O anuncio feito esta semana polo alcalde de Lugo, como medida para paliar a actual crise económica, de non subirlle o soldo aos seus concelleiros o vindeiro ano (neste momento o salario do alcalde de Lugo é de 4.590 euros ao mes por 14 pagas e o dos seus concelleiros de 3.411 euros ao mes) [...]
Cun ano transcorrido dende as últimas eleccións municipais afrontamos neste momento na cidade de Lugo a primeira crise de goberno. Pero neste caso a utilización do termo vai moito máis aló da definición que na tradición democrática se dá de crise de goberno para referirse a un periodo de cambio dentro dun Executivo sen que [...]