-
Posted: June 30, 2008, 10:53am CEST by pazabraira
Hoxe ás 5 da tarde temos o último pleno antes do verán. É o do mes de xullo, que se celebra cunha semana de antelación. Nel imos tratar unha serie de temas que son importantes para os veciños e veciñas de Lugo. Nós levamos dúas mocións a pleno de marcado carácter social. Unha para reclamarlle [...]
-
Posted: June 27, 2008, 12:22pm CEST by pazabraira
Hoxe rexistramos unha solicitude na que pedimos que se convoque unha Comisión de Pleneamento para que o alcalde e o PSOE nos expliquen porque se sigue atrasando o Plan Xeral. Os 3 grupos políticos acordamos no seu momento un calendario que determinaba que xa o día 18 de xuño, -é dicir, fai máis dunha semana-, [...]
-
Posted: June 26, 2008, 10:41am CEST by pazabraira
Hoxe sae na Voz que empresarios do Ceao protestan polas obras de acceso ao núcleo de Mazoi. Antes estes veciños accedían ás súas vivendas atravesando a vía ferrea, e estáselles habilitando un novo paso con ponte incluida para salvar o ferrocarril. Pero para facelo resulta que un vial do CEAO que tiña 16 metros agora [...]
-
Posted: June 25, 2008, 10:58am CEST by pazabraira
Neste concello todo é unha desorde, un descontrol. Onte saía publicado na Voz de Galicia que os expedientes urbanísticos non collen no arquivo e que andan ciscados por debaixo das escaleiras da planta alta do concello e hoxe o goberno sae dicindo que xa van resolver o problema cuns novos andeis, pero xa recoñecen que [...]
-
Posted: June 24, 2008, 10:30am CEST by pazabraira
Anda Quintana negociando transferencias pendentes por Madrid. Onte logrou varias transferencias necesarias para este país, para avanzar no noso autogoberno e para mellorar as condicións de vida de galegos e galegas. E coma sempre no Estado poñen trabas. Que se as cousas son difíciles, que se hai temas en conflito, que se non están dacordo [...]
-
Posted: June 23, 2008, 12:18pm CEST by pazabraira
Xa remata o mes de xuño e en Lugo seguen paradas moitas cousas. Seguimos sen Plan Xeral (e non sabemos cando o imos ter), seguimos sen autovías, seguimos sen AVE e sen ferrocarril de cercanías, seguimos sen galescolas polos caprichos deste alcalde, Lugo segue sen nova ponte, sen auditorio,…
Pero, iso si, a cambio temos accidentes [...]
-
Posted: June 20, 2008, 10:05am CEST by pazabraira
Acaba a semana igual que a empezamos, sen grandes acontecementos no Concello. As únicas novidades importantes son negativas: non chegou a documentación do Plan Xeral, cousa xa que non sorprende a ninguén.
Aínda que tamén chegou o anuncio de que o Concello non quere poñer os cartos que lle corresponden para poder soterrar a liña de [...]
-
Teño que volver falar do Plan Xeral. Teño que facelo porque onte tiña que chegar ao Concello o documento definitivo que lle hai que enviar á Consellería de Cultura, a Estradas de Galiza e do Estado e a Confederación Hidrográfica do Norte, para que emitan os seus informes. Uns informes que son obrigatorios e que [...]
-
Posted: June 18, 2008, 10:06am CEST by pazabraira
Lucíuse o concelleiro de urbanismo, o Sr. Liñares na resposta que me deu a unha solicitude de información. Pedinlle que se me indicasen as licencias que se presentaron desde o 11 de febreiro, data na que se levantou a suspensión pola tramitación do Plan Xeral. Pedín esta información porque é necesaria para saber como lle [...]
-
Posted: June 17, 2008, 10:24am CEST by pazabraira
Aparece na prensa que veciños da parroquia de Coeo se queixaron pola pretensión da empresa que vai realizar as obras da nova autovía a Santiago de crear dunhas grandes escombreiras de materiais sobrantes (terra fundamentalmente) nunha zona de elevado valor ambiental e agrario. Unha delas pretendían situala sobre unha masa de carballos autóctonos.
Parece mentira que [...]
-
Posted: June 16, 2008, 10:19am CEST by pazabraira
Esta vai ser unha semana tranquila no concello. Vai ser tranquila porque o día 18, Orozco e compañía marchan para China nesa macroexpedición comercial e cultural que seica vai resolver todos os problemas de Lugo. Mentres tanto nós quedarémonos aquí e seguiremos traballando porque ese mesmo día ten que chegar ao concello toda a documentación [...]
-
Posted: June 13, 2008, 10:32am CEST by pazabraira
Seica no concello de Lugo había superávit. Díxoo o alcalde non fai moito. Pero agora resulta que non hai cartos para poder soterrar a liña de alta tensión (LAT) que vai levar a enerxía ao novo hospital.
Os veciños e as veciñas das parroquias afectadas presentaron alegacións porque non queren que a LAT pase tan cerca [...]
-
Posted: June 12, 2008, 11:08am CEST by pazabraira
Estes días púxose de actualidade unha polémica ficticia sobre o uso do topónimo do noso país. Desde logo eu non vou renunciar a chamarlle a Galiza como sempre lle chamei: Galiza. O uso deste topónimo axústase estritamente á lei, á normativa lingüística, que permite referirse ao país como Galiza, por ser a forma maioritaria medieval [...]
-
Posted: June 11, 2008, 10:22am CEST by pazabraira
Hoxe vexo con sorpresa que no Plan Director de Infraestruturas da Conselaría de Política Territorial non figura a Ronda Leste, por estar considerada unha via urbana. Si figura sen embargo a Variante Oeste. Hai cousas que me chaman moito a atención, e esta é unha delas. Chámame a atención que se considere prioritaria unha via [...]
-
Posted: June 10, 2008, 10:16am CEST by pazabraira
Hoxe sae en todos os medios de comunicación anunciado o novo Plan Director de Estradas, elaborado pola Consellaría de Política Territorial. Nel figura a denominada variante oeste, autovía de enlace entre a A-6 e a autovía a Santiago.
Resulta curioso que de repente se considere necesaria unha infraestrutura que realmente xa ten un trazado paralelo e [...]
-
Posted: June 9, 2008, 10:09am CEST by pazabraira
O día 18 de xuño ten que chegar ao Concello o novo Plan Xeral para remitirllo á Consellaría de Cultura, a Estradas de Galiza e do Estado e á Confederación Hidrográfica do Norte. Ese mesmo día o alcalde marcha para China nesa viaxe institucional que ten organizada.
Eu xa pedín nas reunións que cando chegue o [...]
-
Posted: June 6, 2008, 10:30am CEST by pazabraira
Hoxe non podo evitar escribir sobre o AVE, ese mito do que levamos décadas falando en Galiza e tamén en Lugo. Onte a Ministra de Fomento, no Congreso, a preguntas do BNG, nin sequera se dignou a confirmar nada de que fose chegar ao noso país no 2012 e sen embargo Orozco segue insistindo en [...]
-
Posted: June 5, 2008, 9:52am CEST by pazabraira
Onte tivemos reunión do Plan Xeral co goberno municipal e coas redactoras. Foi a última, e nela quedou moi claro que PSOE e PP chegaron a un acordo para aprobar o PXOM. Un acordo que o BNG non vai suscribir porque desde logo este documento non cumpre as nosas expectativas nin as dos veciños e [...]
-
Posted: June 3, 2008, 10:13am CEST by pazabraira
Xa pasou un pleno máis no concello, e nel tivemos que aturar, como xa é habitual, a falta de seriedade e rigor deste goberno municipal. O BNG presentou unha iniciativa a petición dos veciños e veciñas de Esperante, Piugos e Soñar e da organización ecoloxista Adega, na que pedíamos que se modificase o enlace previsto [...]
-
Posted: June 2, 2008, 10:10am CEST by pazabraira
Durante a campaña das Xerais, o BNG puxo riba da mesa, en numerosas ocasións, datos que eran e son irrefutábeis. Diciamos que os lucenses temos que destinar practicamente o 50% do noso salario a pagar a hipoteca. E despois pagar facturas, comer cada día, encher o depósito,… actividades normais no día a día. Hoxe a [...]