-
Eu gosto moito do refraneiro popular (xa vos decataríades) porque case sempre hai un dito axeitado para cada situación.
Algúns poden aplicarse a varios casos, se non o tomamos ao pé da letra.
Un destes é o que di: “Comer e rañar, todo o mal é empezar”.
Isto podemos aplicarllo aos gobernantes de Sanxenxo e dun xeito especial á [...]
-
Onte non puiden escribir porque o portátil “cascou”. Non me estraña, o probe xa non da para máis!
Hoxe tiña dúbidas sobre o que escribir.
A primeira intención era comentar as queixas dos alcaldes e alcaldesas da comarca do Salnés polo retraso nas obras da Autovía, mais díxenme: lembra o que dicía túa sogra “do que todo [...]
-
Hoxe, que é domingo, quero dedicarlle un poema de Manuel María ao grupo de goberno do PP de Sanxenxo.
Tendo en conta que son xente moi nova e que se atoparon cuns soldos mensuais aos que non estaban acostumados, coido que lles virá moi ben este manual!
Breve manual para deprender para señorito
Aínda que un non sexa moi [...]
-
Nas cidades, vilas e pobos que entregan distintivos de honra anualmente, cando é o Concello o que concede o galardón, normalmente constitúese unha comisión na que están representados todos os grupos políticos, ademais das asociacións relacionadas co evento.
Tamén se conta cun regulamento que define a quen se concede (persoas físicas, xurídicas, asociacións) e os méritos para facerse merecentes do [...]
-
Hoxe despertámonos coa confirmación da nova, da que algúns xa tíñamos información dende hai tempo, de que o grupo de empresas Costas Galicia vai trasladar a súa sede ao concello veciño de O Grove.
Esta noticia ten moita máis importancia do que poder semellar a simple vista.
O Grupo Costas Galicia, con enderezo social en Aios (Noalla), é [...]
-
Asegúrovos que non teño poderes adiviñadeiros, nin teño liña directa con “Rappel”, nin nada semellante, o que pasa é que algúns políticos que temos son moi previsíbeis nas súas actuacións.
Digo isto porque o que publica hoxe o Diario de Arousa sobre o enlace do Parque Empresarial coa futura autovía do Salnés é mais ou menos o que dixen [...]
-
Escribía eu o 14 de marzo pasado que o orzamento do Concello, para o ano 2008, xa non podía ser aprobado antes do mes de abril.
Ás alturas que estamos do mes de abril, xa teño que dicir que o orzamento non vai ser aprobado antes de finais do mes de maio.
Pero pregúntome eu: que tipo [...]
-
Hoxe sae publicado que o vindeiro 15 de maio celebrarase a promoción do destino “Turismo de Sanxenxo” en Bilbao.
Ata aquí todo ben. É necesaria a promoción do turismo.
O que xa non vexo tan ben é que se vaian gastar no evento 121.000 euros (20 millóns de pesetas). A min non me saen as contas!
Din que [...]
-
Cada vez as “precampañas” para calquera convocatoria electoral son máis longas. A das eleccións galegas do vindeiro ano xa comezou.
Andan xa os altos cargos do PSOE nerviosos a estas alturas, que por outra banda non me estraña.
Mentres eles se dedican a falar, descualificar e poñer contenciosos, o Vicepresidente e os Conselleiros e Conselleiras do BNG dedícanse a traballar.
Botémoslle [...]
-
O que sempre máis admirei nas persoas, deixando a parte o clásico de honradez, fidelidade, capacidade de traballo, etc., é a iniciativa e a imaxinación.
Por iso téñolle un tremendo respecto aos compositores de calquera tipo, aos escritores, aos guionistas, e a todos/as que poñan a súa iniciativa e imaxinación en prol dos demais.
Quen non fixo algunha [...]
-
En política saber dicir que non e manter a coherencia son uns dos aspectos máis difíciles de levar a cabo.
Xa teño dito en mais dunha ocasión que a práctica do “ti vaite facendo”, usada maioritariamente polo PP, leva a situacións que logo son moi difíciles de resolver.
Tamén é verdade que a incoherencia agóchase case sempre coa [...]