-
A policía local de Lugo leva cun conflicto aberto moitos anos, conflicto que se recrudeceu nos últimos meses nos que a situación xa se fixo insostíbel. O meu compañeiro e portavoz municipal, Xose Anxo Laxe, fixo públicos onte unha serie de datos que son moi claros. Esta cidade padece un total caos de tráfico, non [...]
-
Esta fin de semana o Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana e o Portavoz no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, indicaron que de non haber modificacións nos orzamentos do Estado, o BNG non os vai apoiar.
Non podemos prestarlle o noso apoio a unhas contas que non garantizan o investimento no noso País, pois aínda que [...]
-
Onte celebrouse unha comisión de tráfico na que se analisou a seguridade vial no concello. Os últimos atropelos producidos en distintas rúas, en ocasións en pasos de peóns, puxeron de manifesto a necesidade de mellorar a regulación do tráfico na cidade. Entre outras cousas acordaron poñer radares na Ronda para reducir a velocidade, pois é [...]
-
Onte a Ministra de Fomento, Magdalena a magnífica, díxolle ao portavoz do BNG no Congreso que era difícil reutilizar as vias que van quedar libres pola entrada en funcionamento do AVE para o ferrocarril de cercanías. Jorquera insistiulle na necesidade que tén o noso país de contar cunha compañiá ferroviaria galega que poña en marcha [...]
-
Este luns estiveron en Lugo o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e a conselleira de Vivenda, Tereixa Taboas. Os dous son nacionalistas e, mal que lle pese a Orozco, presentaron un proxecto de vivenda protexida para Garabolos que é a envexa de calquera cidade. Vanse construir máis de 800 vivendas con distintos tipo de protección, [...]
-
Case parece que Lugo é unha nación que precisa dun debate sobre o seu Estado. A Lei de Grandes Cidades permite facer este tipo de cousas: debates nos que o alcalde tén tempo ilimitado (onte falou durante case dúas horas) e a oposición tén 15 minutos e despois 10 de réplica. Xa se ve que [...]
-
Na rúa López Guntín había un tampón urbanístico que se derrubou non fai moito. Tiraron coa casa que impedía o acceso á rúa desde Lamas de Prado e…máis nada. O concello asfaltou o tramo de rúa no que estaba a casa que se tirou e non fixo nada máis. Nin pintou os aparcadoiros, nin mellorou [...]
-
A Ordenanza Municipal de Parques, Xardíns e Arboredo Urbano contempla a posibilidade de crear o Catálogo Municipal de Árbores Singulares co obxecto de preservar e poñer en valor todas as especies vexetais sobresaintes do municipio.
En Lugo estamos afeitos a que se talen carballeiras para levantar edificios e ao seu lado, se faga un novo xardín. [...]
-
Onte o portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, interpelou ao Presidente do Goberno sobre o uso do galego na administración central, poñendo como exemplos a negativa de corpos como a Garda Civil e o Exército a aceitar certificados de estudos emitidos en galego, a ausencia total do seu uso por parte da xustiza, a [...]
-
Onte o goberno municipal foi visitar as obras do Plan Paradai. Os veciños seica estaban moi contentos. É normal que anden contentos despois de 15 anos nos que non se fixo nada. Mágoa que só lles preguntasen aos que non están afectadas polo desdobramento de Duquesa de Lugo. Mágoa porque seguramente estes, os que viven [...]
-
Xa se achega outubro e nesta época sempre toca falar de orzamentos. Orzamentos do concello, orzamentos da Xunta e orzamentos do Estado. No caso do concello empezouse co debate das taxas e impostos. Orozco quere facernos crer que algunha das súas propostas de conxelación impositiva van ser a solución para a crise que tamén nos [...]
-
En Lugo cada día se ve peor cine. As salas que se manteñen abertas só emiten cine comercial, nada de cine social, nada de cine alternativo, nada de cine que non sexa americano. Por iso se agradece tanto a semana de cine de autor. Porque nos permite ver o cine que se fai noutros paises, [...]
-
As obras nesta cidade parece que empezan sempre tarde e que nunca dan acabado. É o que pasa coas que andan facendo en Mar Cantábrico. Eu paso por alí case todos os días e de verdade que son para desesperarse. Levamos todo o verán coa rúa cortada, non se sabe moi ben porque, e agora [...]
-
Seguimos ás voltas co tren. Está claro que esta é a súa semana. Agora incluso os medios de comunicación se fan eco das graves carencias ferroviarias que ten lugo. Menos mal! Porque a única maneira de ganar as batallas e dándoas. Se abandonamos a reclamación dun tren de cercanías galego, se non pedimos unha conexión [...]
-
Onte dixémoslle ao PP que se quere unidade política para mellorar o ferrocarril en Lugo que aposte, como o fai o BNG, pola creación dunha compañía ferroviaria galega que xestione o ferrocarril de cercanías e a conexión entre as cidades galegas.
E mentres nós facemos esta proposta, o PP e o PSOE enléanse na súa batalla [...]
-
Imos pedir o desdobramento da Ronda Norte para darlle servizo ao novo polígono industrial das Gándaras e tamén ao novo hospital, pois esta via enlaza na Campiña coa Ronda Leste, principal acceso a esta infraestrutura sanitaria.
A entrada en funcionamento do novo polígono industrial das Gándaras está prevista para finais do ano que vén, polo que [...]
-
Chega o outono tamén ao concello de Lugo e con el o Concelleiro de Medio Ambiente parece outro. Non sei se será polo cambio de estación que se aveciña ou polas novas responsabilidades que asumíu, pero parece outro. Agora é ben rara a semana na que non anuncia unha obra ou non presenta unha actuación. [...]
-
Hoxe mantiven unha reunión con representantes da organización ecoloxista Adega na que analisamos a situación do ferrocarril en Lugo. É este un tema do que falamos con frecuencia e que lamentabelmente volve a estar de actualidade.
Moléstanme os xogos interesados neste asunto. Moléstame que os representantes dos partidos estatais só se sumen ás demandas cando non [...]
-
Dicir que Lugo ten un ferrocarril terceiromundista non é dicir nada novo. O BNG leva moitos anos denunciando as actuacións de Renfe e do Goberno do Estado nesta materia e o PSOE e o PP súmanse cando non teñen responsabilidades de goberno. Porque cando as teñen, uns e outros deixan a esta provincia e a [...]
-
O pleno de onte foi o das estreas. Estreouse o novo concelleiro da zona rural e a nova delegada (que non concelleira) de urbanismo. A mágoa é que no pleno tivemos máis do mesmo: prepotencia, chulería, despotismo e poucas ganas de traballar por parte do alcalde e do seu equipo.
María Novo, a delegada de urbanismo, [...]
-
Empezamos novo curso político con pleno no Concello. Esta tarde estréase a nova responsábel (concelleira non electa) de urbanismo, María Novo, quen lle vai ter que dicir aos cidadáns de Lugo se vai ser a voz do seu alcalde (até o momento non fixo outra cousa como delegada) ou vai ter algo de iniciativa propia. [...]