-
Esta mañá presentei a miña renuncia como concelleiro de Sanxenxo.
En política, como na vida, cada cousa ten o seu tempo e o meu tempo como concelleiro do BNG en Sanxenxo coido que tiña que rematar xa.
Os que nos presentamos como candidatos, encabezando unha lista, a calquera cargo público, estamos condicionados polo apoio que os votantes [...]
-
O grupo de goberno do PP de Sanxenxo aprobou, na Comisión de Contas celebrada hoxe, as tarifas para o programa “Paifillonai” que se desenvolve nos meses de verán.
Segundo informan, na prensa de hoxe, a suba das tarifas con relación ás do ano pasado van desde o 18,4 ao 20% para os residentes no municipio.
Ademais engaden [...]
-
A empresa municipal Ínsula Sanxenxo, S.L. foi constituída no ano 2006 e a día de hoxe, 3 anos despois, o goberno do PP de Sanxenxo inda non foi capaz de facer a inscrición definitiva no Rexistro Mercantil, o que demostra a súa incompetencia mais absoluta.
O día 14 de agosto de 2.007 celebrouse unha Xunta Xeral [...]
-
Facer análise duns resultados electorais non é doado. Non por falta de capacidade analítica senón porque, por moitos factores que se barallen, sempre quedará algún motivo sen ter en conta e que foi determinante, de xeito individualizado, para decidir o voto.
Uns/as votaron porque lle gustaba fisicamente o candidato, outros/as porque unha vez lle deu a [...]
-
-
Dicía eu nunha entrada neste blog, o día 12 de xaneiro, que o goberno do PP ía usar os 3 millóns de euros do Fondo Estatal de Investimento Local como propaganda electoral.
Iso non quere dicir que eu sexa adiviño, nin moito menos, o que pasa é que despois de case 6 anos “lidiando” con eles un xa [...]
-
Eu pensei que estas prácticas, despois de 30 anos de democracia, xa estaban esquecidas.
En Sanxenxo xa había tempo que non pasaba o que vedes na foto.
Agora dirán os do PP de Sanxenxo que eles non o fan, que eles non foron, que foron os de Cambados, que eles non sabían nada.
Claro que, teñen un problema: [...]
-
Táboas dí que haberá vivenda protexida en Sanxenxo nos núcleos de poboación.
Sanxenxo, 15 Febreiro 09. A candidata número 1 do BNG pola provincia de Pontevedra, Teresa Táboas, asegurou esta mañá en Sanxenxo que este concello “contará con vivenda protexida nos núcleos de poboación e non arredada deles”, nun acto que tivo lugar no Hotel Justo [...]
-
Domíngo día 15, ás 13:00 horas, no Hotel Justo de SANXENXO.
Falarán:
Roberto Fernández Lores, portavoz municipal e candidato nº 12 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
Montse Prado Cores, candidata nº 7 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
Teresa Táboas Veleiro, cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento [...]
-
O pasado luns día 2, celebrouse o pleno extraordinario para elixir aos membros das mesas electorais nas eleccións ao Parlamento de Galiza do vindeiro 1 de marzo.
Este é un pleno de trámite que sempre hai que celebrar cando se convocan eleccións. Estes plenos nunca tiveron transcendencia mediática, porque nunca prantexaron problemas. Teñen un único punto e non [...]
-
Esta mañá celebramos un encontro, no Hotel Galatea de Portonovo, co sector do turismo da comarca de O Salnés.
Contamos coa presenza do Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, e co a que foi Delegada Provincial da Consellaría de Innovación e Industria, Monserrat Prado Cores, que se presenta como candidata nº 7 do BNG pola Provincia de [...]
-
No mes de outubro do ano pasado o “Gobierno de España” creou un fondo de 30.000 millóns de euros para saír en “axuda” da banca.
O Presidente Zapatero dixo naquel intre que eses cartos non eran para salvar ningunha entidade financeira, senón para facilitar a concesión de cretos.
A día de hoxe esa “facilidade” que dicía non [...]
-
-
Hoxe luns día 2, ás 20:30 horas na Sociedade Cultural de Cambados, MITIN DO BNG.
Intervirán:
Anxo Quintana, candidato do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza.
Teresa Táboas, cabeza de lista do BNG pola Provincia de Pontevedra.
Montse Prado, Candidata.
Victor Caamaño, Portavoz Municipal de Cambados.
-
Onte a Conselleira de Vivenda e Solo e cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra presentounos, en Vilagarcía, aos compoñentes da lista que representamos á comarca de O Salnés.
A Conselleira aproveitou o acto para informar que a consellaría que ela dirixe invisteu na nosa comarca, nos tres anos e medio de xestión, 9 [...]
-
Rematado o exercicio de 2.008 no Concello de Sanxenxo podemos tirar dúas conclusións: unha boa e outra mala.
A boa, segundo se mire, é que non aumentou o endebedamento financeiro.
A mala é que, ao non pedir o préstamo de 2.211.719 euros que estaba previsto no orzamento, deixáronse de executar infraestruturas moi importantes para os veciños e [...]
-
No ano 2.001, Telmo Martín, ao mesmo tempo que comezou a tramitación do PXOM tamén contratou a unha empresa (de Madrid, por suposto!) a realización dun estudo para actualizar o Inventario Municipal de Bens, polo “módico” prezo de 49.200 euros (8.200.000 pesetas daquel entón).
O estudo foi entregado ao Concello no ano 2.002.
É moi bonito! Ten [...]
-
Onte celebrouse o pleno para aprobar os proxectos que se van facer co Fondo Estatal de Investimento Local.
Foron aprobados claro. Os concelleiros e concelleiras do BNG votamos en contra, non porque non queiramos que se fagan os proxectos, senón polo xeito.
En primeiro lugar porque o BNG xa manifestou no seu día que o decreto do [...]
-
Outro dos proxectos que presenta o Concello para gastar os cartos do Fondo Estatal de Investimento é o asfaltado do vial que vai de Dadín ata Gondar, na curva do Reiniño para entendernos.
Por parte deste vial transcorre a nova estrada, proxectada no PXOM, que vai do Parque Empresarial ata A Xuncabranca en Vilalonga.
A construción deste novo vial foi anunciado [...]
-
Onte dixen que a maioría dos proxectos presentados polo PP, como destino dos fondos estatais, son necesarios.
Dixen a maioría, e non todos, porque hai algúns investimentos que terán que xustificar moito a súa necesidade.
Comezarei hoxe co denominado: “Pavimentación de vial en Seixal - Parroquia de Padrinán” .
Segundo o plano que acompaña ao proxecto, trátase dun camiño [...]
-
O goberno municipal de Sanxenxo vai investir os 3 millóns de euros procedentes do Fondo Estatal de Investimento Local en 32 proxectos que, segundo o concelleiro responsábel, son para “realizar obras que os veciños das parroquias de Sanxenxo califican de imprescindibles”.
Ao Partido Popular fíxolle falta 8 anos de goberno e 2 anos de alcaldesa para [...]
-
-
Cando cambia o ano todos temos intención de mellorar as cousas que nos foron mal mais, ano tras ano, sempre pasa o mesmo e todo segue igual.
As cousas non trocan se non trocan as ideas e as ideas non trocan dun día para outro, inda que un día sexa o 31 de decembro e o [...]
-
A alcaldesa de Sanxenxo dixo no último pleno celebrado que: “Onde hai documentos, calan barbas”.
Aplicando ese certeiro dito, hoxe temos que “tirar” de documentación para demostrar que está mentindo can di que, “O desenvolvemento de Monte Faro íase facer polo sistema de cooperación, pero os promotores propuxeron ao Concello que se fixese por compensación. Pareceunos [...]
-
Despois de ano e medio do novo goberno de Sanxenxo, confirmáronse as peores expectativas que deparaba este grupo do PP.
A falta de iniciativa e a incapacidade que caracteriza ao grupo de goberno, fai que o Concello de Sanxenxo se atope na mais profunda das parálises.
A súa ineficacia provoca que as novas importantes que xera o [...]
-
Para entender a problemática da vivenda protexida en Sanxenxo deberemos ter en conta varios aspectos.
En primeiro lugar temos que falar do PXOM aprobado no ano 2.003 por Telmo Martín, co visto e prace da Xunta gobernada naquel entón polo PP, nun tempo record e con importantes reparos da Dirección Xeral de Urbanismo á aprobación inicial [...]
-
Hoxe presentóunos a alcaldesa a súa alternativa ao Plan Sectorial de Vivenda.
Quere que as vivendas de VPO se fagan nos solos urbanizábeis números 1, 3, 6, 7, 8, 12, 23, 26, 27 e 29, espallados por todo o concello. En Sanxenxo e Portonovo nin unha sola vivenda protexida!
O BNG valora positivamente que o Concello de Sanxenxo [...]
-
A creación do Fondo Estatal de Investimento Local é a plasmación dunha medida longamente reivindicada polo BNG, como é o incremento do investimento público para facer fronte á crise económica.
O BNG apoia o Fondo Estatal de Investimento Local, mais opina que este Decreto é un mero parche que non resolve as insuficiencias que ten o [...]
-
Canto mais tempo pasa con este goberno do PP ao fronte do Concello de Sanxenxo, menos entendo cal é a política que queren facer.
En tempos de crise contratan máis persoal para a Xerencia de Urbanismo. Un avogado (e xa teñen 4!) e un aparellador. Xa son 20 persoas as que traballan nese organismo!
O incremento en persoal do [...]
-
O desenvolvemento do Solo Urbanizábel de Punta Festiñanzo (S.U. - 9) tramitouse todo seguindo a legalidade vixente.
Non conta con accesos acaídos á rede principal de estradas, mais iso é legal.
Pretenderon darlle saída á estrada PO-308, pero a Subdirección Xeral de Estradas informou desfavorablemente e non puido ser.
Logo pretenden construír un acceso que conecte coa baixada á praia [...]
-
Onte celebrouse o “paripé” de Comisión de Coordinación e Seguimento do Centro de Día solicitada en varias ocasións polo BNG.
Sen tempo non era, mais ficou claro que non había interese por parte do goberno de que esta comisión cumpra cos obxectivos que ten segundo o regulamento do Centro de Día.
Para comezar, non asistiu ningún representante [...]
-
Segundo o dito “rectificar é de sabios”, os veciños e veciñas de Sanxenxo estamos de noraboa: temos o goberno máis sabio que houbo nunca no noso Concello!
Vexamos uns poucos exemplos (hai máis, eh!):
Licenza para 12 vivendas no Casal (Noalla): Aprobada con todos os informes favorábeis… tras denuncia do BNG, paralización das obras por non cumprir coas rasantes.
Enlace [...]
-
Ao goberno do PP de Sanxenxo estáselle rematando a pouca credibilidade que podía ter.
Unha alcaldesa que está instalada na mentira cotiá, mas cedo ou mais tarde, cae vítima da súa propia estratexia.
Non se pode enganar permanentemente aos veciños e veciñas só por unha actuación partidista, demagóxica e falta de rigor, como fai a alcaldesa.
O Plan [...]
-
Para poder chegar a entender a diferenza entre estas fotos, podedes ler a ponencia que presentou no XXII Congreso de Xuíces para a Democracia, en xuño do 2007, Victoriano A. Otero Iglesias, xunto con Antonio Castro Martínez.
Nese documento, a partir da páxina 10, danse as claves de como se transformou a vila de Sanxenxo ata [...]
-
Parte 1/3
Parte 2/3
Parte 3/3
-
O goberno do PP de Sanxenxo ten verdadeira afección aos recheos á beira dos regatos. Recheo no lugar de Freixeiro en Dorrón, recheo na finca municipal do Revel e na Xuncablanca en Vilalonga e agora en Rexenxo.
Consentiron edificar enriba do regato Navalón de Sanxenxo e enriba do río Fabaíños de Portonovo.
Claro que non toda a [...]
-
No Pleno Ordinario de onte o Partido Popular de Sanxenxo presentou unha moción para “reprobar” ás concelleiras do BNG, Sandra Fernández Agraso e Gloria González Camiña e a min mesmo.
O outro concelleiro do BNG, David Otero Domínguez, “salvouse” da reprobación, por non poder asistir á rolda de prensa que demos para denunciar as irregularidades do [...]
-
Como persoa e como galego sinto unha grande satisfacción por pertencer a unha organización política como é a do Bloque Nacionalista Galego.
Como militante do BNG sinto unha grande satisfacción de estar rodeado de persoas como son os e as militantes e simpatizantes da nosa agrupación local de Sanxenxo.
Como portavoz do grupo municipal do BNG de [...]
-
Que pretendería demostrar a alcaldesa convidando a xantar onte no Centro de Día á prensa, a conta de todos os veciños e veciñas de Sanxenxo?
Quen creou “alarma social”, o BNG pedindo que que convocara a comisión de seguimento no mes de maio ou a alcaldesa non convocandoa e permitindo que pasara o que pasou?
Tivo que [...]
-
Hoxe demos unha rolda de prensa, as miñas compañeiras Sandra e Yoya e mais eu, para falar do que está a acontecer no Centro de Día de Sanxenxo.
Aqui vos deixo un resumo do que dixemos:
Ante as queixas que trasladaron ao noso grupo familiares de usuarios do centro, o pasado venres día 14 as concelleiras do [...]
-
Sempre dixen, desde que son portavoz do BNG en Sanxenxo, que os orzamentos deste Concello están feitos sen rigor e aumentados coa única intención de ser un titular de prensa cando os presentan.
A veces penso cal pode ser a intención do grupo de goberno ao facer isto así, ano tras ano, cando saben que coa [...]
-
Mariano Rajoy fixo onte unhas declaracións sobre a crise que resultan, cando menos, ”chamativas” vindo de quen veñen.
O titular dun xornal é o seguinte: “Rajoy reclama seriedade a empresas e bancos fronte ás “malas prácticas” do pasado” e logo di: “O presidente do PP censura os excesos causantes da crise”.
Permítese aconsellar a Zapatero para que siga [...]
-
Esta semana fixéronlle á Sra. Alcaldesa de Sanxenxo unha entrevista na Radio Galega.
A cousa non tería a maior importancia senón fora porque máis que unha entrevista radiofónica a unha alcaldesa, desde un medio de comunicación público, parece o espazo publicitario dun político en campaña.
Desde logo o entrevistador “currouse” o asunto. Buscou veciños “anónimos” para facerlle preguntas á alcaldesa: [...]
-
Segundo o estudo de custes realizado polo goberno para a actualización da taxa da recollida do lixo en Sanxenxo, no ano 2.007, último exercicio liquidado, os datos das vivendas e súa recadación foron os seguintes:
- 7.371 vivendas en zona urbana: 719.437,36 €
- 3.785 vivendas en zona rural: 154.520,00 €
Total: 873.957,36 €
No mesmo estudo infórmase que [...]
-
Hoxe celebrouse no Concello a Comisión de Contas, na que se tratou a modificación das Taxas e Impostos municipais que se cobrarán aos veciños e veciñas de Sanxenxo durante o ano 2.009.
O goberno do PP ven de anunciar que, de todos os impostos e taxas, ningún ía a subir por enriba do I.P.C., algunhas por [...]
-
No día de onte estivo no noso concello a Exposición do BNG “Transformando Galiza”.
O expléndido día que tivemos onte, foi un incentivo máis para que un grande número de veciños e veciñas de Sanxenxo se achegaran ao Parque do Espiñeiro en Portonovo e visitaran a exposición.
Nenos e maiores puideron comprobar en directo as habilidades do noso veciño o [...]
-
Teño 30 anos, estou casado e teño dous fillos. Vivo nun piso de Protección Oficial dos novos, ao carón do Carrefour. Escollín este en vez do que me tocaba, tamén de V.P.O., detrás do Templo Novo de Sanxenxo, porque traballo nunha empresa nova do Parque Empresarial de Nantes, das 200 instaladas alí que me ofertaron [...]
-
A exposición do BNG “TRANSFORMANDO GALIZA”, estará este xoves día 23 no Parque do Espiñeiro de Portonovo en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
A exposición percorrerá toda Galiza nas vindeiras semanas. Nela poderase ver un resumo das iniciativas levadas a cabo polo BNG dende a Xunta de Galiza. A exposición [...]
-
Coa que está a “caer”, o Parque Empresarial debería ser o motor que axudara a salvar a destrución de emprego que temos, sobre todo nos meses de outono/inverno, en Sanxenxo.
Cos 3.000 postos de traballo que ía xerar o polígono industrial este problema estaba resolto.
Este proxecto foi usado continuamente durante todo o mandato pasado como propaganda polo [...]
-
A instalación de Antenas de Telecomunicación no concello de Sanxenxo está regulada por unha ordenanza que figura no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Esta ordenanza que consta de 38 artigos e unha Disposición Adicional Única, regula claramente a tramitación das licenzas para este uso.
O artigo 5 da ordenanza di:
“As operadoras de radiocomunicación están suxeitas á [...]
-
Eu sempre mantiven que a parroquia de Vilalonga foi discriminada polo PXOM aprobado no ano 2003 por Telmo Martín, co visto e prace da Xunta gobernada polo PP.
Dos cinco núcleos urbanos contemplados no Plan Xeral, o de Vilalonga é o único que só permite 3 alturas, menos que nos núcleos de A Granxa ou A [...]
-
Hoxe quero transcribir a nota que redactou a miña compañeira Sandra na que pon en evidencia a hipocresía da nosa alcaldesa.
No Pleno Ordinario celebrado o día 29 de xullo aprobouse o II Plan de Igualdade do Concello de Sanxenxo. Xa naquel momento o BNG deixou ao descuberto o desinterese do equipo de goberno neste eido, [...]
-
Nos tempos que corren algúns concellos, como o de Sanxenxo, seguen a funcionar como hai 20 anos.
Cada vez que hai unha convocatoria para plenos, comisións, consellos de administración, etc., un garda municipal recorre todo o concello para levar o documento aos domicilios dos concelleiros e concelleiras.
Non é de recibo que cos medios dos que dispomos [...]
-
Que enganados nos tiveron todos estes anos de goberno do PP en Sanxenxo!
Telmo Martín dicía que Sanxenxo tiña que ser unha pequena cidade e chegar aos 25.000 habitantes (nos seus 8 anos de goberno a poboación pasou de 16.183 a 16.914). Para intentar conseguilo fixo un PXOM no que se contempla a construción de máis [...]
-
Xa teño falado mais dunha vez da páxina oficial do Concello, pero teño que seguir falando dela porque a cousa non mellora, todo o contrario.
Aparte de seguir só en español, os demais idiomas seguen en “construción”, incluído o galego, seguen sen actualizar apartados que se mencionan nela e que deberían ser de interese para a [...]
-
Di o refrán que “non hai peor xordo que o que non quere ouvir”. Non sei que expresión usar para os que non queren ler!
Como sempre, este goberno de Sanxenxo, ao carecer de iniciativas dedicase a criticar, non só rexeitar, as medidas que o BNG propón para mellorar a situación do Concello. Dito doutro xeito: fai [...]
-
No Pleno Ordinario celebrado no día de onte no Concello de Sanxenxo, o grupo de goberno do Partido Popular rexeitou a moción que presentou a miña compañeira Sandra, na que solicitaba que se habilitara unha “Aula de Espera” en todos os colexios públicos do concello.
Ao contrario do que publica hoxe algún medio de comunicación, o [...]
-
Hoxe rexistrei unha moción no Concello, que se debaterá no Pleno Ordinario de mañá, na que propoño unha serie de medidas económicas para axudar a pasar a crise tanto os veciños e veciñas como as maltreitas arcas municipais, xa que desde o goberno non vexo que se tomen medidas de ningún tipo.
A actual crise que [...]
-
A miña compañeira do BNG e de corporación, Sandra Fernández Agraso, vai presentar unha moción no Pleno Ordinario que se celebrará o vindeiro martes día 30, ás 20:30 horas, solicitando que se habiliten “Aulas de Espera” en todos os colexios públicos do noso concello.
A continuación trancribo a moción:
Nos tempos que estamos a vivir, cada vez [...]
-
Na Comisión Especial de Contas, celebrada hoxe no Concello de Sanxenxo, debateuse unha proposta da Alcaldía para aprobar unha ampliación de 278.323,76 euros do custe final pola construción da nova Casa do Concello.
A obra fora adxudicada no mes de maio do ano 2.006 por un importe de 955.000 euros.
Despois de case 2 anos dende a [...]
-
No mes de agosto faleivos da proposta que fixo o grupo de goberno para modificar o contrato da recollida do lixo. Ao final o PP aplicou o “rodillo” e aprobouno no Pleno celebrado o día 26 de agosto.
O noso grupo votou en contra porque consideramos que se trataba dunha clara irregularidade e só tiña a [...]
-
Comecei a ler os artigos que escribe o profesor, xornalista, humanista, politólogo, Xosé Luis Barreiro, despois de escoitar unha conferencia que deu en Pontevedra, hai xa anos, nunhas xornadas sobre xornalismo e política.
Aquel día fixo un comentario que me ficou gravado: “a televisión interactiva principiou en Forcarei” (súa vila de nacemento).
Explicouno dicindo que cando el [...]
-
A irresponsabilidade do goberno municipal de Sanxenxo, coas súas declaracións en contra do Noitebús, está chegando a cotas inadmisíbeis.
Como se pode comprobar, aproveitan unh vez mais a páxina web oficial do Concello para criticar á oposición.
Xa non é só o concelleiro de seguridade cidadá senón agora tamén é a propia alcaldesa, vina e escoiteina onte [...]
-
Na negativa a modificar a lei electoral están dacordo tanto o PSOE coma o PP, inda que estes queiran ir agora de “salvadores” porque non están gobernando. Tempo tiveron dabondo para facelo e non o fixeron.
Na Galiza isto vese agravado polo “voto emigrante”, ante o rexeitamento do goberno a que as eleccións se fagan dun xeito democrático, con [...]
-
Onte sorprendeunos o concelleiro de seguridade cidadá de Sanxenxo cunhas declaracións en Radio Voz nas que lle botaba a culpa dos botellóns que se fan na vila aos mozos e mozas que chegan no Noitebús.
Esas declaracións poderían achacárselle á súa falta de experiencia ou ignorancia, mais iso ficou aclarado cando dixo que por ese motivo non asinaran o convenio coa [...]
-
O grupo de goberno do Concello de Sanxenxo, quere aprobar un 4º modificado no contrato coa empresa concesionaria do servizo de limpeza, que se adxudicou mediante concurso no ano 2.000 por importe de 247.103,86 €/ano.
Este contrato inicial foi sufrindo modificados, baixo unha suposta mellora no servizo, nos anos 2.001, 2.002 e 2.004 chegando ao custe [...]
-
Estamos no mes de agosto, mes de vacacións, e o goberno local de Sanxenxo tamén debeu collelas. Ben, en realidade levan de vacacións (pagadas) 14 meses.
Como en vacacións non se xeran noticias e hai que xustificar porque se ten un gabinete de prensa ao que se lle paga todos os meses, escríbense noticias como a que publican [...]
-
Onte dicía eu que a culpa da crise internacional non era dá alcaldesa de Sanxenxo. Home, para chegar a esa conclusión non fai falta escribir un blog, diredes vos e tendes razón.
Ogallá fora dela, porque entón tería unha solución doada, pero por desgraza non é así e a solución é moi difícil e vai para [...]
-
Por se lle pasou pola cabeza a alguén, ao ler o meu comentario anterior sobre o nivel de visitantes do mes de xullo dado o seu ton, que estou contento por estes datos, teño que dicirlle que todo o contrario: estou moi preocupado.
Estou preocupado pola teima que ten este goberno en tratar de agochar a realidade.
Sra. [...]
-
Sempre me resultou curioso os datos que se manexan dende o Concello para calcular o nivel de visitantes nos meses de verán: a recollida de lixo e o consumo de auga. (Seguindo eses parámetros deberían medir tamén o índice de garrafas cheas na fonte do Vimbieiro (1)).
As conclusións que tira o goberno municipal é que, segundo eses [...]
-
Mentres sigamos a vivir neste sistema capitalista, globalizado, neoliberal e todos os outros adxectivos que lle queirades por, non temos nada que facer para mellorar o benestar dos cidadáns e cidadás de a pe.
Dende o goberno do estado seguen a ”vendernos a burra” de que hai que apertar o cinto porque a crise é moi forte.
As medidas [...]
-
Na miña intervención no Pleno de aprobación dos orzamentos dixen que o modelo de xestión que ten este Concello, iniciado por Telmo Martín e seguido pola actual alcaldesa, está esgotado porque basea os seus ingresos na xestión urbanística.
Unha vez rematada a puxanza do sector do “ladrillo”, ao estoupar a burbulla inmobiliaria, o Concello ficará sen [...]
-
Onte tivemos Pleno Ordinario en Sanxenxo. Como novidade pódese destacar que rematou moito antes das 12 da noite.
Como punto importante estaba a aprobación do II Plan de Igualdade do Concello.
O noso grupo abstívose na votación, non porque non esteamos a favor de que se fagan planos de igualdade, senón porque o que se fai en Sanxenxo é [...]
-
O comunicado da concelleira de facenda para aclarar a débeda do Concello, non lle ten envexa aos contratos de Groucho Marx!
Eu ata hoxe tiña un lío na cabeza, pero despois de ler as súas aclaracións xa vin a luz: o Concello non ten débeda!
Vos chegaste á mesma conclusión, non?
Si é que non hai mellor cousa que falar clariño!
A [...]
-
Mañá 25 de xullo, celebraremos o día do noso país, que en palabras de Castelao é: “a festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos”.
Esta celebración iniciouse no ano 1920, cando as Irmandades da Fala organizaron o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
As Irmandades da Fala xa [...]
-
Vendo o cadro de investimentos que acompaña ao orzamento, para o ano 2008, do Concello de Sanxenxo e analizando cales van ser as fontes de financiamento para a súa execución, pódese comprobar cal é a realidade das arcas municipais.
Nauta Sanxenxo, S.L. para a remodelación prevista da praza do porto por importe de 3 millóns de euros, [...]
-
Hoxe pódese dicir que xa estamos en pleno verán en Sanxenxo.
O mercurio dos termómetros pasou con creces dos 30 graos e a praia de Silgar semellaba unha lata de sardiñas, das perrechiñas, das que caben moitas nun só envase.
As outras praias do concello tamén estaban ateigadas de xente a pesar de que a auga estaba fría… [...]
-
As cousas están mudando no Partido Popular. Cando mandaba Fraga, facía as “concentracións” nos mosteiros, agora fanas ao carón da praia de Silgar, en Sanxenxo!
Pena que xa non estea Zaplana para mellorar o seu “bronceado”.
Claro que, con esta desculpa a nosa alcaldesa tivo o seu minuto de groria. E aproveitouno!
Ela pensou: “Os meus xefes do [...]
-
Hoxe, coas novas da Inmobiliaria MARTINSA-FADESA, lembreime da urbanización Altos de Miraflores en Padriñán, na que tiñan previsto construír 429 vivendas.
Esa urbanización sempre estivo rodeada de polémica e cun denominador común: o Concello de Sanxenxo.
Cando se pretenden facer as cousas “contra natura” (ese monte nunca se debeu declarar urbanizábel), mais cedo ou mais tarde, sempre rematan [...]
-
Por fin, despois de un ano e un mes dende que se conformou a nova corporación municipal, o grupo de goberno de Sanxenxo levou a cabo unha idea propia.
Xa temos autobuses no rural!
Ben, xa sei que o anunciaron en marzo de 2007, pero todos sabemos que as cousas da administración van lentas.
Esta é unha boa nova. [...]
-
A min non me gusta demasiado falar dos orzamentos feitos polo PP no Concello de Sanxenxo porque, como xa dixen en mais dunha ocasión, é un documento que nunca se corresponde coa realidade.
É imposíbel facer aportacións dende a oposición xa que non se trata de proxectos serios.
Nos últimos anos presentaron números abraiantes, con grandes titulares de [...]
-
En toda a comarca do Salnés é coñecido que Vilalonga é a raíña das festas do verán. Comezan o 29 de xuño con San Pedro e logo vanse celebrando, cada domingo a un santo, mais dous días do Carme inda que non caia en domingo, ata finais de xullo.
Queda claro que os veciños e veciñas [...]
-
En febreiro do ano 2003, con Telmo Martín de alcalde en Sanxenxo, aprobouse o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) máis especulativo de todo o País.
Este PXOM destinou case 5 millóns de metros cadrados do territorio de Sanxenxo a Solos Urbanizábeis, Polígonos de Execución Integral e Plans Especiais de Reforma Interior, que contemplan a construción [...]
-
Xa falei en mais dunha ocasión do idioma que utilizan os gobernantes de Sanxenxo na páxina web oficial do Concello.
Ao parecer utilizan o español para que a entendan os que a visitan. Esta é a “Galicia Bilingüe” que queren os do PP!
Ao ter tanta fobia a todo o que soe a galego, logo pasa o [...]
-
A Conta Xeral do Concello de Sanxenxo correspondente ao ano 2007 puxo de manifesto que os orzamentos de 114 millóns de euros eran unha ficción, como xa dixera o BNG no seu día.
Mais o que tamén demostra é que os cartos dos veciños e veciñas de Sanxenxo gástanse sen ter en conta o seu benestar [...]
-
Dicía eu na aprobación dos orzamentos do ano pasado: “estes orzamentos son irrealizábeis, ficticios e feitos sen un verdadeiro estudo das necesidades do concello de Sanxenxo”.
Hoxe celebrouse a Comisión de Contas para analizar a Liquidación da Conta Xeral do Concello, correspondente ao ano 2007.
O orzamento de 114 millóns de euros ficou en papel mollado!
A realidade [...]
-
Que nos queda se non podemos ter confianza na lei e na xustiza?
Que pasaría si todos opinaramos da xustiza como aquel político do Partido Andalucista, lembrádesvos da frase de Pedro Pacheco?
Agora ben, que podemos opinar despois de ler as declaracións do xuíz decano da Coruña?
Non credes que este xeito de pensar está moi introducido na [...]
-
Segundo os concelleiros que presentaron á prensa os orzamentos deste ano, parece ser que nos vindeiros dous anos non haberá novos investimentos.
Agardaremos a que nos pasen datos.
O que si xa podo dicir é que os “despilfarros” do goberno destes anos pasados non tiñan porque pagalos os veciños e veciñas de Sanxenxo.
Exemplo destas “ledicias” é o [...]
-
Resulta lamentábel a actuación que está a facer o goberno municipal de Sanxenxo en Punta Vicaño, polo xeito e polo custe.
Eu penso que o lamentable é todo o relacionado con Punta Vicaño. Lembremos que o Concello mercou esta propiedade, protexida polo PXOM e pola Lei de Costas a prezo de ouro (7,5 millóns de euros [...]
-
Xa presentou o goberno os orzamentos do 2008: 79 millóns de euros!
Por certo que a xustificación que deron para o retraso lembroume os filmes dos irmáns Marx.
O de menos é o importe, xa sabedes que os números que presentan cada ano en Sanxenxo non se parece en nada ao que logo realmente se executa.
Só como [...]
-
ACTO PÚBLICO DO BNG EN SANXENXO
MAÑÁ VENRES, DÍA 20 DE XUÑO
ÁS 20:30 HORAS
NA SALA DE EXPOSICIÓNS DE NAUTA SANXENXO, NO PORTO DEPORTIVO
Intervirán:
ANXO QUINTANA. Portavoz Nacional do BNG e Vicepresidente da Xunta.
MONTSERRAT PRADO. Delegada Provincial da Consellería de Innovación e Industria.
ROBERTO FERNANDEZ LORES. Portavoz Municipal do BNG.
Estades todas e todos convidados!
-
Falaba onte do “plante” na Comisión de Asuntos Xerais do Concello, por non aparecer os membros do goberno, pasados 20 minutos da hora en que estaba convocada.
Segundo a Sra. Alcaldesa a culpa foi nosa por non agardar 15 minutos.
Sen querer entrar no tempo de espera, direi que o meu móbel marcaba as 12:26 cando recibín a [...]
-
As actitudes antidemocráticas e a falta de respecto que a Alcaldesa de Sanxenxo mostra cos concelleiros e concelleiras que representamos a mais do 50% dos veciños e veciñas de Sanxenxo, son continuas.
Hoxe deu unha mostra mais da súa ditatorial actitude.
Tíñamos convocada, para as 12 da mañá, unha Comisión de Asuntos Xerais.
Ás 12:20, sen que aparecera ela [...]
-
A algúns estráñalle a medida acordada pola UE de ampliar a 65 horas semanais a xornada laboral.
E logo que agardaban con Angela Merkel mandando en Alemania, Nicolas Sarkozy gañando as eleccións en Francia e os italianos votando maioritariamente a Silvio Berlusconi?
O acordo foi tomado sen ningún voto en contra e só coa abstención dalgúns países.
“O [...]
-
O Concello de Sanxenxo vai contratar 65 persoas para atender a vixianza das praias.
Mirado deste xeito parece persoal dabondo, mais se temos en conta que ao longo da costa de Sanxenxo hai 25 praias, xa non parecen tantas.
Claro que si só se contrata persoal para as praias que teñen bandeiras azuis, tendo en conta que son [...]
-
Haxa crise ou non haxa crise, os que sempre gañan son os mesmos: a banca!
Tanto da que o goberno sexa de esquerdas, centro ou dereita, que os que levan as rendas da economía sexan do PP ou do PSOE, o poder da banca é intocábel.
Cando Miguel de Cervantes, alá polo ano 1.605, escribiu o Quixote [...]
-
O pasado día 24 de maio, escribíalle unha carta ao concelleiro de urbanismo de Sanxenxo, Anxo Casal, na que lle daba algúns consellos.
Parece que non me fixo moito caso e é unha mágoa porque eran ditos con “boa” intención.
Pola contra, el segue coa súa teima de facer oposición á oposición.
Onte pedíamos explicacións pola paralización das [...]
-
Hoxe falouse de Vilalonga no Parlamento Galego.
Debatéronse en Comisión as preguntas que fixo o deputado do BNG, Bieito Lobeira, sobre dúas problemáticas que atinxen á parroquia.
Primeiro sobre o proxecto de seguridade viaria na estrada PO-504 de Sanxenxo a Vilalonga.
Logo sobre o “misterio” que rodea aos pantaláns da Arnosa. Podedes ver o contido das preguntas no [...]
-
Soubemos hoxe da boa nova de que o Concello vai conceder a licenza para a construción do novo Centro de Saúde no Revel, en Vilalonga.
Sen que ninguén lle pida explicacións (excusatio non petita, accusatio nanifesta), a Sra. Alcaldesa aclara que a parcela onde se construirá o Centro de Saúde, non precisa do Informe de Sostibilidade [...]
-
Xa falta menos para aprobar o orzamento do concello para o ano 2008!
Falaba do tema o 14 de marzo coa esperanza de que se aprobara no mes de abril. Logo volvín a falar o 23 de abril agardando, inxénuo de min, que se aprobara a finais de maio.
Hoxe publica un xornal que o goberno esta ultimando o [...]