Estes días apareceu na prensa unha información sobre a sinatura dun «Pacto entre cabaleiros» [www.laopinioncoruna.es] .
Como poden ver na nota, o BNG non asinou este pacto e quero aproveitar este foro para explicar polo miúdo o porqué máis sobre todo a cronoloxía dos feitos.
O 17 de xaneiro de 2011 o voceiro de APdC convoca a unha xuntanza aos voceiros dos outros tres grupos políticos para falar dun tema importante que non desvelou até chegar a xuntanza. Asistimos o Alcalde, Lucía Fariña do PP e eu mesma. Alí o señor Rioboo explícanos que está a escoitar unha serie de rumores polo Concello referidos a súa situción económica que segundo el dicía non eran certos. A continuación pasou a explicarnos a delicada situación económica pola que estaba a pasar a sua empresa. Tamén asegurou nesa xuntanza que non tiña problema en que esta situación fora feita pública pois todos os Directores dos xornais da comarcarca eran xa coñecedores. Seguidamente propuxo a sinatura dun escrito, que sempre segundo ten manisfestado o señor Rioboo, foi proposta a Asociación de Prensa (mesmo remitiu o escrito cos datos desta asociación). Eu mesma mostreille a miña solidariedade personalmente e no día a seguir comuniqueille formalmente que o BNG non entraba nestes xogos xa que o nosa aval político é mostra suficiente de que nunca utilizamos temas personais para facer política. É unha mágoa que non poida poñer neste blogue a copia do escrito, pois no correo no que o enviaron figura o seguite texto:
«Este mensaje y sus archivos adjuntos son confidenciales. No está permitida su reproducción o distribución sin la autorización expresa de “EL ENTORNO METROPOLITANO GRUPO EDITORIAL S.L”. Si usted no es el destinatario previsto, cualquier uso, acceso o copia de este mensaje queda desautorizado. Si ha recibido este mensaje por error por favor elimínelo e infórmenos por esta vía.
Gracias por su colaboración.
De acuerdo con la LSSICE y la LOPD, le informamos que sus datos personales y dirección de correo electrónico forman parte de un fichero automatizado, cuyo responsable es “EL ENTORNO METROPOLITANO GRUPO EDITORIAL S.L.”, siendo la finalidad del fichero, la gestión de carácter comercial y el envío de comunicaciones comerciales sobre nuestros productos y/o servicios.
Si lo desea puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición de sus datos enviando un mensaje de correo electrónico a:
Indique en el Asunto el derecho que desea ejercitar.
José Ramón Rioboo Castro
From: «Asociacion de la Prensa» <> Date: Mon, 17 Jan 2011 18:17:40 +0100 To: ‘José Ramón Rioboo / Editor de El Entorno Metropolitano’<r> ReplyTo: <> Subject: ahí vai iso… Os anónimos dos que fala o señor Rioboo, que por certo non eran máis que copias dunha presunta resolución xudicial pola que el estaba afectado, apareceron bastantes tempo despois deste pacto. Parece cando menos curioso que un Candidato que fixo a súa campaña no 2007 utilizando argumentos nos que descalificaba a concelleiras polo lugar no que vivían, etc, agora queira ser o novo censor moral do Concello. E eu pregúntolle, onde comeza a vida privada dun Concelleiro e onde remata a vida pública? Tamén forma parte da privacidade da xente conducir ebrio e quedar durmido nun semáforo despois de facer campaña en contra do botellón? Pois como todos vostedes saben o Concelleiro compostelán dimitiu, un feito da sua vida privada puxo fin a súa vida pública. É un dos moitos exemplos que hai, ainda que debería haber moitos máis. Coido que os nosos veciños e veciñas teñen dereito a saber a quen van escoller para decidir sobre o seu concello, con total transparencia, e este tipo de pactos o único que fan é sementar máis desconfianza entre a nosa veciñanza. No BNG estamos en política co único fin de traballar por mellora a vida dos nosos veciños e veciñas, dende a participación a transparencia e a eficacía na xestión polo que non imos entrar a este tipo de acordos que no fondo o que parecen é un pacto entre «cabaleiros» con unha unica intención: eu non falo do teu e ti non falas do meu.