- [...]
-
É o aborto un delito? O Bloque Nacionalista Galego sempre reclamou a despenalización do aborto e a aprobación dunha lei de prazos que o regule con claridade e sen ambaxes e outorgue á muller o dereiro á interrupción voluntaria do seu embarazo. Na anterior lexislatura o BNG xa presentou iniciativas a prol do recoñecemento do [...]
-
Á vista dos resultados das eleccións do domingo, imponse unha reflexión serea que nos axude a entender os motivos que levaron a que Galiza votase polo cambio de goberno dunha maneira tan notoria. O BNG perdeu as eleccións, constatando unha doenza crónica que levamos sufrindo desde hai anos e que nos levou a ir perdendo [...]
-
O 1 de marzo todos os galegos e galegas temos a oportunidade de tomar a decisión, posiblemente, de máis calado social en catro anos: decidiremos quen e cómo queremos que se goberne a nosa terra, Galicia. Todas as ideoloxías e as formas de entender a política están representadas. Só falta tomar a decisión.
Pero non acaba [...]
-
A ponte sobre o río Miño volve reaparecer. É unha desas infraestruturas intermitente, que volve cada vez que hai eleccions. E esta vez volveu ao grande, con ministra incluída. Está ben volver saber algo da nova ponte de Lugo aínda que sexa, xa digo, a 15 días dunhas eleccións. A lástima é que desta volta [...]
-
Intervención do BNG no Pleno de aprobación provisional do Plan Xeral (23-1-09):
INTERVENCIÓN DE PAZ ABRAIRA NO PLENO DE APROBACIÓN PROVISIONAL DO PXOM (23-1-09)
Levamos xa máis de dez anos de tramitación da revisión do Plan Xeral, e nestes 10 anos aconteceu de todo.
Partimos dun proceso no que non se tiveron en conta os criterios do Avance, [...]
-
Encetamos o ano 2009 no Concello de Lugo e entramos de cheo no ecuador xa deste mandato. Por iso, como cada primeiro de ano, é bo momento para fixar obxectivos e prioridades de cara ao periodo que comeza, mais tamén para botar a vista atrás e facer un balance necesario do 2008 que remata.
O ano [...]
-
O Goberno central ven de aprobar un novo fondo excepcional anticrise, desta volta para que os Concellos poidan facer obras, dotado con 8.000 millóns de euros. A medida consiste nun impulso urxente á contratación de obra pública nun tempo no que a caída da demanda privada pón en perigo a continuidade de moitas empresas.
Dese fondo [...]
-
Unha forza política útil é aquela que dá solucións aos problemas do país. O Bloque Nacionalista Galego serve a Galiza, e por iso, diante da actual situación de crise económica, queremos aportar solucións e alternativas pensadas dende Galiza para os problemas de Galiza. Vou tentar explicarvos neste artigo en que consisten [...]
-
Darío Cobas Fernández leva 18 anos morto. Morreu na Arxentina o 15 de agosto de 1990 pero segue votando puntualmente en cada proceso electoral. Vota nas eleccións xerais, nas autonómicas e mesmo nas municipais. A súa foi unha das 4 partidas de defunción que chegaron á Xunta Electoral de Lugo nas pasadas eleccións Xerais xunto [...]
-
INTERVENCIÓN NO DEBATE PLENARIO DA CUESTIÓN DE CONFIANZA
Lugo, 10 de novembro de 2008
Boas tardes
Grazas señor Alcalde,
Comezarei en nome do Bloque Nacionalista Galego a miña intervención dicindo que non é do agrado do Bloque Nacionalista Galego ter chegado a esta situación. Coido que os cidadáns de Lugo nos esixen aos seus representantes políticos responsabilidade e sentido [...]
-
Anda estes días o Goberno de Orozco tentando confundir aos cidadáns cunha cuestión clave para a cidade como son os Orzamentos Municipais para 2009. O BNG fixo unha proposta seria e rigorosa para mellorar os Orzamentos que propón o Goberno en minoría do PSOE e que vou tentar explicar e detallar neste artigo.
A grandes rasgos [...]
-
Convocounos o Goberno municipal a unha xuntanza mañá venres para falar dos Orzamentos do vindeiro ano. Anda preocupado Orozco porque sabe que por si só, na súa situación de minoría, non pode sacar adiante o proxecto económico máis importante do ano. Pero para iso, Orozco ten que ter presente que é bo rectificar. Porque a [...]
-
A Policía Local está para dar seguridade aos cidadáns, non para crear xusto o contrario. Parece un axioma de perogrullo, pero convén lembralo no caso de Lugo dadas as actuais circunstancias e antecedentes. Sentada esta máxima como base, pasaremos a debullar polo miúdo un conflito laboral entre policías e o Goberno municipal que dura xa [...]
-
Este luns celebrouse no Concello o primeiro Debate sobre o Estado da Cidade e resultou, ao meu xuízo, bastante decepcionante. Decepcionante porque o alcalde quixo convertelo nun Monólogo sobre o Estado da Cidade. Interviu durante máis de dúas horas e só deu 25 minutos aos grupos da oposición. E decepcionante porque nesas dúas horas Orozco [...]
-
Cando rexurde, como o fixo estes días con forza, a preocupación polo estado do tren na nosa provincia, sería interesante facer historia, porque ás veces a historia repítese, e ver como se chegou á situación de abandono, agardo que reversible, na que nos atopamos. Remóntandonos aos comezos, á instauración do ferrocarril como medio de transporte, cómpre [...]
-
A volta ao cole xa se deixa notar estes días na cidade. Carteiras novas, libros sen estrenar e algunha que outra asignatura pendente dende que a LOGSE socialista deu vía libre a aquilo de pasar con suspensos. O curso, tamén o político, tráenos caras novas á aula. No Concello comezan María Novo e Rosana Rielo, [...]
-
En Grecia naceron dúas manifestacións de gran transcendencia na sociedade contemporánea: a democracia e os xogos olímpicos. As dúas son mostras senlleiras da capacidade humana por mellorar: a política ten como misión mellorar o espazo público coa necesaria e difícil xestión; o deporte ten como misión mellorar a saúde física do organismo que nos acompaña [...]
-
Ao pasear estes días pola cidade, confirmo unha sospeita que viña matinando nestes últimos meses: en cuestión de turismo, Lugo ten aínda moito por facer. Tanto a cidade como a provincia teñen un enorme potencial que moitas veces os propios lugueses descoñecemos por falta de promoción, algo que se agrava se pensamos na xente de [...]
-
El Progreso cumpre hoxe un século de vida. Penso que é un feito relevante e quero felicitar de maneira sincera ao xornal e aos seus traballadores. E quero, como agasallo, transcribirvos a continuación o discurso que en nome do Bloque Nacionalista Galego lin o pasado mes de xuño na sesión plenaria na que lle foi [...]
-
O anuncio feito esta semana polo alcalde de Lugo, como medida para paliar a actual crise económica, de non subirlle o soldo aos seus concelleiros o vindeiro ano (neste momento o salario do alcalde de Lugo é de 4.590 euros ao mes por 14 pagas e o dos seus concelleiros de 3.411 euros ao mes) [...]
-
Cun ano transcorrido dende as últimas eleccións municipais afrontamos neste momento na cidade de Lugo a primeira crise de goberno. Pero neste caso a utilización do termo vai moito máis aló da definición que na tradición democrática se dá de crise de goberno para referirse a un periodo de cambio dentro dun Executivo sen que [...]
-
No Bloque Nacionalista Galego de Lugo vimos de recuperar O Cantiño, a publicación que xa editamos nunha etapa anterior, concretamente de 1995 a 2003. O novo formato, a toda cor, foi presentado o pasado martes nun acto público na Galería Sargadelos no que a compañeira Paz Abraira e o responsable local do BNG en Lugo, Xosé Lois Devesa, fixeron [...]
-
Coa creación do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, o Goberno da Xunta está a levar a cabo un ambicioso proxecto en materia de servizos sociais en Galiza baseado na colaboración entre administracións. Esta fórmula está posibilitando a creación dunha ampla rede de centros de día e escolas infantís ao longo da nosa xeografía. Lugo, [...]
-
No capítulo de hoxe: China
No capítulo anterior: Santo Domingo
E no anterior ao anterior: Arxentina
O noso Willy Fog presumía no mandato anterior de pasear polos barrios de Lugo… Agora parece que prefire pasear polo mundo. Saiunos un alcalde viaxeiro: viaxe de negocios a Bos Aires, viaxe solidaria ao Caribe e agora viaxe diplomática, de irmanamento entre [...]
-
Hai un tempo alguén me dixo que na provincia de Lugo estaban as dúas rotondas máis grandes de Europa: a de Viveiro, que ten a ría no medio, e a de Lugo, que ten unha muralla romana de máis de dous quilómetros de longo a modo de escultura central. E tiña razón, porque hoxe a [...]
-
Onte vendo o partido pola noite pensei que tamén Orozco está ante un dilema, coma o entrenador da selección española diante da Eurocopa. Luís Aragonés non atopa substituto para Raúl e no Concello pasa algo parecido. Está Orozco e os seus once, pero agora parece que non hai quen meta goles no equipo. O dianteiro [...]
-
Os Plenos volven ser o centro da vida política en Lugo. Despois de catro anos de soneca, o Salón de Plenos espertou con forza coa perda da maioría absoluta do PSOE convertido agora de novo no foro de debate e discusión dos asuntos de interese na cidade. Onte no Pleno volveu quedar patente. Ducias de [...]
-
Levanteime esta mañá pensando en que seguramente un bo simil para describir a actual situación política no Concello de Lugo e a actitude e comportamento de cada unha das tres forzas políticas que temos representación no Concello era botar man dos meus recordos de nenez. Eu que me criei co meu tio cura en Candai e [...]
-
Lugo converteuse, logo das últimas eleccións municipais, na única cidade galega cun goberno en minoría, inestable e débil. Cúmprese agora pois o primeiro cabodano do Goberno en minoría de Orozco cun balance novamente desalentador, porque o Goberno municipal foi neste primeiro ano de mandato un Goberno paralizado e inoperante.
Todos os grandes proxectos seguen parados ou [...]
-
Propóñome neste artigo pór sobre a mesa todos os datos e antecedentes para poder valorar, na busca dunha solución, a actual situación creada no barrio da Ponte.
Para tentar clarificar o ocorrido coa adxudicación das vivendas sociais da rúa Fermín Rivera cómpre comezar aclarando que o expedente data do ano 2002. É decir, que foi o [...]
-
Constitución Española Título primeiro (Dereitos e deberes fundamentais) Capítulo terceiro (Principios rectores da política social e económica) Artigo 47: “Todos os cidadáns teñen dereito a unha vivenda digna, os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito”.
A pregunta é sinxela: ¿estamos dispostos a facer efectivo este artigo [...]
-
Prezado blogueiro / prezada blogueira,
Volvo de novo á rede retomando este caderno que encetara hai xa máis dun ano. E volvo coa intención de que todos e todas vós tamén teñades neste blog un espazo aberto onde falar dos problemas da cidade e doutros, do tema que sexa, que gostemos (vós e máis eu) de introducir aquí.
Pretendo [...]